"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Cargo ou dignidade de decano.

    2. Período de tempo durante o que o decano exerce as súas funcións.

    3. Despacho ou oficina na que exerce as súas funcións o decano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emprego e dignidade de decénviro.

    2. Tempo que dura este emprego ou cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (249-251). Comandante do exército do Danubio, derrotou os godos en Messia e na Panonia, e despois de eliminar a Filipo na Batalla de Verona foi nomeado emperador polas súas tropas. Emprendeu unha restauración do poder e das tradicións romanas, devolveulle ao Senado o dominio sobre a administración civil e restableceu a relixión romana mentres perseguía os cristiáns. Morreu durante unha campaña contra os godos e os blemios debido á traizón do seu legado Treboriano Galo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á declamación.

    2. Aplícase á forma de falar enfática, esaxerada, solemne e grandilocuente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto votado pola Asemblea Constituínte francesa do 17 ao 26 de agosto de 1789, que se compoñía de 17 artigos e un preámbulo. A súa redacción recollía a influencia da Declaración de Independencia dos EE UU (1776) e do pensamento dos enciclopedistas do s XVIII. Proclamaba a igualdade de todos os homes e os seus dereitos naturais e inalienables: a liberdade individual, de pensamento, de prensa e de credo, limitada no seu exercicio pola liberdade do resto da sociedade; recoñecíase a propiedade privada como dereito inviolable, o dereito á resistencia, a igualdade ante a lei, ante a xustiza e a facenda. Instaurou a liberdade de opinión e estableceu a transferencia da soberanía do rei á nación e a separación de poderes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto composto de 35 artigos que precedeu á Constitución francesa de 1793, votada pola Convención o 24 de xuño dese mesmo ano. Era máis progresista e democrática ca a de 1789. Prohibiu a escravitude, proclamou a liberdade económica e recoñeceu os dereitos á educación, ao traballo e á asistencia pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto que precedía á Constitución francesa do ano III (1795). Dun ton moito máis moderado ca as declaracións de 1789 e de 1793, eliminou os dereitos suficientes para poder instaurar unha república censataria e protexer con garantías os intereses da clase dominante. A igualdade de todos os homes quedaba reducida á igualdade ante a lei, confirmaba a liberdade económica e condenaba a escravitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento elaborado pola Sociedade das Nacións en 1924 e aprobado polas Nacións Unidas en 1959 co obxectivo de garantir e defender os dereitos da infancia en todo o mundo. Do seu contido destaca o sostemento da necesidade dunha protección especial da infancia, a garantía do seu completo desenvolvemento físico, mental, moral e social, a defensa do neno sen ningún tipo de discriminación, a esixencia da prestación universal dun ensino gratuíto e obrigatorio, e a prohibición de calquera tipo de explotación infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto adoptado pola Liga Internacional dos Dereitos do Animal e as Ligas Nacionais afiliadas, trala terceira reunión sobre os dereitos do animal celebrada en Londres do 21 ao 23 de septembro de 1977. A declaración proclamada o 15 de octubro de 1978 pola Liga Internacional, as Ligas Nacionais e as persoas físicas asociadas a elas, foi aprobada pola Organización das Nacións Unidas para a Educación a Ciencia e a Cultura (UNESCO), e posteriormente pola Organización das Nacións Unidas (ONU).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948. Os seus principais antecedentes históricos foron a Declaración francesa dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789) e a declaración americana de Dereitos do Bo Pobo de Virxinia (1776). O documento consta dun preámbulo e trinta artigos que enumeran unha serie de dereitos de carácter civil e político, entre os que sobresaen os dereitos á liberdade, á igualdade, á dignidade, á vida e á seguridade, á xustiza e aos dereitos con ela relacionados (presunción de inocencia, habeas corpus, etc), á nacionalidade, á liberdade de pensamento, ideoloxía e relixión, á liberdade de opinión e expresión, á liberdade de reunión e asociación, á liberdade de participación, ao non sometemento á tortura ou á escravitude etc; e unha serie de dereitos sociais, económicos e culturais, como son o dereito ao traballo, á folga, á sindicación, á seguridade social, á saúde, á educación, á cultura, á arte e á ciencia, etc. O contido...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que explica ou declara algo que estaba dubidoso.

    2. Aplícase ao pronunciamento xudicial que proclama a existencia ou non dunha calidade ou dun dereito, sen conter un mandamento executivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incidente procesual que consiste en achegar unha solicitude dirixida ao xuíz ou tribunal, que unha das partes considera incompetente, para que se absteña de saber dun determinado asunto e o remita ao xuíz ou tribunal competente. É unha cuestión de competencia que constitúe unha excepción dilatoria e que se tramita na forma prevista para os incidentes. Pode ser presentada polas partes ou polo Ministerio Fiscal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que declina ou rexeita, especialmente unha xurisdición.

      1. Que serve para medir a declinación.

      2. declinador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de decrecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Incremento negativo.

    2. defecto de masa.

    3. Nun movemento ondulatorio, logaritmo neperiano da razón entre dúas amplitudes sucesivas do mesmo signo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que chegou a un grao extremo de decadencia física ou mental por mor da vellez.

    2. Aplícase á idade na que acontece este avellentamento.

    3. Que perdeu o seu apoxeo ou está en total decadencia unha cousa como unha civilización, unha cultura, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Resolución, decisión ou determinación realizada polo xefe do Estado, polos órganos colexiados do goberno do Estado ou das comunidades autónomas ou por un tribunal ou xuíz sobre calquera materia ou negocio. Aplícase especialmente aos de carácter político ou gobernativo, emanados dos gobernos (central, autonómico ou local). O decreto é a forma que deben adoptar os acordos tomados nos consellos de ministros, sempre que se aproben disposicións de carácter xeral con rango inferior ao da lei, se produzan nomeamentos, etc. En España expídeos o Rei (Real Decreto) co referendo do ministro correspondente, do ministro da Presidencia ou do presidente do goberno nos seus casos.

      2. decreto lei

        Decreto con rango de lei ditado con carácter provisional polo goberno en casos de extraordinaria e urxente necesidade e que, no período máximo de trinta días, debe ser aceptada ou rexeitada polo Congreso de los Diputados. A Constitución Española de 1978 prohibe utilizalos para regular materias determinadas, como o ordenamento das institucións básicas do Estado, os dereitos, deberes e liberdades fundamentais, o réxime das comunidades autónomas e o dereito electoral xeral. Os gobernos das comunidades autónomas carecen da facultade de ditar decretos lei.

      3. decreto lexislativo

        Decreto con rango de lei ditado polo poder executivo que contén lexislación delegada polo poder lexislativo. En España, as Cortes Generales poden delegar no goberno a potestade de ditar normas de carácter legal sobre materias que, necesariamente, non precisen ser reguladas mediante leis orgánicas. A delegación lexislativa deberá facerse de forma expresa, para materia concreta e con fixación de prazo para o seu exercicio. A delegación outórgase mediante unha lei de bases cando o seu obxectivo sexa a formación dun texto articulado e mediante unha lei ordinaria cando se trate de refundir varios textos legais nun só.

      1. Forma particular que asumen as ordes escritas provenientes da autoridade eclesiástica competente.

      2. decreto xeral

        Decreto co que o lexislador establece prescricións comúns a unha comunidade. Debe seguir as pautas e rexerse polas prescricións da lei.

      3. decreto xeral executorio

        Disposicións emanadas da autoridade executiva, co fin de asegurar o cumprimento da lei ou de acoutar o xeito no que se debe cumprir. Aínda que non é unha lei, senón unha disposición administrativa de carácter xeral, a súa promulgación debe facerse do mesmo modo ca aquela e obriga as mesmas persoas ás que obriga a lei para a execución da que se promulga.

      4. decreto xudicial

        Pronunciamento, exceptuando a sentencia, efectuado por un xuíz ou tribunal, que afecta ás partes no proceso, aínda que non ten ningunha eficacia se non se fan constar os motivos ou se non se remite aos expostos xa noutro acto.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de disposicións eclesiásticas feitas polo monxe Graciano a mediados do s XII, publicada co nome de Concordiam discordantium canonum. Constituíu a primeira parte do Corpus Iuris Canonici. Contén textos da Biblia, canons dos concilios, decretos pontificios e normas do dereito romano, entre outros asuntos. Considérase un tratado científico e práctico do dereito eclesiástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Decreto-Lei 7/1978, polo que se aproba o réxime de preautonomía para Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo procedemento xudicial sumario, propio da Real Audiencia de Galicia, que restituía as posesións usurpadas ou enaxenadas.

    VER O DETALLE DO TERMO