"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Escritor en francés. Cultivou a poesía, o teatro, o ensaio, etc, pero sobre todo a novela, dotada dunha grande imaxinación. Cómpre salientar as súas obras Indide 33 (1921) e Le siège de Syracuse (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que aromatiza.
-
Substancia que, aplicada en pequena cantidade, comunica un aroma ou mellora ou reforza o existente, nun alimento, bebida, tabaco, cosmético, etc. Os aromatizantes tamén poden servir para encubrir un cheiro desagradable en produtos farmacéuticos, plásticos, tinturas de imprenta, aire do ambiente, etc. Empréganse como aromatizantes composicións preparadas con produtos naturais, tales como as especies, os aceites esenciais e as olorresinas e unha gran variedade de compostos químicos obtidos por transformación de produtos naturais ou por síntese.
-
Aplícase o cualificativo de aromatizantes ás especies, en xeral, así como á cortiza de laranxa ou de limón, á rama de canela, ao azafrán, ao loureiro, etc.
-
-
PERSOEIRO
Xornalista, fillo de emigrantes vascos e moi identificado con Galicia, foi presentador do programa Recordando a Galicia, que se viña emitindo dende 1939. Foi premiado o seu labor informativo en numerosas ocasións pola colonia galega da emigración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e pensador. Formado polos xesuítas, de mozo introduciuse en ambientes mundanos e libertinos que lle inculcaron un certo esnobismo social. Estudiou Dereito sen moito entusiasmo e deuse a coñecer cuns versos satíricos que lle valeron durante os primeiros anos da Rexencia (1715-1718), diversos confinamentos e unha breve estadía na prisión da Bastilla. Unha traxedia neoclásica, Oedipe (1719), chea de alusións políticas e anticlericais, fíxoo popular entre a nobreza e recibiu protección do rexente e do Rei (concedéronlle dúas pensións en 1722). Insistiu na súa crítica subversiva no poema épico La Henriade (edición clandestina de 1723), malia o que seguiu frecuentando a corte e mesmo foi invitado á voda de Luís XV. Non obstante , a disputa co cabaleiro de Rohen (1726) reportoulle unha nova estadía na Bastilla e o exilio en Londres ata 1729. Este período inglés transformouno nun burgués consciente e combativo, máis sensible á historia e cultura estranxeiras -descubrimento...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Arousa.
-
Persoa natural ou que vive en Arousa.
-
-
PERSOEIRO
Escultor, pintor e poeta alsaciano. Formouse en Weimar e París. Expuxo cos abstractos e cos superrealistas, e participou no movemento Dadá en Zúric, 1915. Cunha simplicidade orgánica e con títulos poéticos, creou unha abstracción biomorfa. A súa escultura transformou os medios de expresión. Obtivo diferentes premios: na Bienal de San Paulo (1952), de Venecia (1954), etc. Escribiu poesías e textos dadaístas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rede de telecomunicacións desenvolvida a principios da década dos setenta pola Axencia de Proxectos de Investigación Avanzada (ARPA) estadounidense, que se considera a orixe da rede Internet.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequenos liñós de tanza ou nailon que saen da nai do palangre, denominados así en localidades mariñeiras como o Porto do Son.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudios e técnicas de análise e identificación de restos orgánicos vexetais recuperados en xacementos arqueolóxicos, ben directamente (restos de madeira: antracoloxía), mediante o peneirado fino ou flotación das terras en auga (sementes: carpoloxía) ou mediante a extracción no laboratorio de mostras do sedimento (fitolitos, pole: palinoloxía). Así mesmo, cómpre distinguir entre restos microbotánicos (pole, cutículas, fitolitos ou diatomeas) e restos macrobotánicos (sementes, froitos, madeira e outros vestixios vexetais). O principal obxectivo da arqueobotánica é a reconstrución do medio ambiente no que se inserían os restos contidos no rexistro arqueolóxico. Posto que as plantas se encontran na base da cadea alimenticia, a análise da comunidade vexetal dunha rexión é unha boa metodoloxía para o coñecemento de datos sobre a dieta alimenticia e as actividades económicas dos ocupantes dun xacemento. A comunidade vexetal dunha rexión e dunha época determinadas, ademais...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que respira con dificultade.
-
-
Anélido do grupo dos arquianélidos.
-
Grupo heteroxéneo de anélidos que comprende pequenos vermes próximos aos poliquetos, na súa maioría mariños, algúns de auga doce. Poden ter o corpo segmentado ou non segmentado. Algúns presentan quetas e parápodos; a outros fáltanlles. Existen poucos xéneros neste grupo, con grandes diferencias entre eles, como Polygordius, Protodrilus, Dinophilus, etc.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Banco con ou sen apoio e cun ou máis caixóns, provisto de tampa que se emprega como asento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro chanceler.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á arquidiócese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título dado entre os cristiáns de rito oriental ao superior dunha comunidade monástica. Sinónimo nun principio de hegumen, foi reservado máis tarde para os superiores dos mosteiros máis importantes.
-
-
Relativo ou pertencente a Arquímedes.
-
Dise do grupo conmutativo e totalmente ordenado que cumpre a propiedade seguinte: para todo elemento x > 0 e todo elemento a ³ 0 existe un número natural n tal que a £ nx. Os números enteiros, racionais e reais son arquimedianos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo de carácter histórico e institucional ligado á Universidade de Santiago. As súas instalacións están dotadas de salas de depósito, laboratorio de restauración, microfilme e salas de conferencias e de consulta. O fondo máis importante é o que constitúe a documentación relativa á Universidade, desde a súa fundación en 1495 (documentos dos antigos colexios de Fonseca e San Xerome, expedientes académicos, de limpeza de sangue, etc). Desde 1946 incorporou fondos, relativos á cidade e ao seu contorno: fondos de carácter relixioso con documentos procedentes de mosteiros e conventos, cabido catedralicio, confrarías e outras institucións eclesiásticas, documentación do Hospital Real, protocolos notariais de Santiago e arquivos familiares e persoais, como o fondo Castroviejo Blanco-Cicerón que reúne documentación relativa ao goberno político de Galicia no século XIX. Desde 1994 tamén alberga o Arquivo Municipal de Santiago, con fondos desde o século XVI ata 1940.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo Llanos.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo, poeta e novelista. En 1954 viaxou a París para ver o Berliner Ensemble, iniciando así a estadía na cidade onde publicou e viu estreados moitos dos seus textos adaptados á lingua francesa. Influenciado polo Surrealismo e o Absurdo, na modalidade que el chama “pánica”, unha boa parte da súa obra, aquela que concibe no autoexilio parisino, destaca pola súa irreverencia, por unha marcada tendencia a reflectir condutas humanas dominadas polo sadismo e por unha permanente exploración do ritual e da cerimonia. Pasou, despois, ao Théâtre Bouffe, a medio camiño entre o vodevil e o absurdo. É autor, entre outras pezas, de Piqué-Nique en campagne (1952), Fando et Lis (1964), L’Architecte et l’empereur d’Assyrie (1967), Volemoi un petit milliard (1977), Le pastuga des loufs ou overture orng-outan (1978) e Punk et Punk et Colégram (1978). Realizou filmes como Viva la muerte! (1971), J’irai comme un cheval fou (1973)...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa románica da segunda metade do s XII situada na parroquia do mesmo nome. O edificio ten unha única nave da que só se conserva a ábsida rectangular, cuberta por unha bóveda de canón, e os paramentos laterais como exemplos da súa traza románica.
VER O DETALLE DO TERMO