"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

    1. Relativo ou pertencente aos brácaros.

    2. Individuo da tribo galaica prerromana dos brácaros.

    3. Poboación indíxena que habitaba ao S da antiga Gallaecia no momento da chegada das tropas de Décimo Xuño Bruto. Aparece citado nas fontes clásicas polos historiadores Apiano, Plinio e Estrabón. Suponse que os brácaros tiñan por centro a propia localidade que logo será capital do Convento Bracarense, é dicir, Bracara Augusta, hoxe Braga, e pode que se estenderan tamén ata a Serra do Gurês.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lentitude dos latexos do corazón, por debaixo de 60 pulsacións por minuto nos adultos e de 70 nos nenos.

    2. Bradicardia producida por un ritmo nodal. Este ritmo, que aparece cando falla o sinusal, está entre 30 e 40 pulsacións por minuto.

    3. Bradicardia provocada por un ritmo sinusal lento. É frecuente en persoas sas e atléticas, e no puerperio, sen significado patolóxico, aínda que tamén está asociada a certos estados morbosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta salvadoreña. Empregou nalgunhas obras o pseudónimo de Claudia Lars. Foi directora da revista Cultura. Destacan, entre as súas obras, Romances de norte y sur (1946), Donde llegan los pasos (1953) e Girasol (1962). En 1975 publicouse postumamente Poesía última.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Licenciada en Filosofía e Letras, doutorouse co traballo La mujer vestida de hombre en el teatro español del siglo de Oro (1976). Destacou como tradutora de obras do romanticismo alemán e como autora de biografías: Biografía de don Juan Valera (1959), Vida de Bettina Brentano (1957), Galdós visto por si mismo (1970) e Una vida romántica: Avellaneda (1968). No eido da literatura infantil publicou: Historia de la literatura infantil española (1959), Una, dola, tola, catola: el libro del folklore infantil (1977), Adivina, adivinanza: folklore infantil (1978), Colección de libros infantiles antiguos (1979) e Historia y antología de la literatura infantil universal (1988). Recibiu en 1980 o Premio Nacional de Literatura Infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Berrar fortemente a vaca, especialmente de dor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chover pouco e miúdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento composto e impreso en Braga no ano 1494 por Juan Gherlinc, editor establecido en Monterrei en 1490 tralo seu paso por Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar un ou varios saltos.

    2. Realizar cousas divertidas para entreterse e pasar o tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axiomas xurídicos obtidos por indución ou ben puntos de converxencia de opinións en cuestións controvertidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Islamista. É autor de Geschichte der Arabischen Literatur (Historia da literatura árabe, 1898-1902) e de Geschichte der Islamischen Völker und Staaten (Historia dos pobos e dos estados islámicos, 1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Castrato soprano italiano. Coñecido como Farinelli, pertenceu a unha familia acomodada e ilustre, en contra do habitual, xa que os castrati eran, xeralmente case sempre de familias pobres que vendían os seus fillos aos mutiladores. Considerado como o mellor cantante de todos os tempos pola súa pureza de ton e beleza vocal, estudiou no Conservatorio de Nápoles co profesor de canto e compositor Porpora, debutando nunha das súas óperas xunto co libretista Metastasio. En 1734 trasladouse a Londres e incorporouse á compañía Opera of the Nobility, e en 1737 á Corte española de Filipe V, a petición de Isabel de Farnesio, para sacar o monarca dunha fonda depresión. A través da meloterapia de Farinelli, que lle cantaba ao rei todas as noites, este experimentou unha gran melloría. Durante esta época e no reinado de Fernando VI, foi artífice de numerosas actividades musicais, e dirixiu a construción do Teatro de la Ópera del Buen Retiro. En 1760 retirouse a Boloña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar golpes coa man na brouca.

    2. Dar golpes co mazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alan Geoffrey Yates.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico militar e político. Formou parte da Deputación Provincial da Coruña durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera, ocupándose de asuntos de Beneficencia. Foi dirixente do Partido Radical-Socialista Independiente, polo que se presentou nas eleccións xerais de 1933. Pertenceu posteriormente a Izquierda Republicana e foi presidente da Xunta Municipal da Coruña. Presidiu a sección coruñesa da Liga de los Derechos del Hombre e foi membro da Agrupación a la III República, do Casino Republicano coruñés e do Centro de Estudios Sociales Germinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Santander, Colombia, nos contrafortes da Sierra Oriental (508.240 h [1997]). É unha das principais cidades do país, de economía baseada no comercio e na industria, e que está situada á beira de importantes vías de comunicación (autoestradas e ferrocarrís). Posúe aeoporto. É tamén un centro de ensino superior, sede da Universidad Industrial de Santander, fundada en 1947, e da Corporación Universitaria Autónoma de Bucaramanga, fundada en 1955. Miguel de Trujillo e Andrés Páez de Sotomayor fundaron a cidade no 1622.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Romanía, situada na rexión de Muntenia ou Gran Valaquia, que constitúe un muncipio autónomo á marxe da administración provincial do país (228 km2; 2.027.512 h [1997]). Atravesan a cidade o río Dîmbovita e o seu afluente, o Colentina. A cidade ten un aspecto moderno, con amplas avenidas e máis de vinte parques. Desde 1918 a cidade foi medrando e converteuse no centro político, educativo, cultural, financeiro e industrial do país. A súa situación, no centro de rutas comerciais cara a Bulgaria, Hungría e Ucraína, con abundantes recursos de petróleo, sal e auga, facilitaron o seu desenvolvemento industrial. É tamén un centro de ensino superior: Universitatea din Bucureşti, fundada no ano 1864 e o Institutul Politehnic Gheorghe Gheorghiu-Dej, fundado no ano 1819. Fundada probablemente no lugar onde se situaba unha antiga fortaleza romana, a primeira referencia documental data do s XIV. No s XVII substituíu a Tîrgovişte como capital do principado de Valaquia. Durante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asinado o 28 de maio de 1812 entre Rusia e Turquía, establecía a cesión a Rusia de Bessarabia, baixo control turco, e a protección rusa de Valaquia. Así mesmo, situaba a fronteira entre ambos os dous países no río Prut.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asinado o 3 de marzo de 1886 entre Serbia e Bulgaria, significou a aceptación por parte de Serbia da unión de Bulgaria e Rumelia oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO