"alt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 697.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto, pedagogo e crítico da arte. Discípulo de P. Behrens, realizou con Adolf Meyer os talleres Fagus en Alfeld an der Leine (1911) e un pavillón industrial na exposición do Deutsches Werkbund de Colonia (1914), considerada a derradeira obra do período de exploración da arquitectura moderna. Chamado para dirixir a Sächsische Hochschule für bildende Kunst e na Sächsische Kunstgewerbeschule, refundounas e creou a Bauhaus en Weimar (1919), que dirixiu ata 1928. Co lema “arte e técnica: unha nova unidade”, formulou en termos modernos a loita entre as vantaxes cualitativas da artesanía e as cuantitativas da industria, xunto coa estandarización. En 1934, coa chegada dos nacionalsocialistas ao poder, trasladouse a Reino Unido, onde traballou con E. Maxwell Fry, e en 1937 a EE UU. Exerceu de profesor na Graduate School of Design de Harvard, onde dirixiu a sección de arquitectura. En 1949 creou The Architects Collaborative, que actuou de modelo nos medios arquitectónicos norteamericanos. Como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático, director de escena, pintor e pedagogo. Estudiou debuxo e pintura con Pere Borrell. Como artista plástico, a influencia do seu mestre levouno a un realismo rigoroso. Estudiou dirección de escena en París e en Barcelona, fundou o Teatre Íntim, desde o que combateu a rutina do teatro comercial. Como autor teatral a súa produción é plenamente modernista e oscila entre a alegoría, como en Nocturn (1896), e o naturalismo máis estricto con Els pobres menestrals (1908). Logrou o éxito con Misteri de dolor (1904). Entre a súa extensa produción cómpre destacar tamén La fi de Tomàs Reynalds (1905), Donzell qui cerca muller (1910), Les alegres comediantes (1913) e Foc de muntanya (1934). En 1913 foi director da Escola Catalana d’Art Dramàtic.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do xermánico Walthari ou Waldhari, composto de Wald- ou Walt- (do verbo Waltan ‘dominar, gobernar’) e hari ‘exército, pobo, guerreiro’. A súa festividade celébrase o 8 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Brienne (1311-1356) e de Lecce, señor de Tebas e de Florencia, e duque nominal de Atenas (Gualterio II, 1311-1356). Expulsado do ducado ateniense polos almogávares, instalouse en Nápoles. Foi señor de Florencia (1341-1343) e participou na primeira parte da Guerra dos Cen Anos, ao lado de Francia, onde foi nomeado condestable (1356).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Guatemala ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Guatemala.

    3. Arte desenvolvida en Guatemala. Da época precolombina consérvanse xacementos maias nas áreas de El Petén, a conca do Montagua e o altiplano, Piedras Negras, Tikal, Uaxactún, Quiriguá e Kaminaljuyú. No eido da arquitectura destacan os templos pirámides, os observatorios astronómicos, as prazas e os palacios. Desenvolveuse a escultura en pedra e madeira, tanto en relevo coma en vulto redondo, a pintura ao fresco e a cerámica pintada. Coa conquista española apareceu unha arte colonial na que se mesturaban elementos hispanos e indíxenas. A arquitectura barroca caracterizouse pola horizontalidade e pola escasa altura de torres e fachadas, na que destacan as catedrais de Antigua Guatemala e de Guatemala. A escultura acadou o seu esplendor no s XVII coa obra de Alonso de Paz, frei Cristóbal de Ochoa e Antón de Rodas. Dos pintores cómpre destacar a Antonio de Montúfar. No s XVIII arquitectos procedentes de España introduciron o neoclasicismo. Na transición entre o s XVIII e o s XIX sobresaíron...

    4. Como expoñente da literatura precolombina destaca Popol vuh, transmitido oralmente e posto por escrito en lingua quiché, en caracteres latinos (s XVI), e dos primeiros tempos da conquista o Libro de los libros de Chilam Balam. Co romanticismo apareceron novos prosistas e poetas, e Vicenta Laparra de Lacerca iniciou o teatro moderno. O modernismo deu as figuras do poeta Domingo Estrada e do polígrafo Enrique Gómez Carrillo e no s XX destacaron Rafael Arévalo Martínez, Luis Cardoza y Aragón e Miguel Ángel Asturias (Premio Nobel de Literatura en 1967). Posteriormente, sobresaíron Mario Monteforte Toledo, Manuel Galich, Otto-Raúl González, Leonor Paz y Paz, Otto-René Castillo, Augusto Monterroso (Premio Príncipe de Asturias 2000), Julia Esquivel, Luz Méndez de la Vega (Premio Nacional de Literatura Miguel Ángel Asturias 1994), Marco Antonio Flores e Roberto Obregón Morales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Membro do Christlich-Demockratische Union, foi secretario de Estado de Asuntos Exteriores (1951-1958) e presidente da Comisión Executiva da CEE (1958-1967). Foi presidente do Movemento Europeo (1968-1974) e membro do Bundestag (1962-1972). Insistiu na unidade alemá e formulou a denominada doutrina Hallstein, que postulaba o non recoñecemento da República Democrática Alemana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos pesos de metal ou de pedra que os atletas collían coa man e cos que daban impulsos nos saltos de lonxitude na antiga Grecia.

    2. Aparello ximnástico que consiste en dúas esferas macizas ou dous discos de metal unidos por unha barra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Par de apéndices, capitados e móbiles, que reemprazan o segundo par de ás nos dípteros. A súa función é a de manter o equilibrio durante o voo. Tamén recibe o nome de balancín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deporte que consiste en levantar halteras. Practícase sobre unha tarima de 4 m2; as halteras que se empregan na competición son de discos. Nos concursos, os participantes, divididos en categorías segundo o seu peso, dispoñen de tres intentos para cada movemento. Os movementos recoñecidos oficialmente son arrancada e dous tempos. A arrancada consiste en levantar as halteras sen interrupción desde a tarima ata a posición dos brazos estirados por riba da cabeza; pode utilizar a flexión das pernas, que posteriormente se estirarán. A modalidade de dous tempos ten dúas fases, a cargada, que consiste en levantar a haltera ata o peito, e a proxección, na que o levantador leva os brazos ata a altura máxima por riba da cabeza. Os primeiros campionatos de halterofilia celebráronse en Londres en 1891. Incluída nas tres primeiras edicións dos Xogos Olímpicos (1896, 1900 e 1904), desapareceu do programa nos de 1908 e non se reintegrou nel ata 1920. A competición olímpica comprende as modalidades...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica a halterofilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos coleópteros da familia dos crisomélidos, que teñen 15 mm como máximo e son prexudiciais para a agricultura. A háltica da viña (H. ampelophaga) produce estragos ao roer todas as follas; a da col (H. brassicae) aliméntase das súas follas e doutras crucíferas, e a das hortalizas (H. oloracea) ataca tamén as plantas crucíferas e as acelgas e remolachas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico inglés. Estudiou nas universidades de Manchester e Göttingen. Foi profesor de química nas de St. Andrews (1912), Durham (1920) e Birmingham (1925). Estudiou a estrutura molecular de diversas moléculas coma a glicosa, a celulosa ou o glicóxeno. Determinou a constitución da vitamina C e sintetizouna por primeira vez no 1934, e deulle o nome de ácido ascórbico. Entre as súas obras destaca The constitution of sugars (1929). Compartiu o Premio Nobel de Química (1937) con P. Karrer, polos seus descubrimentos sobre a estrutura dos glícidos e a vitamina C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro electrotécnico e inventor alemán. Ideou diversos aparatos eléctricos, entre os que cómpre destacar unha lámpada de arco de desprazamento diferencial e un dinamómetro. Tamén perfeccionou o telégrafo de Hughes. En 1884 ideou a buxía á que lle deu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo estadounidense. Estudiou na Universidade de Pittsburgh, onde se doutorou en 1920. Centrou as súas investigacións no estudo da acción dos corticoides no tratamento de determinadas enfermidades. Recibiu en 1950 o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, que compartiu con Tadeus Reichstein e Calvin Kendall, polo descubrimento das hormonas das glándulas suprarrenais e a súa utilidade en enfermidades inflamatorias, inmunitarias ou alérxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico suízo. Os seus traballos sobre neurofisioloxía, en particular os referentes ao diencéfalo, levárono a compartir, con Egas Moniz, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1949.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico literario alemán. Catedrático de Literatura en Berlín Occidental (1959), entre 1954 e 1967 editou con H. Bender a revista literaria Aksente e, desde 1961, Sprache im technischen Zeitalter. Ademais, escribiu poesía, novela, como Die Elefantenuhr (O reloxo do elefante, 1973), e a comedia Alle Vögel alle (Todos os paxaros todos, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico inglés. Fixo diversas viaxes de exploración, foi director dos Kew Gardens (1865-1885) e presidiu a Royal Society (1872-1877). Xunto con Georges Betham publicou Genera Plantarum (1862-1883) e iniciou a publicación dos Index Kewensis, rexistro de todos os nomes de plantas, publicados e descritos independentemente de toda lexitimidade ou prioridade dos nomes rexistrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia e concello de Begonte. O seu cumio acada 464 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de inalterable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non se altera.

    2. Que non pode alterarse.

    3. Que non perde a calma nin a tranquilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO