"ovi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 688.

  • Organización da esquerda revolucionaria portuguesa que integraba aos militares, dos que destacaron Ernesto Melo Antunes, Otelo Saraiva de Carvalho e Vasco Gonçalves, que organizaron a Revolução dos Cravos. Coñecida como os capitães de abril, o 25 de abril de 1975 enfrontouse co réxime fascista de Portugal e derrocouno. Tras o triunfo asumiron a reorganización do goberno e das forzas armadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político que xurdiu en Angola o 10 de decembro de 1956. De natureza pro-comunista, enfrontouse ao colonialismo portugués e loitou pola independencia de Angola en colaboración con outras organizacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político neofascista italiano, creado en 1947, que se baseou nos postulados da República Social Italiana. Entre 1948 e 1993 tivo representación parlamentaria, pero foi excluído das alianzas do goberno ata o afundimento do sistema de partidos políticos italianos da posguerra. Integrado en 1994 na coalición Polo delle Libertà, cambiou o nome polo de Alleanza Nazionale e conseguiu algún ministerio no goberno xurdido nas eleccións de marzo. En 1995 o partido renunciou explicitamente ao antisemitismo e aos elementos máis antidemocráticos do fascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político xurdido en 1966 dunha escisión obreirista de ETA (ETA berri), que en 1969 se transformou en Movimiento Comunista Vasco (Komunistak), e en 1972 converteuse no Movimiento Comunista de España (MCE). Adscrito ao marxismo-leninismo, propugnou a loita revolucionaria para acadar unha república popular e democrática, que recoñecese o dereito de autodeterminación das nacionalidades e reivindicase a independencia de Euskadi. Minoritaria dentro de CC OO, ten unha destacada presenza nas loitas sectoriais, das que destaca a defensa do feminismo, o pacifismo, os barrios, os homosexuais ou o ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movimiento Comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política chilena creada en 1963 co propósito de impoñer o socialismo mediante a loita armada. Recoñecida por Salvador Allende, opúxose, non obstante, á súa política legalista. Perseguida pola ditadura militar (1973-1989), legalizouse co restablecemento da democracia (1989) e renunciou á loita armada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada no interior do Partido Comunista de España en Madrid na década de 1970. Constituíuse como unha rede de apoio a presos políticos que evolucionou cara a presupostos feministas. Foi creado por un grupo de mulleres comunistas, co desexo de abrilo a mulleres de distintas ideoloxías para sensibilizalas en temas sociais e políticos, e máis concretamente en temas de discriminación social ou legal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto das organizacións da CNT, FAI e da Federación Ibérica de Juventudes Libertarias (FIJL), que se popularizou durante a Guerra Civil Española (1936-1939) cando estas celebraron repetidamente reunións conxuntas. Un primeiro consello do MLE constituíuse entre febreiro e marzo do 1939 en Perpignan e foi desorganizado por mor da ocupación alemá de Francia (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de forzas políticas que participaron no levantamento do 18 de xullo de 1936, integradas posteriormente como un partido único do Estado español na Falange Española e artellado dentro dunha ideoloxía unitaria, tipificable na Ley de Principios Fundamentales del Movimiento Nacional do 17 de maio de 1958. Dentro da súa organización estaba a Jefatura Nacional, que correspondía ao xefe do estado ou ao presidente do goberno, o Consejo Nacional del Movimiento, a Secretaría General (con rango de ministerio desde 1939) e os consellos nacionais e os locais. De feito, o Movimiento constituíu a ideoloxía do estado totalitario e o ámbito político dentro do que se prevía a evolución do réxime, pero despois da morte de Franco resultou ser o elemento máis inmobilista. Foi abolido o 1 de abril de 1977, no contexto da reforma política de España levada a cabo polo goberno de Adolfo Suárez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político boliviano fundado en 1941 por Víctor Paz Estenssoro. De ideoloxía de centro dereita, en 1971 uniuse, entre outros, á Falange Socialista Boliviana no Frente Popular Nacionalista (FPN). Deu lugar ao nacemento de numerosos partidos como resultado das escisións e pugnas dos seus líderes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización nacionalista canaria que xurdiu en 1963 co propósito de loitar para acadar unha República Guanche Africana, independente e socialista. Entre 1975 e 1977 desenvolveu a súa máxima actividade armada, propagandística e diplomática tentando demostrar, no seo da Organización da Unidade Africana, a africanidade de Canarias e forzar a descolonización. Desde 1978, a mellora das relacións entre Madrid e Alxer e as disensións internas desmantelaron o movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo revolucionario de ideoloxía marxista-leninista fundado en Perú o 1 de marzo de 1982. Naceu como resultado da unión do Partido Socialista Revolucionario Marxista Leninista (PSR ML) e do Movimiento de Izquierda Revolucionaria El Militante (MIR EM), -aos que se uniu, en 1986, o Movimiento de Izquierda Revolucionaria Voz Rebelde (MIR VR)- e tomou o seu nome en memoria do rebelde peruano José Gabriel Condorcanqui Noguera (Túpac Amaru). Contrario aos elementos imperialistas, denunciou a política económica gobernamental e motivou ao pobo á loita para rematar coa súa opresión. Organizouse en tres eixes: político, militar e a fronte de masas, e a súa acción levouse a cabo nas fases de acumulación de forzas, de propaganda armada e na propiamente guerrilleira. Para iso creou o Ejército Popular Tupacamarista, -que se complementou coas Fuerzas Especiales- baixo o modelo convencional da guerrilla latinoamericana e cuxos ataques consistiron en bombardeos, asasinatos, roubos a bancos e secuestros....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mesa formada por diferentes aparatos que serve para ver nunha pantalla pequena unha película cinematográfica que se pode desprazar á velocidade desexada e parala voluntariamente. Úsase, sobre todo, nas operacións de montaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fibrose quística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en Vigo en 1977 coa denominación de Mariess Novias. A mediados da década de 1980 impulsou o deseño de vestidos de noiva e traxes de madriña e de festa. En 1986 presentou oficialmente a súa propia colección. Conta con quince tendas en franquicia en España e con sete establecementos en Portugal, México e Suecia, entre outros países.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transmisión de imaxes de televisión entre diferentes continentes mediante satélites artificiais de telecomunicación que gravitan arredor da Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e erudito italiano. Ordenouse sacerdote, fixo estudos filolóxicos e foi chamado a dirixir a Biblioteca dos Este (1700). Como investigador, seguiu unha metodoloxía precisa e rigorosa. Publicou Rerum italicarum scriptores (24 volumes, 1723-1738), Annali della storia d’Italia (12 volumes, 1744-1749) e Antiquitates italicae medii aevi, en 6 volumes (1738-1743). Descubriu un manuscrito que contiña o canon bíblico máis antigo e que leva o seu nome, Canon de Muratori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ovidio Martínez de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo arqueolóxico provincial situado desde 1951 no palacio episcopal de Ourense. De titularidade autonómica, a súa orixe atópase en 1895 cando a Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense decidiu reunir nun museo os restos arqueolóxicos que formaban parte do Museo de Pinturas. En 1993 a sección de etnografía, con sede en Ribadavia, separouse e converteuse nun museo independente. A súa colección arqueolóxica e artística componse de restos megalíticos, castrexos, galaico-romanos e prerrománicos, así como de importantes pezas escultóricas renacentistas e barrocas e pinturas dos ss XVII e XIX. Tamén posúe unha mostra de mobiliario e artes decorativas. Pertence ao Consello Galego de Museos. En 1941 creouse o Grupo Marcelo Macías de colaboradores do museo, encargado de publicar o Boletín Auriense. A sede foi declarada Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo provincial situado na Coruña. Estivo instalado nun edificio neoclásico de Pedro Cermeño da rúa Panadeiras e en 1995 trasladouse ao antigo convento das Capuchinas, nun edificio rehabilitado por Manuel Gallego Jorreto do que se conservou a fachada. Pertence ao Consello Galego de Museos. A base dos seus fondos constituíuse con obras que procedían do Museo del Prado, ás que se agregaron outras procedentes de diversas institucións públicas e privadas. Acolle coleccións de pintura, escultura, gravado e cerámica dos ss XVIII-XX e ten unha sección de libros antigos e autógrafos. Conta tamén cunha sala dedicada á arte galega, salas de exposicións temporais e o foro, espazo de recepción onde se mostra a escultura galega contemporánea. Foi declarado Ben de Interese Cultural en1962.

    VER O DETALLE DO TERMO