"Far" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 541.

      1. Que ten ou denota abundancia e fartura.

      2. Aplícase ao terreo que se dedica ao cultivo e é moi fértil

      3. Aplícase aos alimentos que nutren moito.

    1. Que dá do que ten con xenerosidade, especialmente falando de comida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Exipto (1936-1952) e do Sudán (1951-1952), fillo e sucesor de Fu’ad I. O seu goberno tentou o equilibrio entre as intervencións británicas e as aspiracións do Partido Nacionalista Wafd. O descontento pola corrupción do goberno e o fracaso na guerra contra o Estado de Israel provocaron a creación do movemento dos Oficiais Libres que forzaron a abdicación do rei (1952) no seu fillo Fu’ad II e o seu exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo de Groenlandia que constitúe o extremo meridional da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Afganistán (22.279 km2; 610.000 h [1982]). A capital é Meymaneh (40.200 h [1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica. Licenciouse en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade de Vigo (1995), da que é profesora. O seu traballo incidiu na relación tecido-texto que, desde 1995, respondeu ao seu sentido etimolóxico en tecidos epidérmicos que se sedimentaban sobre textos e grafías, formando unha pel-pintura de transparencias e, dende o 2001, baseouse na orixe histórica, na que o texto-tecido é un fío que contrae tramas e deixa de ser un recurso para converterse no tema. Dende 1994 realizou exposicións individuais e participou en numerosas mostras colectivas. Recibiu, entre outros galardóns, a bolsa de Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1994), o XVI Premio de Pintura L’Oreal (2002) e a bolsa Pollock-Krassner Foundation de Nova York (2002). A súa obra está presente nas coleccións Caixanova, Museo de Pontevedra, concello de Hondarribia e na Colección L’Oreal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Doutorouse en Bioquímica pola Universidad Complutense de Madrid (1971) e licenciouse en Dirección de Empresas polo Instituto de Estudios Superiores de Empresa (IESE). Foi catedrático de Bioquímica na Universidad Complutense de Madrid e na Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1967 e 1979 traballou como investigador nos laboratorios de ICI-Pharmaceuticals, de Shell, da Basel University (Suíza), da Washington University (Saint Louis, Missouri) e do Institute de Biologie Physico-Chimique da Foundation Edmon de Rothschild (París). Entre 1979 e 1985 foi director dos proxectos de investigación de Antibióticos SA, que incluíron estudios sobre ADN recombinante e a busca de novos antibióticos. En 1985 pasou a presidir o consello de administración de Zeltia. En 1986 fundou PharmaMar, compañía de biotecnoloxía que se dedica ao descubrimento e desenvolvemento de fármacos de orixe mariña. En 1990 fundou PharmaGen, compañía de biotecnoloxía dedicada á análise de ADN con aplicacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Razonar ou meditar sobre os problemas e cuestións da filosofía.

    2. Facer reflexións ou un soliloquio sobre un tema transcendental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia os produtos e os preparados que se empregan para a protección dos vexetais contra as súas enfermidades e parasitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de produtos que se empregan para combater as enfermidades e pragas das plantas ou das substancias que se usan na súa profilaxe. Inclúe os insecticidas, acaricidas, bactericidas, funxicidas, herbicidas, reguladores do crecemento, aceites adxuvantes, disolventes, antioxidantes e conservadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da fitopatoloxía que trata da química, a formulación e a aplicación dos produtos e as materias que se empregan no control das pragas e enfermidades das plantas, e tamén dos correctores que se utilizan habitualmente para regular algúns procesos fisiolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obter a imaxe de algo por medio da fotografía.

    2. Describir algo ou alguén con gran precisión e exactitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reproducir mediante a fotolitografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fronte guerrilleira de El Salvador fundada en 1980 coa finalidade de establecer un réxime democrático. En 1992 chegou a un acordo co goberno, pero o conflito continuou ao non cumprirse o programa de transferencias das terras e de compensacións dos ex-combatentes. Coa intervención dos denominados escuadróns da morte o enfrontamento converteuse nunha guerra civil. En 1994 celebráronse as primeiras eleccións tralo conflito, nas que se presentou convertido xa en partido político. Nas eleccións do 2000 acadou a maioría dos votos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Provocar mala sorte a alguén.

    2. Sentar mal un alimento a alguén.

    3. Aldraxar, insultar ou botarlle algo en cara a alguén.

    4. Estragar o gume dun instrumento cortante.

    5. Manchar unha cousa.

    6. Ulir algo moi mal.

    7. Estragarse ou perder o fío un instrumento cortante.

    8. Encherse algo de sucidade.

    9. Coller unha infección nunha ferida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. En 1992 iniciou a súa traxectoria profesional, fundamentalmente na compañía Teatro de Ningures, creada en 1987 en Cangas do Morrazo. Como actriz traballou, entre outros, con directores como Etelvino Vázquez (Ubú Rei, 1989; María Soliño, 1990; Tic-Tac, 1995; Sempre Ubú, 1996; Lugar Común, 1998; Fausto, 2001), Alberto Bokos (Elektra, 1991; Crónica de Pantagruel, 1992; O polbo, 1993), Julio Cardoso (Macbett, 1994), José Martins (Terra de Lobos, 1995), Xulio Lago (A noite das tríbades, 1996), espectáculo co que obtivo o Premio María Casares á Mellor Interpretación Protagonista en 1997. Tivo a función de axudante de dirección con Xulio Lago en espectáculos realizados pola compañía portuguesa Teatro do Noroeste (Un inimigo do pobo, 1997), Teatro do Atlántico (Amor de Don Perlimplín, 1998) e Talía Teatro (Marsal, Marsal, 1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘lembrar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á lingua e á farinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, cabaleiro de Santiago (1789-1808) e do Vélaro de Ouro (1892-1808), duque de Alcudia e de Sueca (1792-1808 e 1847-1851), grande de España (1792-1808) e príncipe da Paz (1795-1808). De familia fidalga, ingresou na Garda Real (1784), onde iniciou amizade co príncipe de Asturias e coa futura Raíña María Luísa. Tras unha rápida carreira militar substituíu o conde de Aranda como primeiro ministro (1792) e converteuse no valido de Carlos IV. Iniciou a guerra contra a Francia revolucionaria (1793-1795) que acabou co asinamento da Paz de Basilea (1795). A alianza cos franceses, confirmada trala sinatura do Tratado de San Ildefonso (1796), provocou o enfrontamento co Reino Unido (1796-1802 e 1804-1808), que finalizou coas derrotas da armada española no cabo San Vicente (1797) e Trafalgar (1805). Apartado do poder entre 1798 e 1801, reincorporouse ao goberno co título de xeneralísimo e derrotou os exércitos portugueses na Guerra das Laranxas (1801). As continuas contendas militares provocaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. vomitar.

    2. Botar unha fonte, ou algo similar, a auga con forza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chorro de líquido que sae con forza e dunha soa vez, normalmente cun cheiro desagradable.

    VER O DETALLE DO TERMO