"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Profesor de Xeografía e Historia (en institutos de ensino medio galegos). Preocupouse pola formación psicopedagóxica e polos avances didácticos de comezos do s XX. Por este motivo, en 1934, sendo profesor de Xeografía no Instituto de Lugo, trasladouse a Alemaña. Publicou Lecturas escolares. Grado Superior. Hispano-América (1932) e outros libros de texto para institutos de Ensino Medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos asiánicos.

    2. Termo creado para designar un grupo de pobos do Oriente Próximo antigo onde as súas linguas, chamadas tamén asiánicas, non se identificaban nin como semíticas nin como indoeuropeas. Entre estas linguas incluíase o sumerio, o elamita, o casita, o hatti, o lubio, o licio, o lidio e o cario. O estudio, moi difícil pola escaseza de documentos ou pola escuridade destes, revelou o carácter artificioso desta denominación feita sobre unha base simplemente xeográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estilo literario ou artístico propio de autores gregos ou latinos clásicos, oposto ao aticismo, caracterizado pola exuberancia, a complicación e abuso de artificiosidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen asina ou ten sinatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘sino’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘compás’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Estudiou Historia e Arte en Moscova entre 1967 e 1973. Comezou a súa carreira como asistente de dirección do realizador Serguei Paradjanov, conxugándoo co seu labor como crítico. Emigrou a Alemaña onde dirixiu todas as súas películas, algunhas das cales obtiveron un enorme éxito nos festivais internacionais. Entre elas: The bear (O oso, 1984), Nagorno Karabakh (1988), Komitas (1988), premiado en Venecia, Manheim e Figueira da Foz, e Avetik (1992) premiada en Róterdan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista polaco nacionalizado belga. Estudiou en Viena con Emil von Sauer. Foi solista con numerosas orquestras europeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta épico esloveno. Foi ordenado sacerdote en 1880, pero deixou o sacerdocio trala publicación de Balada in romance (1890) para converterse no voceiro do anticlericalismo do seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Protestante inglesa queimada viva polas súas doutrinas en Smithfield en tempos de Enrique VIII. Entre outras cousas, negaba a doutrina católica da transubstanciación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutora romanesa. Foi a primeira muller cardióloga romanesa e a primeira profesora de Clínica Médica do seu país. Foi membro da Academia Romanesa, da Academia de Ciencias de Nova York e de sociedades xerontolóxicas de varios países (Chile, EE UU, Perú, etc). O seu nome tivo unha gran difusión polo seu método de tratamento preventivo do envellecemento, baseado no Gerovital H3. En 1952 creou o Instituto de Xeriatría de Bucarest, do que foi directora ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica do s XIII (1225 - 1230). Só conserva da fábrica medieval unha fiestra situada no muro sur da ábsida actual que remata nun arco de medio punto adornado con botóns e rodeado dunha chambrana cuberta por un festón de arquiños semicirculares. Está sostido por columnas de basas áticas e capiteis vexetais, un deles con entrelazo; o tímpano que se forma no centro do arco ornaméntase cunha roseta de botón central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica situada no concello Chantada. Finais do s XIII. Formou parte dunha antiga fundación monástica beneditina do s XI creada polo conde Ero Ordóniz e a condesa Adosinda, avós de san Rosendo. Durante os s XIII e XIV acumulou un importante patrimonio grazas ás doazóns e aos privilexios recibidos polo favor real. En 1496 anexionouno como priorato o mosteiro de San Benito de Valladolid. Do antigo mosteiro consérvanse na actualidade a igrexa e un claustro na súa cara sur. A igrexa ten unha soa nave que remata nunha ábsida heptagonal no interior e semicircular no exterior. A ábsida e o altar maior cóbrense cun artesoado probablemente de comezos do s XVII. Destacan tamén os canzorros zoomórficos do exterior. No interior consérvanse retablos do s XVI. No Archivo Histórico Nacional de Madrid atópase a colección de pergameos procedentes do mosteiro dos que foron publicados só uns poucos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que asoballa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización católica de ámbito estatal, fundada en Madrid a finais do ano 1908. Co remate do século XIX vaise producir un cambio crucial na orientación social e política do Catolicismo europeo, debido á publicación da encíclica Rerum Novarum (1891). León XIII estableceu nela as bases para unha maior penetración do movemento socio-político católico na sociedade, na busca dunha resposta que solucionase a inexistencia dun partido católico que defendese os seus intereses ante a nova organización dos Estados liberais (de tendencia aconfesional), e que se traduce nunha perda sistemática do protagonismo da igrexa. Neste contexto nacía a Asociación Católica Nacional de Propagandistas (ACNP), que participou plenamente na nova organización institucional e administrativa do novo Estado liberal español. A ACNP foi concibida como unha organización de pouco, pero escollido número de integrantes, e caracterizada como unha elite ao servizo do movemento católico español. O seu obxectivo fundamental...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en 1951. Seis anos despois, baixo a presidencia de Miguel González Garcés, iniciou unha nova etapa máis orientada á promoción cultural. Entre esas actividades destaca a creación dun grupo de Teatro de Cámara e Ensaio dirixido por Antonio Naveira Goday. Esta agrupación presentou en 1959 o espectáculo O incerto señor Don Hamlet, a partir da obra homónima de Álvaro Cunqueiro e en 1961 estreou Os vellos non deben de namorarse, a partir do texto de Castelao. A pesar dos atrancos que houbo que superar e do escaso número de funcións realizadas, a estrea destes dous espectáculos veu confirmar a necesidade e as posibilidades dun teatro en lingua galega, marcando o inicio dunha lenta pero progresiva normalización da actividade teatral en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade creada en Santiago de Compostela o 12 de xaneiro de 1980 por Lorenzo Martínez e por un grupo de anticuarios galegos. Presidida por Víctor Manuel Rodeiro Montenegro, esta asociación naceu co fin de defender, promocionar e revalorizar os intereses dos seus asociados e das antigüidades, en xeral. Anualmente organiza en Santiago de Compostela e na Coruña o Salón de Anticuarios Gallegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación formada polas centrais de medios de España que pretende unificar os proxectos de formación e defensa dos intereses das empresas asociadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1980 por unha trintena de artistas, críticos e persoeiros do eido da cultura baixo a presidencia de Xulio Maside. O seu fin prioritario é promover o desenvolvemento e perfeccionamento da cultura artística galega entre os seus membros e no ámbito social, así como a defensa e pulo da arte na escultura, na ornamentación ambiental, no gravado, na arquitectura, etc. Xunto coa Asociación de Artistas de Pontevedra e a Asociación de Artistas de Ourense, constituíu a Federación Galega de Artistas Plásticos en 1990 coa presidencia de Miguel Mosquera. Froito do dinamismo cultural promovido por esta asociación, creouse o Grupo Nome integrado polos pintores X. Maside, X. G. Pardiñas, Morquecho, Bibian, Anselmo Lamela, Quintana Martelo e a escultora Mª Xosé Díaz. Actualmente está obsoleta, só ten existencia a nivel enunciativo.

    VER O DETALLE DO TERMO