"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • Calidade de continuable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de contráctil.

    2. Capacidade dunha fibra muscular para acurtarse nunha dimensión e estenderse nas outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de controlable.

      1. Facilidade coa que se pode regular un proceso. Está relacionada coa regulación inherente, característica dun proceso ou dunha máquina que, despois dunha perturbación, lle permite acadar un estado de equilibrio sen necesidade de regulación externa.

      2. Propiedade dunha variable de estado pola que se asegura a existencia dunha acción de control capaz de levala, nun intervalo finito de tempo, dende un valor dado ata outro calquera; dise que esta variable, ou modo, está acomodada á entrada. Se esta propiedade se estende a todas as variables de estado do sistema, dise deste que é completamente controlable ou gobernable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de convertible.

    2. Calidade dunha moeda de poder cambiarse por outras, mediante o emprego de procedementos internacionais de compensación multilateral de pagos. O réxime de absoluta convertibilidade presupón un sistema de patrón monetario internacional, sexa o patrón ouro (gold standard) ou o patrón troco-ouro (gold exchange standard). Pódese falar tamén de convertibilidade limitada, cando está restrinxida a operacións con persoas ou estados determinados. A convertibilidade favorece o comercio internacional, mentres que a non convertibilidade obriga a acordos bilaterais ou ao establecemento de mecanismos de compensación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Político da educación. Foi secretario de Estado para a Educación e a Cultura durante a presidencia de J. F. Kennedy e despois director da Fundación Ford para o Avance da Educación. No seu informe The World Educational Crisis (A crise educacional mundial, 1968) avaliou as tendencias e cambios que se detectaban nas políticas educativas estatais e destacaba os problemas e tamén as oportunidades ás que había que enfrontarse. Despois foi director (1963-1968) do Instituto Internacional de Planificación Educativa, dependente da UNESCO, vicepresidente do Consello Internacional para o Desenvolvemento Educativo (CIDE) e pertenceu á Comisión Asesora Internacional para a Reforma Educativa Española de 1970. Posteriormente, a petición da UNESCO, elaborou un novo informe, The World Crisis in Education: The View from the Eighties (A crise mundial en educación: unha visión dende os oitenta, 1985), onde se revisaban os cambios mundiais no desenvolvemento educativo dende 1968 e se puña de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compracencia patolóxica en contemplar ou tocar os excrementos ou falar ou escribir sobre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e profesor. Doutorouse en Cirurxía Dental pola Universidade de Maryland, EE UU, e en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela en 1934. Participou como voluntario na Primeira Guerra Mundial e licenciouse co grao de primeiro tenente. Unha vez instalado en España, exerceu como concelleiro en Santiago de Compostela durante a ditadura de Primo de Rivera e como directivo da Sociedad Económica de Amigos del País. Foi profesor de idiomas na universidade compostelá. Participou no Seminario de Estudos Galegos e na editorial Bibliófilos Gallegos. Publicou diversos traballos nos Cuadernos de Estudios Gallegos, entre eles, “Un libro sobre Galicia” (1948), “El Padre Sarmiento sobre el origen de Prisciliano” (1953) e “Peregrinos mendicantes” (1962). Foi membro da Real Academia Galega e outorgáronlle a Encomenda de Afonso X o Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recompilación de dereito romano levada a cabo por orde de Xustiniano no s VI, quen recibiu este nome de Godofredo no s XII. Tivo vixencia ata os tempos modernos. A segunda edición do Código de Xustiniano, coñecida como Codex Repetitae Praelectionis (534), incorporouse ao Corpus Iuris Civilis, e inclúe o Código, o Digesto, as Institucións e as Novelas. Tamén contén o libro medieval Libri feudorum, relativo ao pobo lombardo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • -Os-Montes, Alto Douro 1888 - Coimbra 1944) Historiador da arte portugués. Fundou as publicacións Arte e Arqueologia e Terra Portuguesa, e dirixiu o Diário de Coimbra. Entre as súas obras cómpre destacar Monumentos e esculturas (séculos III-XV) (1924), Pintores portugueses dos séculos XV e XVI (1928), A escultura em Portugal no primeiro terço do século XVI (1929) e Excursões no centro de Portugal (1939). A Universidade de Coimbra publicou Obras (1944), unha escolma dos seus estudios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de corrixible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de corruptible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista gratuíta en castelán que apareceu na Coruña no ano 1930. Tivo dous subtítulos “Órgano oficial del Centro de Protección Chauffeurs” e “Órgano del Centro Protección Chauffeurs de La Coruña. Revista mensual de automovilismo, mecánica, turismo, datos útiles y deportes”. Dirixiuna Ángel Antón e entre os seus colaboradores figuraban Antonio Rey Sousa e Juan Rey Castelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Aragón (1276-1302) e Sicilia (1282-1302), filla de Manfredo de Sicilia e Beatriz de Savoia. Casou con Pedro III o Grande no 1262 e foron coroados reis de Aragón en 1276, trala morte de Xaime I. Despois das Vésperas Sicilianas, o seu marido reclamou o título de reis de Sicilia apoiándose nos seus dereitos e foron coroados en Palermo (1283), onde permaneceu como gobernadora reprimindo a sublevación de Gualterio de Castagirone. Loitou para acabar co enfrontamento dos seus fillos Xaime e Federico. Á morte de Pedro III (1285), mandou coroar como rei de Sicilia o infante Xaime e tomou os hábitos de clarisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Oceanógrafo francés. Traballou co seu pai, Jacques-Yves Cousteau, como submarinista e fotógrafo do buque oceanográfico Calypso. Filmou a serie de televisión The Undersea World of Jacques Cousteau (O mundo submarino de Jacques Cousteau) e foi coautor de Les requins (As quenllas, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e xornalista. Dirixiu o xornal La Crónica del Magisterio (1865), no que publicou uns “Estudios ortológicos o razonamientos sobre el arte de leer en alta voz”, e colaborou nas publicacións El Ferrocarril Gallego (1861-1862), El Progreso (1865), El Derecho (1870), El Anunciador (1890) e La Unión Republicana (1892). En 1880, durante a súa estadía en Madrid, dirixiu El Mercado, un periódico de carácter económico escrito en castelán, francés, italiano, inglés e alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de crible.

    2. Calidade da revelación cristiá. A Igrexa Católica concibe a credibilidade como unha esixencia lóxica previa ao acto de fe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cresol.

    2. Derivado do cresol ou da creosota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta finés. Coñeceu en París a Marmontel e Voltaire, e asimilou a cultura racionalista francesa. Publicou Atis och Camilla (Atis e Camilla, 1761) e Daphne (1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á textura dalgunhas rochas metamórficas que teñen un aspecto semellante ás sedimentarias pola disposición dos materiais e que participan do carácter cristalino das eruptivas.

    2. Aplícase aos terreos formados por rochas cristalofílicas.

    VER O DETALLE DO TERMO