"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • PERSOEIRO

    Escritor húngaro. É autor de dous dramas importantes do proceso histórico das letras húngaras: Ágis tragédiája (A traxedia de Agis, 1772) e A filozófus (O filósofo, 1777). Os ideais da Ilustración, que deixaron pegada en toda a súa obra, impóñenese dun xeito moi especial na súa novela Tarimenes utazása (A viaxe de Tarímenes, 1804).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aventureiro francés, posiblemente orixinario do Rossellón. Entrou na Península Ibérica cos exércitos de Napoleón e serviu de espía a favor dos rebeldes. Permaneceu en Barcelona, onde no 1821 organizou un complot republicano. Posteriormente, pasou a defender a Fernando VII e converteuse en caudillo absolutista. Unha sinalada vitoria en Guadalajara valeulle o ascenso a xeneral. No 1825 organizou unha revolta ultrarrealista en Brihuega (Castela) e, despois de ser feito prisioneiro, foi fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Preto de Sigmaringen. Fundada polos agostiños no 1077, foi secularizada no 1802 e restaurada polos beneditinos no 1863. O seu abade leva o título de arquiabade. Foi un dos centros da restauración gregoriana na Alemaña meridional. Alberga unha institución dedicada á edición crítica da Vetus Latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Antes da Segunda Guerra Mundial militou no Partido Democrático Popular. No 1943 converteuse en presidente do Consello Nacional da Resistencia. Ministro de Asuntos Exteriores do goberno provisional de De Gaulle (1944-1946), asinou o tratado franco-soviético de Moscova (1944), preconizou a división de Alemaña e o illamento de España. Presidente do goberno provisional (1946) e do consello de ministros (1949-1950), fixo que o seu país adoptase a constitución da IV República. Ata o 1954 foi varias veces ministro de Asuntos Exteriores e favoreceu a Alianza Atlántica e a Unión Europea. Opúxose á independencia de Alxeria e ingresou na OAS (Organisation Armée Secrète), organización da que se chegou a converter no seu líder. Desde 1962 viviu no exilio en Brasil e Bélxica, ata 1968, ano no que regresou a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor en lingua alemana. Cultivou a poesía e a narración e sobresaíu como estilista. Destacan as obras Legenden der Zeit (Lendas do tempo, 1909) e Der Opfergang (Sacrificio, 1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor norteamericano. Permaneceu un tempo na Academia de Belas Artes de Pennsylvania, aínda que é de formación autodidacta. Foi catedrático de Arte da Universidade de Missouri (1877). Grande admirador dos pintores holandeses do s XVII, pintou escenas relacionadas coa vida do Mississipi e do Missouri, e tamén temas políticos. Defendeu a arte como imitación da beleza da natureza. Entre as súas obras destaca Traficante de peles descendendo o Missouri (1845).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1290-1319). Fillo e sucesor de Magnus I. Tivo que facer fronte a varias sublevacións, razón pola cal fuxiu a Dinamarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e físico norteamericano. Estudiou nas universidades de Chicago e Harvard e foi profesor en Princeton (1909-1912) e en Harvard (1919-1944). Realizou traballos sobre ecuacións diferenciais lineais e, baixo a influencia dos descubrimentos de Poincaré, empezou a traballar en Mecánica Teórica, especialmente en órbitas periódicas e estabilidade. Escribiu a memoria Dynamical System with Two Degrees of Freedom (1928) e estudiou o problema dos tres corpos mediante o método ergódico. Foi presidente da Asociación Americana para o Avance da Ciencia (AAAS). Entre outras obras, escribiu Relativity and Modern Physics (1923) e The Origin, Nature and Influence of Relativity (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Estudiou no Conservatorio de París onde foi alumno de Halévy e Gounod. Coa cantata Clovis et Clotilde gañou o Premio de Roma (1857), onde compuxo a ópera bufa Don Procopio e a suite sinfónica Roma. Dedicouse fundamentalmente á música escénica. Posto de moda o exotismo musical por Félicien David, moitos dos libretos que lle ofreceron reflectían ambientes orientais ou de países afastados. Dentro deste estilo compuxo as óperas Les pêcheurs de perles (Os pescadores de perlas, 1863), con libreto de Michel Carré e Cormon; La jolie fille de Perth (A guapa moza de Perth,1867) e Djamileh (1872). Tamén compuxo música de escena de ambiente provenzal para L’Arlésienne (A Arlesiana), de Alphonse Daudet (1872) e Carmen (1875), ópera con libreto extraído da novela de Prosper Mérimée, que renovou a ópera francesa coa súa espontaneidade, forza de sentimentos nos personaxes e variedade de melodías. Foi a súa obra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coas súas obras El cantar de la noche (1935) e Sonetos amorosos (1936) contribuíu á formación do movemento poético garcilasista, caracterizado pola volta ás composicións clásicas. Cómpre subliñar tamén a publicación de Más allá de las ruinas (1947) e La mutua primavera (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista danés. Publicou traballos de Dialectoloxía e, sobre todo, de Sintaxe; entre eles cómpre destacar L’ordre des mots en français moderne (A orde das palabras en francés moderno, 1928 e 1933) e Le problème da la transitivité en français moderne (O problema da transitividade no francés moderno, 1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico norteamericano de orixe holandesa. Estudiou na Universidade de Utrecht, e no ano 1946 preparouse en Harvard. Doutorouse na Universidade de Leiden en 1948 e volveu a Harvard. No ano 1958 nacionalizouse norteamericano. Estudiou o uso dos raios láser para a transmisión da información. Obtivo o Premio Nobel de Física en 1981 xunto con K. M. Siegbahn e A. L. Schawlow, pola súa contribución á espectroscopia de láser, máser e electróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e ensaísta. Ao longo da súa obra poética -Den fange guden (O deus cautivo, 1927)- intentou superar o individualismo pesimista mediante o compromiso social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo xornalístico multimedia dedicado á información económica que goza de gran prestixio no mundo financeiro, en especial nos EE UU, e que acadou unha gran sona a través da Internet. Así mesmo, dispón dunha rede con terminais informáticos propios que son alugados aos clientes, e nos que estes reciben un enorme fluxo de información económica actualizada, tendo acceso ademais a datos históricos do sector. O grupo toma o nome do seu fundador, Michael Bloomberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. No ano 1976 compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina con D. C. Gajdusek polos seus traballos sobre as proteínas séricas como marcadores xenéticos. Estas investigacións levárono ao descubrimento do antíxeno chamado Australia, e a súa relación coa hepatite vírica B.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Signo de irritación peritoneal, que consiste na provocación de dor moi intensa ao retirar de súpeto a man que oprimía unha zona determinada do abdome. Foi descrito polo cirurxián e xinecólogo alemán Jacob Moritz Blumberg (1873 - 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, organista e clavecinista. Considerado un dos precursores de Johann Sebastian Bach, sobre quen influíu, os seus preludios caracterízanse pola riqueza de figuras do cantus firmus e polos ornamentos inspirados na música francesa de clavecín. Entre a súa produción destacan as fugas, os preludios e as suites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia do Transvaal, Sudáfrica (119.890 h [1991]). Debido aos recursos auríferos do contorno, é un importante centro mineiro. A actividade industrial básica é a maquinaria e a petroquímica; posúe tamén unha refinería de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico inglés. Deseñou o IPCS (Image Photon Counting System), detector luminoso baseado na amplificación e na acumulación dos fotóns luminosos recibidos dende fontes moi febles (cámara de conta de fotóns), cos quasares afastados, que estudiou xunto con Wallance Sargent. Participou no deseño de satélites científicos e astronómicos. A partir de 1981 dirixiu o Royal Greenwich Observatory.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista profesional de carácter técnico editada entre os anos 1907 e 1916 en Santiago de Compostela. Tiña unha periodicidade mensual.

    VER O DETALLE DO TERMO