"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Acción e efecto de arrancar.

    2. Punto ou circunstancia onde comeza unha acción.

    3. Posta en marcha dun vehículo ou dunha máquina.

    4. Axitación violenta do ánimo con perda de control sobre os propios actos.

    5. Motor de arranque dun vehículo ou máquina.

    6. Idea ou dito enxeñoso e repentino.

    7. Decisión ou enerxía para facer algo.

    8. Posta en funcionamento dun sistema operativo, coa carga de extensións e paneis de control.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser arranxado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pór en orde unha cousa ou un conxunto de cousas cun fin determinado (estético, de comodidade, etc).

    2. Resolver un asunto de común acordo.

    3. Facer que funcione unha cousa estragada.

    4. Preparar unha comida.

    5. Realizar un arranxo musical.

    6. Ser alguén capaz de facer ou resolver algo por si mesmo.

    7. Chegar a un acordo ou unha solución.

    8. Dispoñerse da forma adecuada para ter bo aspecto.

    9. Poder vivir cos medios dos que se dispón.

    10. Reconciliarse dúas ou máis persoas que non se entendían.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de arranxar ou arranxarse.

    2. Acción de ordenar ou dispor algo de modo axeitado.

    3. Acción de facer que funcione algo que estaba en mal estado ou estragado.

    4. Acción de arranxar mediante un acordo un conflito ou falta de entendemento entre dúas ou máis persoas.

      1. Composición baseada nunha melodía ou obra musical dada.

      2. Adaptación dunha obra para instrumentos ou voces distintas dos orixinais.

    5. Convenio outorgado por dous ou máis estados coa finalidade de modificar ou completar unha relación xurídica previamente establecida entre eles. Emprégase como medio para modificar as cláusulas dun tratado internacional, máis importante e definitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e eclesiástico dinamarqués, considerado o introdutor das formas barrocas no seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar algo ou alguén nun recanto ou nun lugar afastado.

    2. Deter o paso dunha persoa ou animal impedindo a súa fuxida.

    3. Desatender a alguén sen facer caso del ou privalo da confianza de que gozaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que xurdan regañas nalgunha cousa.

    2. Abrir algo por mor da calor, como a madeira; ou polo seu grao de sazón, como os ourizos das castañas.

    3. Amosar os dentes como sinal de ameaza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recoller cara a riba as mangas, as perneiras ou a parte inferior dunha prenda de roupa facendo dobras.

    2. Levantar ou recoller cara a arriba as mangas, as perneiras ou a parte inferior dunha prenda de roupa.

    3. Ameazar ou golpear a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor mexicano. Como narrador publicou Varia invención (1949), colección de contos reeditados posteriormente, xunto con outros contos, no volume Confabulario total (1941-1961) (1962). Cómpre salientar tamén as novelas La feria (1964) e Palíndroma (1971), e a obra de teatro La hora de todos (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce estremecemento provocado polo medo, a repugnancia, o frío, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico sueco, un dos fundadores da química moderna. En 1887 publicou a teoría da disociación iónica dos electrólitos en solución diluída, pola que recibiu o Premio Nobel de Química en 1903. A súa teoría ofrece unha explicación dos fenómenos da condutividade eléctrica das solucións diluídas de electrólitos e das desviacións das leis de Raoult que estas solucións presentan. Traballou tamén na determinación da forza dos ácidos con Ostwald e no estudo dos fenómenos de tensión superficial e de ósmose con Van’t Hoff. Estudiou a velocidade das reaccións químicas demostrando a ecuación, proposta por Hood, que relaciona a taxa de reacción coa temperatura, e que leva o seu nome (ecuación de Arrhenius). No eido da Astrofísica formulou en 1900 unha teoría segundo a que a dirección da cola dos cometas está determinada pola presión que sobre ela exerce a luz do Sol. En Bioquímica investigou os mecanismos das toxinas e antitoxinas. Interesado polas cuestións de Cosmoloxía, formulou a hipótese da panespermia....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor vasco. Aos 12 anos realizou un ensaio de octeto, Nada y Mucho, e aos 14 anos, estreou en Bilbao a ópera Los esclavos felices. No ano 1822 marchou a París, onde mereceu a admiración de Cherubini. Ademais, entre outras obras, é autor de tres cuartetos para corda (1824), dunha sinfonía en re maior e de diversas cantatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político castelán. Alférez de fragata (1728), xefe de escuadra da Armada española (1751) e gobernador xeral de Venezuela. No ano 1754 substituíu ao Marqués de la Ensenada no ministerio de Mariña de Indias. Impulsou a construción de buques. Promoveu as obras dos estaleiros de Cartagena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘canteira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina relixiosa que recibe o nome por referencia a Ario, presbítero de Alexandría excomungado xunto cos seus seguidores polo Patriarca Alexandre entre os anos 318 e 319. O principio fundamental do Arianismo era a afirmación da unicidade e da transcendencia de Deus. O conflito que entrañaban as predicións de Ario radicaba no modo en que configuraba as relacións entre Deus e o seu Fillo, o Verbo feito home; segundo os arianistas, o Fillo de Deus non gozaba da mesma esencia do Pai, senón que se trataba dunha divindade subordinada, enxendrada como mortal. Deste xeito, o Fillo de Deus non é igual ou consubstancial ao Pai, senón semellante a El. Esta doutrina espallouse máis en Oriente ca en Occidente. Atanasio de Alexandría, que atacou o Arianismo, argumentaba que destruía a Doutrina Cristiá sobre Deus, porque supoñía que a Trindade non era eterna. O Arianismo foi heretizado no Concilio de Nicea (325), que estableceu o Credo, onde se afirma que o Fillo é “concibido, non feito” e consubstancial,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘canteira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e filósofo grego. Escribiu A expedición de Alexandre, considerado durante moito tempo o mellor documento sobre o tema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘pedrada’.

    VER O DETALLE DO TERMO