"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e erudito valenciano. Escribiu obras científico-filosóficas ou de erudición humanista, como Sagio della filosofia di Galileo (‘Ensaio da filosofía de Galileo’), publicada en 1766. A súa obra capital é Dell’origine, progresi e stato attuale d’ogni letteratura (‘Das orixes, progreso e estado actual de todas as literaturas’), escrita nos anos 1782-1799, na que ofrece unha valoración da cultura grecolatina como base de toda a cultura europea e analiza a influencia dos árabes hispanos na orixe da poesía rimada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro sacerdote católico no Xapón, que morreu mártir no 1846. A recente reforma do calendario litúrxico retirou santos europeos e introduciu este outro santo oriental para salientar a universalidade da Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Irmán de san Pedro e pescador coma el. Foi o primeiro seguidor de Cristo. Evanxelizou Escitia (na actual Rusia), e aínda que este apostolado está sen confirmar, si se admite que estivo no mar Negro e na Ucraína. Segundo a lenda, un anxo mandoulle visitar a Mateo, cego e preso na Etiopía. Finalmente volveu a Grecia, e estivo en Macedonia e no Peloponeso, onde sufriu martirio: atárono a unha cruz en forma de aspa, sen cravalo, para que a agonía fose máis lenta; así foi, agonizou durante dous días e expirou ao terceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Ao final da Segunda Guerra Mundial acadou moita sona por mor da narración curta sobre a Guerra Civil española Wir sind Utopia (‘Somos unha utopía’), escrita en 1943. É autor de varias pezas teatrais e de libros de poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras que traballou en Compostela no último terzo do século XVI. Realizou a sancristía da capela de San Pedro da Cerca, contratou as obras da desaparecida portería do convento de San Francisco de Santiago e rematou a obra dun arco sobre medios piares na capela de San Roque de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do grego Ảνδρας. Para uns estudiosos procede de ἀ νδρία ‘virilidade, valor’ e, para outros, sería unha apócope agarimosa dalgún nome composto de andr ‘home, varón’ (ex: Andrócles, Andrómachos). A forma Andreu consérvase como apelido. É un dos nomes nos que, á par da forma normativa santo, o uso asentou a forma san. O apóstolo santo Andrés foi o primeiro seguidor de Cristo (chamado polos gregos Protokletos ‘o primeiro chamado’) e, segundo as lendas, santo Andrés de Teixido é o propio apóstolo de Cristo. A recente reforma do calendario litúrxico retirou santos europeos e introduciu este para resaltar a universalidade da Igrexa. Conta con varias celebracións: o apóstolo santo Andrés, o 30 de novembro; santo Andrés de Teixido, o 8 de setembro; o mártir xaponés Andrés Kim Taegón, o 20 de setembro; e santo Andrés Avelino (s XVI), o 10 de novembro na Rúa. Santo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa portuguesa. O seu primeiro libro foi Poesia (1944), ao que seguiron Dia do mar (1957), Coral (1950), Mar Novo (1958), O Cristo cigano (1961) e O nome das coisas (1977), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en farmacia e un dos precursores da industria farmacéutica en España. A súa Pasta pectoral, moi exportada a América do Sur, foi un dos primeiros específicos preparados en España. Organizou o laboratorio farmacéutico que leva o seu nome, Doctor Andreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pallaso. En 1920 montou, xunto cos seus curmáns René e Pau (Polo), o famoso número de Andreu-Rivels. Gozou dun amplo prestixio internacional e o número, no que empregaba unha cadeira e unha guitarra, acadou moita sona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor valenciano. Foi discípulo de Joaquín Sorolla e membro da Academia de San Fernando. Pintou escenas típicas da Comunitat Valenciana e de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aínda que de orixe non galega, desenvolveu en Galicia a maior parte da súa actividade profesional no eido da zootecnia dende a primeira década do s XX ata os anos corenta. Publicou a memoria La mejora de la ganadería (1920), presentada polo Servicio Agronómico Provincial de Pontevedra ao Comité de mellora pecuaria constituído pola Deputación de Pontevedra, coa que colaborou en programas de mellora gandeira. Realizou un traballo máis completo sobre a mellora xenética na obra Sobre la mejora del ganado bovino (1927). Centrou a súa atención en programas de mellora de gando porcino, pondo en práctica unha nova fórmula levada a cabo pola Misión Biolóxica de Galicia, coa que colaborou mentres estivo en Pontevedra e á que apoiou dende o Ministerio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora en lingua castelá de orixe galega. Publicou dúas obras: De una niña de provincias que se vino a vivir en un changall (1981) e Báculo de papel (1986). Recibiu o premio Adonais, polos seus poemas, e o premio Gabriel Miró, de contos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico catalán. Traballou cos indios de Paposo (Chile) e identificouse cos patriotas da xunta de Córdoba; os nacionalistas chilenos fixéronlle ocupar a sede de Santiago (1813). Fernando VII confinouno en Galicia e en Valladolid, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atracción de circo de renome mundial. Foi creada en Barcelona no 1920 por Pere Andreu i Pausas e presentada polos seus fillos Josep, René e Pau (Polo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e crítico francés. Autor de novelas de ciencia-fición, publicou en 1977 o debate ecolóxico Le desert du monde (‘O deserto do mundo’).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz norteamericana de procedencia inglesa. Participou en diversos filmes, sobre todo musicais, entre os que cómpre destacar: Mary Poppins (1963)   e Víctor e Victoria (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e naturalista norteamericano. Viaxou por Alasca e Asia, onde fixo importantes descubrimentos paleontolóxicos. Reuniu unha notable colección de fósiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e químico irlandés. Traballou na licuefacción dos gases e definiu os conceptos de temperatura e presión críticas; tamén traballou no eido da termoquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO