"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dun grupo de metabolitos bioloxicamente activos producidos polo Tolypocladium inflatum e outros fungos imperfectos. Identificáronse nove ciclosporinas diferentes, nomeadas do A ao I; pola súa importancia destacan a ciclosporina C e, sobre todo, a ciclosporina A, dous oligopéptidos cíclicos non-polares con actividade inmunosupresora, antifúnxica e antiinflamatoria. A ciclosporina A é unha droga inmunodepresora específica dos linfocitos T, pero non perturba globalmente a resposta inmunitaria. Descubriuna o inmunólogo francés J. F. Borel en 1972. Desde 1980 estendeuse considerablemente o seu uso, demostrouse a súa eficacia para prever e combater o rexeitamento dos órganos transplantados e abriu grandes perspectivas no tratamento de enfermidades de orixe autoinmunitaria. Empregouse tamén experimentalmente no tratamento da SIDA. En doses altas ou inadecuadas a ciclosporina A ten efectos nefrotóxicos e pode orixinar tumores no tecido linfático.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico que pertence ao grupo dos piretroides e que actúa como insecticida, de aplicación foliar activa por inxestión e contacto sen actividade sobre ácaros, e como repelente. Emprégase en cultivos de algodón, cítricos, plantas de horta e ornamentais. É nocivo para o ser humano.
-
-
Relativo ou pertencente aos ciprínidos.
-
Peixe da familia dos ciprínidos.
-
Familia de peixes de auga doce da orde dos cipriniformes, de corpo ovado, cunha única aleta dorsal, boca pequena e protráctil, con labios grosos e, nalgunhas especies, con barbelas. Non teñen dentes nas mandíbulas pero si nos ósos farínxeos. Omnívoros, as máis das veces forman bancos. Existen máis de 1.500 especies e distribúense por todos os continentes, agás Oceanía e América do Sur. Pertencen a esta familia os barbos, as bogas de río, os cachos e as vermelliñas.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos cipriniformes.
-
Peixe da orde dos cipriniformes.
-
Orde de peixes que abrangue as familias dos ciprínidos e dos cobítidos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos ciprinodontiformes.
-
Peixe da orde dos ciprinodontiformes.
-
Orde de peixes osteíctios que viven nas augas doces e salobres, raramente nas salgadas. Son carnívoros, fitófagos ou ben omnívoros, e comen especialmente larvas de dípteros, feito que os converte en importantes elementos reguladores das pragas de mosquitos. Son moi abundantes nas augas continentais e nos esteiros de África, Asia e América, aínda que tamén se estenden, naturalmente ou por acción directa do home, por outras moitas rexións. Moitos deles son vistosos peixes de acuario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xogo no que participan dúas persoas e que consiste en adiviñar, por quenda, o número de cousas que ten cada un deles no puño fechado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de roupa ou anaco de tea vella ou rota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de cuarzo de cor amarela e transparente. Moitas das citrinas son, en realidade, ametistas que sufriron un tratamento térmico. As pedras talladas véndense a miúdo como topacios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a cor do limón.
-
-
-
Instrumento aerófono de metal, de perforación cónica, sen buracos nin pistóns, precursor da actual trompeta, aínda que máis pequeno. Polo seu timbre claro e brillante utilizouse para executar as partes agudas das composicións da época do Barroco.
-
Persoa que toca ese instrumento.
-
Partes máis agudas da música barroca.
-
-
Trompeta medieval de madeira aguda, recta ou lixeiramente curvada que consta de sete buracos.
-
Rexistro medio do clarinete debido á transposición na doceava superior dos sons do rexistro grave.
-
Rexistro do órgano que soa unha oitava superior ao da trompeta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Leopoldo Alas y Ureña.
-
-
Aplícase ao animal que leva unha campaíña, un cascabel ou unha choca pendurada do pescozo.
-
Toque de clarín como sinal dalgunha cousa.
-
-
-
-
Instrumento aerófono, xeralmente de madeira, con lingüeta simple, perforación cilíndrica e pavillón en forma de campá. Alcanza máis de catro oitavas de extensión debido aos seus tres rexistros: o grave ou chalumeau, o mediano, denominado clarín, e o rexistro agudo. De modelos variados, entre os pequenos o máis frecuente é o requinto e o clarinete en do, que tende a desaparecer, substituído polo máis corrente, afinado en si bemol, ou o clarinete en la. Os contraltos están afinados en fa, como o corno di bassetto, e en mi bemol. O baixo, en si bemol, menos frecuentemente en la. A invención, a finais do s XVII, do clarinete propiamente dito, coa posibilidade de máis dun rexistro, débese a J. C. Denner. No transcurso do s XVIII perfeccionouse e aumentouse o número das chaves. Rameau introduciuno na orquestra a mediados do s XVIII e adoptouno a escola de Mannheim. Mozart conferiulle xa un papel moi importante e regular nas súas últimas obras sinfónicas e de cámara....
-
Persoa que toca ese instrumento.
-
clarinete de amor
Instrumento da familia do clarinete aparecido no s XVIII e situado, pola acuidade, entre os ordinarios da orquestra e os contraltos, afinado xeralmente en sol. A embocadura está separada por un tudel do corpo do instrumento, recto ou lixeiramente curvado e acabado nun pavillón esférico, como o óboe de amor.
-
-
Rexistro de órgano que imita a sonoridade do clarinete de orquestra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que toca o clarinete.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de esponxas da clase das calcarias que se caracterizan por ter organización de tipo ascón e presentar tubos entrelazados de cor amarela brillante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos enunciados da segunda lei da termodinámica segundo o que non é posible facer pasar calor dende un corpo frío a outro máis quente sen ter que realizar un traballo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de pagamento internacional baseado nun procedemento de compensación que elimina a necesidade do uso de divisas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contido de cloro da auga de mar, expresado en gramos de cloro por quilogramo de auga. En augas cunha concentración normal de sales, pódese pasar da clorinidade á salinidade multiplicando a primeira polo factor de equivalencia 1,8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento respiratorio verde do sangue de certos anélidos poliquetos. É unha proteína conxugada cun composto do grupo hemo. A súa estrutura e capacidade de transporte do osíxeno son similares ás da hemoglobina, pero se transporta de forma libre no plasma sanguíneo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido oleoso obtido pola acción do ácido pícrico con hipoclorito de calcio. Ten efectos fumigadores e sufocantes.