"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Anxiografía dunha arteria. É posible estudar case calquera arteria do organismo a través dos raios X, mediante a inxección directa dun contraste opaco cun catéter (arteriografía selectiva). Está indicada en casos de arterite, arteriosclerose, embolias, tromboses, aneurismas, malformacións vasculares, tumores, etc. Especialmente importante é o estudo anxiográfico do corazón e das arterias coronarias en casos de cardiopatía isquémica (anxiocardigrafía). Nos últimos tempos esta técnica foi mellorada coa anxiografía de substracción dixital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, na comarca da Noguera, situado á beira do río Segre (3.068 h [1996]). Ten agricultura mediterránea. Dentro dos sectores produtivos destaca a gandería do porcino. A destilación de alcohol, a fabricación de fariña e a industria da madeira tamén teñen a súa importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación artístico-musical creada na Estrada en 1932 que tivo continuidade ata a Guerra Civil Española. Entre os seus compoñentes estaban Antonio Fraguas y Fraguas, o musicólogo Antonio Pazo Álvarez, Avelino Durán Barros (presidente fundador) e Alfonso Isla Rubiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiografía dunha articulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artropatía múltiple, secundaria dunha amioplasia conxénita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escala de sensibilidade das emulsións fotográficas creada por Jones e Nelson. Os graos ASA [American Standards Association] seguen unha progresión aritmética de tal xeito que a sensibilidade é dobre se o índice ASA é dobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista e filólogo italiano, introdutor do Comparatismo no seu país e un dos grandes indoeuropeístas e romanistas do s XIX. Autodidacta. A primeira parte da súa carreira estivo consagrada ao indoeuropeo, e a segunda ao románico e ao celta. A teoría do consonantismo indoeuropeo é, en gran parte, obra súa. O segundo período da súa investigación iniciouse no 1873, coa fundación da revista Archivio Glottologico Italiano que dirixiu ata 1901. Por mor do seu interese céltico, centrou moitos dos seus estudios na teoría do substrato en boa medida formulada por el; así mesmo realizou a edición de textos célticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sete reunións celebradas durante un período de doce anos (1908-1919) en distintas vilas galegas: Monforte de Lemos (1908, 1910 e 1911), en Ribadavia (1912 e 1913), en Redondela (1915) e a última na Coruña (1919), e que constituíron fitos fundamentais nas discusións do Agrarismo galego. En conxunto, nestas asembleas tratábase de elaborar unha serie de medidas para o cambio da estrutura agraria do momento, aínda afogada polos foros, o atraso técnico, a baixa produtividade e a escasa integración no mercado. As tres primeiras, celebradas en Monforte, constituíron un bloque común; nelas reuníronse os representantes das diferentes organizacións agraristas -Unión Campesina, Directorio Antiforista de Teis, Solidaridad Gallega-, cos seguintes obxectivos: desaparición do foro e das aparcerías do gando; supresión dos aranceis do millo; seguros para o gando e vacinación do mesmo; préstamos para adquirir gando; supresión do foro mediante a redención; control dos concellos, co fin de lograr...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Bulgaria, ao SL de Plovdiv (52.019 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asgrimsson Eysteinn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constituída o 1 de decembro de 1990 en Santiago de Compostela, o seu ámbito de actuación céntrase, fundamentalmente, na Comunidade Autónoma Galega. O seu labor desenvólvese facilitando información aos seus asociados, organizando xornadas técnicas, visitando empresas, mantendo xuntanzas coas administracións públicas, facilitando viaxes a congresos e encontros nacionais e internacionais, e tamén formando a traballadores e mandos. Ten como obxectivos coordinar criterios diante dos problemas comúns do sector e crear servicios de interese común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización agraria máis antiga da vila de Betanzos constituída oficialmente en decembro de 1900. A súa fundación foi alentada no transcurso dunha visita que o líder socialista Pablo Iglesias realizou en 1899 á vila. Esta organización labrega, de orientación socialista, estaba conformada por xornaleiros, arrendatarios e pequenos propietarios de terras. Entre os seus obxectivos estaban os de mellorar a condición económica, moral e intelectual dos afiliados, establecendo relacións de solidariedade coas demais asociacións de carácter obreiro. Interveu nas loitas electorais municipais dende 1901, apoiando aos candidatos socialistas; e do mesmo xeito, entre 1907 e 1909, apoiou a Solidaridad Gallega, enfrontándose así ao caciquismo liberal do distrito. Nos anos da II República estivo adherida á Federación Agraria do Partido Judicial de Betanzos. Desapareceu nos comezos do alzamento militar de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de restauradores galegos, espallados por toda España, que naceu en 1986, pola iniciativa dun grupo de propietarios de restaurantes, encabezados por Indalecio Pascual, coa idea de aunar esforzos a prol da defensa e promoción colectiva dos valores culturais e gastronómicos da cociña galega. Ata 1996 estivo presidida por José Limeres Guillé e, dende entón, ocupa a presidencia Elicio Magallanes Rodríguez. Esta asociación, que ten representantes nas catro provincias galegas e tamén en Madrid, Barcelona, Badajoz e Huelva, colabora habitualmente coa administración galega en proxectos divulgativos da gastronomía de Galicia e, dende os seus comezos, edita anualmente a revista Lareira, de contidos gastronómicos-turísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1980 por Arxentina, Bolivia, O Brasil, Colombia, Chile, Ecuador, México, Paraguai, Perú, Uruguai e Venezuela en substitución da Asociación Latinoamericana de Libre Comercio (ALALC), co obxectivo de facilitar os intercambios comerciais entre os seus membros. Limítase a fixar cláusulas de comercio preferencial entre os seus asociados e a propoñer medidas tendentes a dinamizar algúns sectores económicos comúns. Non pretende unha auténtica política común, nin económica nin exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello astronómico destinado á fotografía celeste e, en particular, á determinación das coordenadas dos astros e o sinalamento da presenza de novos asteroides. Nos últimos tempos substituíuse polo telescopio fotográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome romanizado dunha das cidades máis importantes dos ilerxetes no s III a C. Non está localizada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Semellante ao tigre.

    2. Que ten cor ou franxas como as da pel do tigre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade dun elemento que pesa, en gramos, o valor expresado polo seu peso atómico. Un átomo-gramo de calquera elemento contén o mesmo número de átomos (número de Avogadro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Literato francés. Educado dentro da igrexa reformada, da que foi acérrimo defensor, é autor de Les tragiques (Os tráxicos, 1616), extenso poema político-relixioso no que consegue momentos de verdadeira grandeza. Ademais, escribiu numerosos escritos anticatólicos e propagandísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico obtido co audiómetro, que indica o límite de audición dun individuo nunhas certas frecuencias. Permite medir o grao e a etioloxía da xordeira.

    VER O DETALLE DO TERMO