"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Representante da escola pollencina, residiu en París (1910) e en 1913 estableceuse en Mallorca seguindo a Anglada i Camarasa. A súa estética inicial orientalizante evolucionou cara ao gusto fauve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia do Alto Paraná, Paraguay, situada na marxe dereita do río Paraná, na fronteira con Brasil (133.893 h [1992]). Fundada en 1957, nun primeiro momento denominouse Puerto Presidente Stroessner. A proximidade con Brasil e coas cataratas do Iguaçu convertérona nun importante centro comercial e turístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou condición de clandestino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se realiza ou se produce de forma oculta, sen permiso das autoridades ou á marxe da lei.

    2. Aplícase ao escrito, impreso ou publicación que non cumpre os requisitos legais, especialmente por falla de pé de imprenta, ou que se distribúe ás agachadas das autoridades gobernativas.

    3. Casamento celebrado sen a presenza de sacerdote nin de testemuñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece ao pintor que realizou os murais da Claustra Nova na catedral de Ourense (1530?). A súa obra caracterízase polo detallismo e polo gusto na decoración das escenas. Tamén se lle atribúen as pinturas de Santa María de Melide, Santa Baia de Losón (Lalín) e Santa María de Camporramiro (Chantada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe do ciclo lendario de Argos, filla de Tíndaro e Leda. Primeiro casou con Tántalo, pero Agamemnon matou o seu marido; perseguido polos Dióscuros, irmáns da viúva, viuse na obriga de casar con ela. Durante a súa ausencia na Guerra de Troia, Existo namorouse de Clitemmestra e ambos asasinaron a Agamemnon cando regresou a Argos. Sete anos despois, o seu fillo Orestes, inducido pola súa irmá Electra -quen fora encerrada nun calabozo por orde da súa nai-, inmola a Clitemnestra en vinganza pola morte de seu pai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto feminino fundado en Vigo no verán de 1997 por José Manuel Gómez Carballo. Accedeu directamente á Liga de División de Honra e antes de principiar a tempada 1997-1998 fusionouse co Club Baloncesto Vigo, que viñera participando na máxima categoría nos anos anteriores, e renunciou dese xeito á súa praza. Na tempada 1998-1999 acordou co Real Club Celta de Vigo levar o seu nome, pero mantendo a personalidade do club. Con esta denominación proclamouse campión da Liga nas edicións de 1998-1999 e 1999-2000 e da Copa da Raíña na 2000-2001. Participou na Liga Europea da campaña 1999-2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto masculino fundado en Lugo en 1966 polos irmáns Varela Portas e Pardo. Naceu coa vocación de constituírse no equipo que liderase o baloncesto da cidade lucense, e na tempada 1969-1970 acadou o seu primeiro ascenso á máxima competición española, a Primeira División. Nesa categoría militou nas catro temporadas seguintes, ata a 1973-1974, que rematou co descenso. Un ano despois volveu á Primeira División, na que permaneceu dúas temporadas máis, a 1975-1976 e a 1976-1977, na que perdeu a categoría. Á conclusión da tempada 1983-1984 obtivo un terceiro ascenso á, denominada entón, División de Honor. Nesta ocasión mantívose na elite tres tempadas consecutivas (1984-1985, 1985-1986 e 1986-1987). Foi nesta última etapa cando conseguiu clasificarse por primeira vez para disputar un torneo internacional, a Copa Korac da temporada 1985-1986, da que foi eliminado na liguiña de cuartos de final. Nesta época, Manel Sánchez converteuse no primeiro xogador breoganista que formou parte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización Atlética Recreativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico bilingüe que se editou en Santiago de Compostela en febreiro de 1989. Trataba temas relacionados co ciclismo, mesturados con abundante publicidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto masculino fundado en Ourense en 1979 co nome de Club Bosco-Salesianos. Principiou a súa traxectoria deportiva militando na Terceira División. Ao remate da tempada 1983-1984 conseguiu o ascenso á Segunda División. Dúas campañas máis tarde proclamouse subcampión de Segunda División, feito que lle permitiu acceder á Primeira División “B”. Permaneceu nesta categoría ata a conclusión da tempada 1988-1989, na que conseguiu o título de campión e o dereito a participar na Liga ACB. A súa primeira etapa na elite prolongouse durante nove campañas consecutivas, ata a do 1997-1998, na que descendeu. Logo de dúas tempadas na Liga LEB, ascendeu de novo á ACB (1999-2000). A tempada 2000-2001 foi a súa décima participación na máxima categoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifesto de Koblenz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sentimento global de unidade sensorial (orgánica e psíquica) que se produce pola síntese do ton nervioso fundamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cohonestar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escusar unha acción indecorosa con razóns que a fagan parecer honesta.

    2. Compatibilizar unha actitude, calidade ou acción con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Essex, Inglaterra, situada na marxe dereita do río Stour (154.176 h [1986]). A cría de gando vacún, o cultivo de cereais e a produción de ostras son as principais actividades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Detención do fluxo da bile. Segundo o punto no que se produza a obstrución das vías biliares, existen colestases de causa intrahepática e de causa extrahepática. A colestase intrahepática caracterízase por unha dificultade na excreción da bilirrubina e está causada por virus, medicamentos ou por unha cirrose biliar. A colestase extrahepática aparece como consecuencia dunha litíase biliar ou dunha neoplasia das vías biliares, entre outras causas. O tratamento da primeira é médico e o da segunda, cirúrxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que cataliza a hidrólise do colesterol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caso particular do estado nemático que se caracteriza polo feito de que as moléculas forman planos paralelos; en cada un deles todas teñen unha determinada orientación, que cambia nun pequeno ángulo constante dun plano ao seguinte. Deste feito resulta unha configuración helicoidal, estrutura moi sensible á temperatura, polo que os cristais colestéricos se usan en termometría e en detectores de infravermellos.

    VER O DETALLE DO TERMO