"Rab" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 681.

  • Substancia en forma de pos brancos, inodora, amarga, pouco soluble en auga, pero soluble en alcohol, éter, acetona e cloroformo. Emprégase como antiséptico, antifermentativo e funxistático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade vírica descuberta en 1902 polo bacteriólogo húngaro A. Aujeszky (1869-1933), que causa trastornos respiratorios e no sistema nervioso dos porcos. Tamén pode afectar a bovinos, ovinos, cans e gatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Mar Adriático, pertencente a Croacia (93 km2; 9.205 h [1991]). É un importante centro turístico. A súa capital, Rab, foi bispado católico ata 1828.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cebo preparado coas ovas do bacallau ou da pescada.

    2. Folla dura do nabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Europa Central (398 km). Nace na vertente meridional dos Alpes de Fischbach, na rexión de Estiria, entra en Hungría e desemboca no Danubio pola dereita, pasada a cidade de Győr.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que nace na parroquia de Lousame e rega as de Tállara (Lousame) e Barro. Desemboca na ría de Muros e Noia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. peixe sapo.

    2. Extremo da cola e parte final do tronco dos peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pastor principal dun rabaño que pode ter ás súas ordes a outros pastores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Vicenzo que dá nome ao concello de Rábade, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Lugo, situado no centro da provincia de Lugo. Limita ao N e ao O co concello de Begonte (comarca de Terra Chá), e ao S e L con Outeiro de Rei (comarca de Lugo). Abrangue unha superficie de 5,2 km 2, en que acolle unha poboación de 1.699 h (2007), distribuída nunha única parroquia, Rábade. A súa capital é a vila de Rábade, que se sitúa a 43° 07’ 18’’ de latitude N e 7° 37’ 25’’ de lonxitude O, e dista 15 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Lugo.
    Xeografía física
    O concello de Rábade atópase integrado dentro do conxunto da Terra Chá, polo que o substrato litolóxico sobre o que se asenta non presenta grandes complicacións dadas as súas escasas dimensións, e por atoparse nunha área de sedimentos aluviais cuaternarios arrastrados polo río Miño e lousas cámbricas. As formas do relevo presentan unha topografía de chaira, só incidida levemente na parte oriental polo paso do río Miño. Desde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, autor e director teatral. Participou como actor en diversas montaxes da Escola Dramática Galega, como A noite vai coma un río (1979), de A. Cunqueiro; e dirixiu O paseio de Buster Keaton (1980), de F. García Lorca. Coa compañía Luís Seoane interpetou Dansen (1980), de B. Brecht. Escribiu os dramas Lenda antiga do home que quererá voar (1979, Premio Teatro Breve da EDG), en que trata a submisión do home actual á ciencia e ao progreso; e A outra historia de Brancaneves (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Desde 1983 é catedrático numerario de Lingua e Literatura Galegas do Instituto Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) da Coruña. Foi secretario da comisión lingüística da Associaçom Galega da Língua (1980-1988) e formou parte do consello de redacción de Agália ata 1995. Publicou varias obras, tanto de tipo gramatical como pedagóxicas. Entre as primerias cómpre destacar Língua: gramática metódica da língua galega (1980) e Nova gramática para a aprendizaxe da língua (1988), ambas as dúas en colaboración; Normas ortográficas do idioma galego. Texto íntegro, guia e comentários (1980) e Estudo crítico das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1983). En canto ao material pedagóxico publicou, en colaboración, Língua galega 2 (1981) e E non chegou a ser palabra (1995); Actividades de léxico 1 (1990) e Actividades de léxico 2 (1990), que tamén dirixiu e coordinou; Actividades de expresión oral e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Membro do grupo poético Cravo Fondo e cofundador do PEN Club de Galicia, colabora en diversas publicacións periódicas, como o Boletín Galego de Literatura, Dorna e Follas Secas con artigos sobre temas literarios e lingüísticos. Na súa obra poética, en que a paisaxe galega é un dos elementos centrais, abundan os trazos intimistas e pesimistas, xunto con algúns elementos eróticos. Publicou os poemarios Xuntos cara ao mañán (1969), Sangue na paisaxe (1980, Premio Manuel Antonio), No aló de nós (1981, Premio Galicia), en colaboración con H. Villar Janeiro; Matria de sombra (1987), Poldros de música (1993, XIII Premio Esquío) e Os dedos dos loureiros (2000); no apartado de literatura infantil, tamén con H. Villar, Contos de nós e da xente (1975) e O libro de María (1984); as novelas Morrer en Vilaquinte (1980, Premio Galicia), en colaboración con H. Villar; Branca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo. Doutor en Filosofía e catedrático emérito da Universidad Complutense de Madrid, foi vicerreitor da mesma, director do Instituto de Filosofía Luis Vives e primeiro reitor da Universidade San Pablo CEU. Publicou Verdad, conocimiento y ser (1965), Guillermo de Ockham y la filosofía del siglo XIV (1966), Hume y el fenomenismo moderno (1974), Método y pensamiento en la modernidad (1981), La razón y lo irracional (1994) e Teoría del conocimiento (1998). Recibiu a medalla de ouro da Universidad Complutense de Madrid e a Encomienda de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Coñecida como María do Cebreiro, foi profesora de literatura occidental e comparada na Universidade de Porto, colabora en diversas revistas, como Boletín Galego de Literatura, Dorna e Grial. Coordinadora das antoloxías A poesía é o gran milagre do mundo (2001) e Damas Negras (2002), escribiu os poemarios O estadio do espello (1998), Nós as inadaptadas (2002) e Non queres que o poema te coñeza (2004, II Premio Caixanova de Poesía).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Miño ao seu paso por Rábade. Realizouse con laxes de xisto e presenta seis vans antigos (ss XIV-XV), formados por arcos oxivais, e tres novos. Os tallamares son triangulares. Foi ancheada con formigón. Atópase na estrada da Coruña a Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rexión do corpo correspondente ao cóccix e á terminación do sacro.

    2. Protuberancia enriba do ano das aves de onde saen as plumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ría de Betanzos situada na parroquia de Dexo (Oleiros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO