"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Inxuria ou ofensa verbal ou escrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Publicou unhas táboas de mortalidade e probabilidade de vida en Francia, recollidas na obra Essai sur les probabilités de la durée de la vie humaine (Ensaio sobre as probabilidades da duración da vida humana, 1746), que serviron para establecer as pensións vitalicias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das partes en que se divide un espazo por medio de paredes ou medios de separación similares.

    2. División administrativa. En España identifícanse cos ministerios, como órganos complexos constitutivos das unidades básicas de estruturación da administración do Estado, aos que se lles encomenda a promoción e protección dun sector específico dos intereses públicos; son materialmente especializados e homoxéneos entre si. Tamén se pode falar do departamento xudicial, como termo que engloba as competencias de xurisdición dos diferentes xulgados dun territorio concreto, e do departamento universitario, como órgano administrativo que dirixe o ensino dunha determinada materia nunha universidade.

    3. Demarcación territorial de ámbito supralocal xurdida en Francia en 1790, no proceso de reorganización do Estado trala Revolución. Naceu como instrumento de homoxeneización da administración en todo o territorio francés, logo da supresión do réxime feudal e mantívose ao longo do tempo sen a penas modificacións. A Francia metropolitana dividiuse en 96 departamentos (incluídos os dous da illa de Córsega). Ademais, catro dos dez territorios de ultramar baixo soberanía francesa adquiriron a condición de departamentos (Guyana Francesa, Guadalupe, Martinica e illa de Reunión). A máxima autoridade do departamento é o prefecto, delegado do goberno no territorio. O modelo de administración territorial francés foi imitado, con maior ou menor fidelidade, noutros países, entre eles España que adoptou unha institución similar como unidade básica da organización territorial do Estado; aínda que denominada provincia, a institución española tivo o seu primeiro precedente histórico precisamente nun proxecto...

      1. departamento de contas/comercial

        Órgano que comunica a axencia publicitaria co cliente ou anunciante a través dun executivo de contas. A súa finalidade principal é manter os contactos e xestións cos clientes, así como ofrecer servicios de atención continuada antes, durante e despois da realización da campaña publicitaria.

      2. departamento de coordinación/tráfico

        Órgano que supervisa o proceso de comunicación publicitaria dende que un anunciante chega á axencia de mans do departamento de contas ata que a campaña contratada se difunde nos medios de comunicación. Encárgase de cumprir os prazos temporais acordados, así como de xustificar os gastos derivados da elaboración da campaña e, en definitiva, de coordinar a campaña publicitaria.

      3. departamento de creatividade/técnico

        Sección encargada de dar forma gráfica e audiovisual ás mensaxes publicitarias. Á súa fronte está o director creativo, do que dependen directamente un director de arte, os técnicos e os redactores ou copys.

      4. departamento de investigación e mercadotecnia

        Órgano da axencia de publicidade que realiza os estudios precisos para desenvolver unha campaña. De entre estas investigacións destacan as referentes aos estudios de mercado e de produción, así como as referentes aos controis de eficacia publicitaria.

      5. departamento de medios

        Sección especializada, nunha empresa ou axencia publicitaria, na planificación da inserción publicitaria en medios de comunicación social. Selecciona os soportes máis apropiados para acadar os obxectivos marcados polo propio anunciante e as necesidades comunicativas do produto ou servizo que se pretende comercializar.

    4. División administrativa da Mariña de guerra española. O litoral español divídese en tres departamentos establecidos en 1749: o do Cantábrico comprende a costa setentrional, entre as fronteiras con Francia e con Portugal, é dicir, entre as desembocaduras do Bidasoa e do Miño, e ten a súa capital en Ferrol; o de El Estrecho, con capital en Cádiz, inclúe a costa entre a desembocadura do Guadiana (na fronteira con Portugal) e o cabo de Gata, ademais do arquipélago de Canarias e as prazas de soberanía norteafricanas e do mar de Alborán; e o do Mediterráneo, con capital en Cartagena, esténdese dende o cabo de Gata ata a fronteira con Francia e inclúe as Illes Balears.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido en 1892 en Ferrol que cesou ao pouco tempo. Foi fundado e dirixido por Manuel de Cal e estivo ligado politicamente ao partido liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de departir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de depauperar.

    2. Proceso enunciado por Marx e inherente ao capitalismo que afirmaba que o proletariado se empobrecería na medida en que prosperase a burguesía. Produciuse un depauperamento relativo, xa que o salario real aumenta moito menos que a produtividade real que está en constante aumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Estudiou na Scuola Reale Elisabettina de Rovereto. En 1913 coñeceu a obra de Boccioni e os futuristas, grupo no que foi admitido no ano seguinte. Escribiu o manifesto Ricostruzione futurista dell’universo (Reconstrución futurista do universo, 1915) con Balla, o Manifesto del arte publicitario futurista (1932) con Marinetti e o Manifesto da pintura nuclear nos anos 50. Creou en Rovereto unha Casa d’Arte Futurista e fundou as revistas Futurismo e Dinamo Futurista. Autor de poemas con debuxos simbolistas e poemas fonéticos, realizou vestiarios e decorados teatrais e ilustracións. Como creador dramático, despois de diversas colaboracións con Segej D’agilev e os Ballets Rusos, presentou as súas propias creacións escénicas baseadas no rexeitamento radical da lóxica narrativa naturalista, na procura dunha estética centrada no mecanicismo e no automatismo industrial, onde as cores, os sons, os movementos, as formas humanas ou...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para depilar ou depilarse.

    2. Substancia que serve para depilar. Os depilatorios poden clasificarse en mecánicos e químicos. Os primeiros son mesturas de ceras, resinas e aceites que se aplican en quente e, ao retiralas de golpe, xa frías, levan o pelo arrincado. Os segundos son compostos sulfurados inorgánicos ou orgánicos que desfán a queratina que forma o pelo e a converten nunha masa plástica fácil de eliminar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de depositar ou depositarse.

    2. Cousa que se deposita.

      1. Lugar no que se deposita algunha cousa.

      2. depósito de cadáveres

        Sala ou dependencia anexa, xeralmente nun centro hospitalario ou nun cemiterio, onde se depositan os cadáveres de persoas mortas de maneira violenta ou natural para instruír as dilixencias oportunas e efectuar a autopsia.

      3. depósito franco

        Lugar onde se poden manter mercadorías importadas sen pagar dereitos de aduana. Se os bens son reexportados, non se pagarán estes dereitos, pero pagaranse no caso de que sexan vendidos no país receptor.

      1. Recipiente que contén un material sólido, líquido ou gasoso.

      2. depósito de gravidade

        Depósito de combustible que alimenta os motores aproveitando só o peso do combustible.

    3. Materiais acumulados no fondo dun recipiente que contén un líquido no que antes se atopaban en suspensión.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poemario publicado por Manuel Outeiriño en 1994. Ábrese cunha ilustración de Orfeo morto a paos polas musas e dúas citas de Otero Pedrayo e dos Aeneidos, seguidas dun preámbulo autopoético titulado “Desvío”. O autor elabora unha linguaxe poética innovadora a través da combinación de diferentes niveis lingüísticos, idiomas, así como da alternancia de referencias cotiás con outras pertencentes á mitoloxía greco-romana. No copyright figuran conxuntamente Manuel Outeiriño e Rita la Cantaora. O libro constitúe unha rede multilingüística e multicultural que por medio da ironía e do humor abrangue un amplo abano de rexistros e referencias culturais. Certas expresións máis ou menos lexicalizadas, consolidadas polo uso diario, acadan un valor altamente poético ao inserirse en novos contextos. É unha obra integrada por múltiples discursos que hai que unir; concibido desde o fragmentarismo, parte da idea de que a realidade é unha construción que depende do que se le ou do que se di. Así,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de depoñer ou depor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á deprecación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que depreda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela en xullo de 1992. Subtitulouse “Revista Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela”. Contaba cun consello de redacción presidido por José M. Lorenzo Salgado e formado por Antonio Carro, Tomás Iribarren, Luis González, Luis M. Sobrado, Francisco Caamaño, Pedro Puy, Enrique García e Manuel Segura. Tiña a colaboración dos servicios xurídicos do Parlamento de Galicia. Dividiuse nas seccións: “Estudios”, “Parlamento”, “Xurisprudencia” e “Bibliografía”. Entre os seus obxectivos figuran o de divulgar a tarefa investigadora das facultades de dereito galegas, a integración e diálogo entre xuristas e académicos, o achegamento entre as institucións xurídico-políticas do país e a promoción do debate multidisciplinar no mundo das leis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Publicación aparecida en Santiago de Compostela en xullo de 1992. Subtitulouse “Revista Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela”. Contaba cun consello de redacción presidido por José M. Lorenzo Salgado e formado por Antonio Carro, Tomás Iribarren, Luis González, Luis M. Sobrado, Francisco Caamaño, Pedro Puy, Enrique García e Manuel Segura. Tiña a colaboración dos servicios xurídicos do Parlamento de Galicia. Dividiuse nas seccións: “Estudios”, “Parlamento”, “Xurisprudencia” e “Bibliografía”. Entre os seus obxectivos figuran o de divulgar a tarefa investigadora das facultades de dereito galegas, a integración e diálogo entre xuristas e académicos, o achegamento entre as institucións xurídico-políticas do país e a promoción do debate multidisciplinar no mundo das leis.

    2. Recto, que dun extremo a outro non presenta ningún cambio de dirección.

    3. Que non se desvía nin se detén.

      1. En posición vertical.

      2. Aplícase ao cuadrúpede, xeralmente o oso, erguido sobre as patas posteriores.

      1. Aplícase aos órganos, partes ou membros simétricos, que están situados no lado oposto ao do corazón.

      2. Situado, respecto a unha persoa, na banda oposta á do corazón.

      3. Situado na parte dereita da persoa que se coloca segundo o sentido da marcha que teña a cousa que se move.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recto, que dun extremo a outro non presenta ningún cambio de dirección.

    2. Que non se desvía nin se detén.

      1. En posición vertical.

      2. Aplícase ao cuadrúpede, xeralmente o oso, erguido sobre as patas posteriores.

      1. Aplícase aos órganos, partes ou membros simétricos, que están situados no lado oposto ao do corazón.

      2. Situado, respecto a unha persoa, na banda oposta á do corazón.

      3. Situado na parte dereita da persoa que se coloca segundo o sentido da marcha que teña a cousa que se move.

    3. Cara ou lado principal dun tecido, dunha páxina ou dun obxecto.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Especialidade do dereito civil propio do ordenamento xurídico de Galicia. Integrada no dereito civil, que se aplica no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia por razóns de índole social e histórica, constitúe unha compilación de institucións xurídicas de orixe maioritariamente consuetudinaria que se teñen desenvolvido en Galicia ao longo da historia.
    Institucións peculiares do Dereito Civil Especial de Galicia
    As principais institucións xurídicas propias do dereito civil galego son a casa familiar, patrimonio indivisible base do sistema de propiedade; a veciña, reunión das casas dunha parroquia co obxecto de administrar os bens en man común; os dereitos reais, constituídos polas comunidades veciñais de montes en man común, as comunidades de augas, os muíños de herdeiros (que son unha propiedade común indivisible), o cómaro (linde da propiedade), a servidume (dereito de paso por un dominio) e a serventía (paso que se efectúa por un...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás dermatocarpáceas.

    2. Lique pertencente á familia das dermatocarpáceas.

    3. Familia de liques ascomicetos da orde das verrucarialis, de talos foliáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de pezas esqueléticas de orixe mesodérmica ou cunha osificación dérmica que, segregadas polo tegumento exterior do animal, contribúen á súa protección e quedan recubertas pola epiderme.

    VER O DETALLE DO TERMO