"Fernán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 808.
-
GALICIA
Arquitecto. Formouse co seu pai Francisco Antonio Fernández Sarela e con Fernando de Casas Novoa. Entre as súas primeiras obras atópanse a supervisión das obras de Santa María de Rus (Bergantiños, 1739); a traza e a realización do pedestal do altar maior da igrexa do colexio das Orfas (1740); e en 1741 unha porta da muralla e a fachada dunha casa na porta da Pena en Santiago. En 1744 comezou a traballar baixo a dirección de Fernando de Casas na fachada do Obradoiro e, dende 1745, foi recoñecido como aparellador de arquitectura e cantería. Ese mesmo ano construíu as bóvedas de San Miguel dos Agros, baixo as trazas de Fernando de Casas. Na catedral atribúenselle a porta da Igrexa Baixa e as salas do Arquivo e do Tesouro e, dende 1759, traballou con Lucas Ferro Caaveiro na fachada da Acibechería. Realizou traballos de supervisor de obras do cabido compostelán e, entre outras obras, o pazo de Bendaña na praza do Toural, a Casa do Deán (1747-1753), na que destaca a fachada con molduras e placas,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de obras. Descoñécese se foi fillo de Francisco Antonio Fernández Sarela ou doutro membro da familia, aínda que traballou con Clemente Fernández Sarela na Casa do Cabido. Documéntase a súa participación nunha poxa para reparar a ponte do Arcebispo (1758). Foi perito das obras de San Bieito (1774) e traballou nas reparacións no colexio das Orfas e no enlousado da igrexa de San Fiz (1781).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de obras, pai de Clemente A. Fernández Sarela. Documentado dende 1721 e activo en Santiago de Compostela, traballou con Fernando de Casas na capela do Pilar da catedral (1721). Entre outras obras, realizou traballos de taxación das pontes próximas a Santiago; fixo reparacións e recoñecementos en diversos edificios como os cuarteis, a Casa Consistorial e o colexio de Fonseca (1733); e inspeccionou as obras do convento das mercedarias (1738) e a capela da Corticela (1739). Atribúeselle o plano da capela maior dos Anxos (1748).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, fillo de Francisco Fernández Sarela. Traballou na catedral de Santiago de Compostela, pintou as súa columnas en 1783. Trasladouse á Coruña, onde realizou diversos traballos de pintura para a colexiata e a capela de San Xosé. Na igrexa de San Nicolao pintou e dourou o retablo colateral de san Lourenzo. Pintou dous dos cadros do Monumento ao Dous de Maio que estaba situado na portería do concello coruñés.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor, político e pintor. Na súa mocidade relacionouse co marxismo revolucionario e con R. Dieste, Manuel Antonio, Xosé Otero Espasandín e outros. En 1928 trasladouse a Madrid, onde comezou a carreira de comercio e participou nos parladoiros, entre outros, de La Granja. Pertenceu a Izquierda Comunista de España (ICE) e converteuse, co pseudónimo de L. Fersen, no principal teórico do seu voceiro, Comunismo. Colaborou na fundación da revista PAN (1935), onde facía referencias ás artes plásticas, á pedagoxía e á política. Tralo estalido da Guerra Civil foi detido en Alacant e internado nun campo de concentración ata 1940. Volveu a Ribeira e utilizou o pseudónimo de A. Martín. Colaborou en revistas e periódicos, entre outros, Nueva España, El Soviet, Leviatán e Renovación, encargándose da economía e de política internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Realizou estudios na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Membro colaborador do equipo investigador da Universidade de Vigo O vestixio do tempo, realizou exposicións en Ourense e participou, entre outras, na sección Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1992, 1994), Expo Ourense, pintores y escultores ourensáns (1996), IV Premio de Pintura José Malvar (2000) e Estadio de sitio (Madrid e Barcelona, 2001). Recibiu, entre outros, o primeiro premio Arte Xoven Galega (1993) e o primeiro premio do VII Certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Foi redactor de El Pueblo Gallego, ademais de colaborar noutros xornais galegos. Especializado en temas locais, asinou moitos dos seus artigos co pseudónimo de D’Artagnan. Ademais, presidiu a Asociación da Prensa e dirixiu a Hoja del Lunes de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Escribiu composicións de tema paisaxístico (Poesía de la Sierra, 1908), zarzuelas e o libreto de La vida breve (1913), de M. de Falla.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Colaborou en diversas publicacións de Pontevedra e Vigo. Escribiu, entre outras obras, Descripción de Pontevedra y del río Lérez (1892), Pontevedra. Sus produciones agrícolas (1880) e Memoria sobre el estado actual de la Agricultura, Industria y Comercio de la provincia de Pontevedra (1890).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Coronel Benito, era militante comunista. Foi mariñeiro do acoirazado Xaime I e durante a Guerra Civil acadou o cargo de comisario político da Comandancia da Mariña de Cartagena. Ao remate do conflito marchou á URSS. Retornou a Galicia en 1945 para incorporarse á loita da guerrilla, que dirixiu desde 1948. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Doutorouse en Bioquímica pola Universidad Complutense de Madrid (1971) e licenciouse en Dirección de Empresas polo Instituto de Estudios Superiores de Empresa (IESE). Foi catedrático de Bioquímica na Universidad Complutense de Madrid e na Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1967 e 1979 traballou como investigador nos laboratorios de ICI-Pharmaceuticals, de Shell, da Basel University (Suíza), da Washington University (Saint Louis, Missouri) e do Institute de Biologie Physico-Chimique da Foundation Edmon de Rothschild (París). Entre 1979 e 1985 foi director dos proxectos de investigación de Antibióticos SA, que incluíron estudios sobre ADN recombinante e a busca de novos antibióticos. En 1985 pasou a presidir o consello de administración de Zeltia. En 1986 fundou PharmaMar, compañía de biotecnoloxía que se dedica ao descubrimento e desenvolvemento de fármacos de orixe mariña. En 1990 fundou PharmaGen, compañía de biotecnoloxía dedicada á análise de ADN con aplicacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Doutorouse en Dereito na Universidad Central de Madrid. Inicialmente colaborou no xornal madrileño El Sol e na publicación barcelonesa La Calle. Militante do Partido Federal, durante a República ocupou diversos cargos diplomáticos. Trala finalización da Guerra Civil española exiliouse en Montevideo. Alí traballou no xornal El Pueblo e, co pseudónimo de Juan de Lara, colaborou en Marcha e Mundial, así como en La Nación de Bos Aires. Escribiu tamén nas revistas Escritura, Cuadernos Americanos, Sur e Índice. Publicou, entre outras obras, El futuro del mundo occidental (1934), Los mitos del Quijote (1953), España, árbol vivo (1960) e La ciénaga inútil (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Farmacéutico galego. Realizou estudios farmacéuticos en Madrid e pasou despois á Escuela Práctica de Química de Madrid. En 1804 foi nomeado, a proposta de L. Proust, profesor de química na Universidade de Santiago de Compostela e, posteriormente, acudiu a París para rematar a súa formación con Fourcroy, Vauquelin, Deyeux e Thenard. Cando regresou en 1811 a Santiago recuperou, tras unha negativa inicial, a docencia da disciplina de química. Pero en 1814, coa volta do absolutismo, a universidade aproveitou a conxuntura política para queixarse das presións recibidas para readmitilo e despediuno.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de impresores e xornalistas liberais composteláns. Manuel Bibiano Fernández creou en 1872 o obradoiro tipográfico que tirou do prelo a Gacetilla de Santiago. Co tempo, a súa imprenta modificou a súa denominación e adoptou os nomes das cabeceiras de El Diario de Santiago e La Gaceta de Galicia, en dúas épocas diferentes. Publicou Las prolongaciones del ferrocarril compostelano a Pontevedra y Tieira (...) (1895). O seu fillo Antonio Fernández Tafall (Santiago de Compostela 1869 - Madrid 27.2.1936), posiblemente en colaboración co seu irmán Xosé Fernández Tafall (Santiago de Compostela? - Pontevedra 1922), fundou outra imprenta á marxe da do seu pai, co que colaborou en diversas ocasións. Antonio, xornalista de profesión, dirixiu La Gaceta de Galicia e escribiu os dramas Perlas del arroyo, que se estreou en diversos teatros de Galicia en 1906, e El estudante...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Catedrática de Artes Plásticas e Deseño na Escuela de Artes Plásticas y Diseño de Interiores nº 4 de Madrid. Formouse con D. Díaz Baliño, M. García Patiño e J. Maunat. A súa obra amosa unha figuración a medio camiño entre a realidade e a abstracción. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Extraordinario no V Certamen Nacional de Artes Plásticas (1963), o Primeiro Premio da Dirección General de Bellas Artes (1965), o Primeiro Premio Nacional de Artes Plásticas (1984) e o Primeiro Premio Nacional de Pintura (1990). A súa obra está presente, entre outras, nas coleccións no concello de Tui, Casa de Alba e Dirección General de Bellas Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Coñecido como Manuel María, realizou estudios de Filosofía e Letras e exerceu como procurador dos Tribunais en Monforte de Lemos. Ao longo da súa traxectoria profesional empregou pseudónimos como Ernesto Alfonso Reque Varela ou Manuel Hortas Vilanova, e colaborou en distintas publicacións e prensa, como A Nosa Terra, Faro de Vigo, El Progreso, Nordés, Alba, Grial, Vieiros, Aturuxo e Atlántida. Xunto con Ánxel Xohán fundou a colección Xistral e no ano 1969 a editorial homónima. Autor polifacético, cultivou o ensaio, o teatro, a poesía e a narrativa. Gran coñecedor da cultura popular, o seu poemario Terra Cha (1954), con sucesivas reedicións e ampliacións, constitúe unha homenaxe á súa terra natal. Nesta obra a paisaxe é a protagonista omnipresente e o autor reflicte a vida na Terra Cha a través dunha variada combinación de metros (pareados, cuartetas, coplas). Así...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tipógrafo. Residiu en Viveiro, onde foi presidente da asociación mutualista Sociedad de Obreros. Ante os problemas de carestía e escaseza de produtos alimenticios e carburantes, que padeceu a comarca de Viveiro nos anos da Primeira Guerra Mundial, organizou unha cooperativa alimentaria para as persoas afiliadas á sociedade. De ideoloxía socialista, foi impresor de El Heraldo de Viveiro e, posteriormente (1919), redactor de El Defensor Obrero, voceiro de publicación quincenal do proletariado socialista da bisbarra. Colaborou na formación da Agrupación Socialista de Viveiro, creada en decembro de 1921.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Colaborador de Galicia, Follas novas, La Ilustración Española y Americana e Blanco y Negro, da súa produción destaca Munia (1894) e Bosquejos galaicos (1895).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástica. Formouse na Escuela de San Fernando (1961-1964) e licenciouse en Filosofía e Letras na Universidad de Madrid (1966). Especializouse no traballo con materiais refractarios e pertenceu ao Instituto de Cerámica do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Realizou exposicións individuais en Madrid, París e A Coruña. A súa obra está presente no Museo de Arte Contemporáneo de Madrid e no Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo de Santiago (1797-1800). Foi cóengo e mestrescola na catedral de Zaragoza, antes de ser nomeado en 1794 bispo de Salamanca. Gobernador do Supremo Consejo, durante o seu arcebispado mandou cubrir con lousas de cantería a rúa que baixa desde a Acibechería ata a praza do Obradoiro e que pasa por baixo do Pazo Episcopal. Afeccionado á numismática, foi membro da Real Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO