"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación monolingüe en galego que naceu en Vigo no ano 1983 e que se publicou en diferentes etapas. Nun comezo estivo dirixida por Antón Lampareira e tivo unha periodicidade bimensual. Entre os primeiros colaboradores contou con Manuel Vázquez, X. M. Pazos, Xaime Aguiar, Francisco Pillado, Manuel F. Vieites, Margarita Galiana Rodríguez e X. M. Vázquez. A intención do colectivo que editaba esta publicación era loitar pola normalización teatral en Galicia. Incluía entrevistas con persoeiros do teatro como Yayo H. Rúas, César Anxo Lombera ou Manuel Lourenzo, xunto con información sobre os grupos e as súas montaxes, amais de artigos como o de Mikhail Tsareu. Tamén posuía outras dúas seccións dedicadas á información teatral e á bibliografía. No segundo número prestouse especial atención á estrea dunha obra de Woyzeck, o primeiro espectáculo do Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que apareceu na cidade de Lugo no ano 1918. Cesou no número 63.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bimestral aparecida en Ferrol no ano 1933.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín fundado en xullo de 1872 en Ferrol. Era unha publicación trimestral dedicada aos profesionais deste sector. Houbo varios presidentes da Sociedade de Maquinistas que tiveron un papel decisivo na publicación, tales como Xosé Montero, Xosé Fernández Lamaza, Nicolás Contreras ou Francisco Gómez. Nas primeiras edicións o boletín estaba dividido en seccións tituladas “Sección administrativa”, “Sección científica e industrial”, “Personal”, “Sección de intereses generales”, “Variedades” ou “Noticias generales”. A medida que a publicación progresaba, as diferentes seccións ían desaparecendo, non sendo a “Sección administrativa” onde se informaba sobre os ingresos e gastos do Círculo, para rematar converténdose nunha publicación con artigos técnicos ou colaboracións, a maioría sen asinar. De todos os xeitos, hai que salientar a técnica empregada neste boletín, que ilustraba os artigos con debuxos ou gráficos que, ás veces, eran despregables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Vigo no ano 1915. Nel incluíase información relativa a este sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter relixioso aparecida en Santiago de Compostela no último cuarto do século XX. Contaba con diversas colaboracións como a de Xosé González Paz, quen publicou un traballo titulado “Apuntes heráldicos de canónigos orensanos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu á luz no ano 1940 no distrito federal de México. Foi a primeira publicación que contou co impulso da Comisión galega do Partido Comunista de España. Editábase en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu publicado en Santiago de Compostela en outubro de 1975. Levaba o subtítulo de “Facultad de económicas”. Dedicábase a teorizar sobre a democratización da universidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter militar editada polo Instituto Social de las Fuerzas Armadas no Ferrol. Apareceu nos anos oitenta do século XX. Incluía artigos e fotografías sobre cuestións diversas relacionadas co exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que xurdiu na Coruña en xuño de 1981 e cesou en 1990. Subtitulouse “Colegio oficial de farmacéuticos de la provincia de la Coruña”. A directora foi Ofelia del Amo Pol. No sumario deste boletín en castelán aparecían un editorial, información colexial, apuntamentos informativos, información xeral, colaboradores, divulgación profesional, vocalías e diversas seccións (Óptica, Ortopedia, Titulares), información fiscal, bolsa do farmacéutico, taboleiro de anuncios, plantas medicinais e sección bibliográfica. Dous anos despois esta publicación pasou a chamarse Galería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu publicado en Perbes, Miño, en outubro de 1984 e cesou en outubro de 1991. Levaba o subtítulo de “Asociación de veciños Xario”. Este boletín mensual era a única publicación que existía en Santa María do Miño, xunto coa folla parroquial. Trataba temas que abranguían dende as subvencións ou os resultados das eleccións do municipio, ata cursos de verán ou actividades deportivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Posiblemente apareceu a finais de 1988 ou comezos de 1989 en Santiago de Compostela, e deixou de publicarse en xuño de 1989. Xurdiu como preparación para a visita que o Papa Paulo VI fixo a Santiago de Compostela en agosto de 1989. Tratábase dunha publicación relixiosa que alternaba o castelán e o francés, co inglés e o italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Vilalba, en xuño de 1989. Este boletín bilingüe subtitulouse “Información municipal do concello de Villalba”, e ofrecía datos municipais relacionados con este concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu publicado en Santiago de Compostela en 1984 pola Xunta de Galicia, concretamente pola Consellería de Educación e Cultura, Dirección Xeral de Educación Básica. Formaba parte do proxecto piloto Abrente que tentaba introducir a informática no ensino primario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña en xullo de 1989. Subtitulouse “Asociación de telespectadores y radioyentes de la Coruña”. Esta publicación pertencía a unha asociación que creou este boletín contra a falta de obxectividade e a manipulación dos medios de comunicación. Baseouse na defensa dos telespectadores e radiooíntes, polo que ofrecía unha clasificación subxectiva das películas segundo a súa calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu publicado en xuño de 1961 en Lugo, e cesou posiblemente en 1963. Era unha revista técnica ao tempo que informativa. Publicou traballos sobre gandería, economía, enfermidades de animais e, en xeral, sobre toda clase de actividades agrarias. Contaba con catro seccións “Editorial”, “Sección legislativa”, “Sección informativa” e “Telegramas”. Na editorial afirmaban a intención de difundir novas e información diversa entre os seus asociados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que saíu á luz en Vilarmaior, A Coruña, en abril de 1991. Estaba redactado en galego e posuía unha marcada tendencia nacionalista. Este boletín era órgano informativo da candidatura nacionalista independente de Vilarmaior, a CNIV. Con respecto á ilustración, contou cun debuxo humorístico de Xaquín Marín e outro de Xosé Luís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Pontevedra en 1982 e subtitulada “Órgano oficial de expresión del sindicato gallego de policía municipal”. contaba coas colaboracións de J. M. Omil, Jon Vicent, Fernanado Renovales, Isidoro Rodríguez e Carlos Epifanio, entre outros. Incluía as seccións   “Editorial”, “Prensa”, “Colaboraciones”, “Pasatiempos” e “Humor”, xunto como “Criminología”, “Situaciones que el condutor puede evitar a tiempo”, ou “Guía popular de Protección Civil II”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego aparecida en Santiago de Compostela en novembro de 1986. Foi editada pola Dirección Xeral de Tributos e Política Financeira, dependente da Consellería de Economía e Facenda. Ofrecía datos económicos e bancarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada no último cuarto do século XX en Vilagarcía de Arousa. Estaba subtitulado como “Boletín mensual de la Cámara oficial de Comercio, Industria y Navegación de Vilagarcía”. De carácter informativo, en especial sobre aspectos da economía e da industria, servía como voceiro da devandita institución.

    VER O DETALLE DO TERMO