"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade deportiva fundada no Porriño o 15 de outubro de 1988 (data de aprobación dos seus estatutos). A súa actividade céntrase no balonmán, con equipos de categorías masculinas e femininas. Na categoría femenina acadou os seus maiores éxitos deportivos, como herdeiro da tradición balonmanística da vila, que xa tivera un equipo feminino na División de Honor na década de 1970. Na tempada 1994-1995 proclamouse subcampión galego e acadou o ascenso á Primeira División, na que participou as dúas campañas seguintes. Na tempada 1996-1997 logrou o ascenso á División de Honor, na que disputou as tempadas 1997-1998, 1998-1999, 1999-2000 e 2000-2001. Ademais dos éxitos colectivos, varias xogadoras formadas no club foron convocadas polas distintas seleccións españolas: entre elas destacan Lorena Domínguez Castro e Andrea Arias Dasilva.
-
-
Agrupamento de sectores dun disco.
-
Proceso no que se instalan novos procesadores nun sistema informático coa finalidade de dotalo de maiores capacidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fento de rizomas serpeantes e frondes de ata 40 cm, bipinnatisectas, cos segmentos flabeliformes ou cuneiformes, cos soros protexidos nuns lóbulos na punta das frondes e cos pecíolos negros e lustrosos. É moi común en rochas e muros húmidos, e empregouse en xaropes e tisanas para aproveitar as súas propiedades expectorantes.
-
PERSOEIRO
Escritor portugués. Estudiou dereito en Coimbra e exerceu como maxistrado. Da súa produción destaca In illo tempore (1902), Os meus amores (1891) e Manual político do cidadão português (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pescozo postizo que usan certos capeláns.
-
Moldura que rodea a parte inferior do capitel, situada entre este e o fuste da columna.
-
Peza metálica en forma de anel que vai montada sobre unha árbore ou eixe e que serve de tope ou guía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma leve de cólera con diarrea como único síntoma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
colesterol.
-
-
Antiga arma de fogo portátil que consiste nun canón unido por aneis a unha caixa que remata en punta. Empregouse na Península Ibérica a partir do s XV.
-
Peza de artillería dos ss XVI e XVII de grande alcance. Está construída en bronce e o seu corpo ten un ancho de entre vinte e oito e trinta e tres bocas de fogo; exteriormente é troncocónica. Dispara balas de ferro cunha carga de pólvora do mesmo peso que o proxectil. Esta arma recibe tamén outros nomes como falconete, falcón ou media colobrina, segundo a cantidade de balas que poida lanzar.
-
Cartucho de cartón reforzado con papel encolado e cheo de xofre, salitre, carbón e pólvora, que serve para encher a cabeza dos antigos foguetes de guerra.
-
-
CIDADES
Cidade do estado de Colorado, EE UU, nos contrafortes dos Pikes Peack (281.140 h [1990]). É un importante centro comercial dunha rexión mineira, onde as industrias alimentarias son un complemento á súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Intervención cirúrxica plástica practicada sobre a vaxina e o perineo posterior para reparar laceracións producidas no parto.
-
-
Arma de fogo portátil que apareceu na Península Ibérica a finais do s XIV procedente de Francia ou Italia. Estaba formada orixinariamente por un canón máis curto ca o do fusil, unido a unha caixa. Durante o s XV evolucionou e dotouse dunha culata para apoiar no corpo e perdeu peso ata que se converteu nunha espingarda.
-
Peza de artillería realizada en bronce, longa e de pouco calibre pero con moito alcance, que apareceu no s XV e caeu en desuso no s XVIII.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sindicato galego xurdido na década dos setenta para diminuír o peso que as confrarías de pescadores, con vocación vertical, tiñan no sector dos traballadores do mar. Agrupa o conxunto de traballadores de baixura, altura, marisqueo e acuicultura, ademais de pequenos armadores. A súa primeira asemblea, que se celebrou na Illa de Arousa en xaneiro de 1975 como culminación de anteriores asembleas de portos, aprobou a Plataforma reivindicativa dos traballadores do mar de pesca de altura e litoral. Neste documento, que serviu de programa provisional, propúñase a explotación racional dos recursos do mar, solicitábanse medidas de seguridade no posto de traballo, un salario mínimo (que naquel momento se establecía en 25.000 pesetas con independencia da participación na pesca capturada), unha xornada de oito horas e outras medidas sociais, e esixíase a supresión da lexislación militar na pesca. Nos primeiros anos foron os seus responsables Manuel Pillado, Begoña Palacio, Tito Ucha e Romualdo...
-
CABOS
Cabo que constitúe o extremo meridional da península do Deccan e da India, á beira do Océano Índico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía creada en 1776 co fin de atender as necesidades de formación dos oficiais da Armada, de acordo coas novas esixencias da navegación e da guerra. Constituíuse como un centro científico no contexto do movemento ilustrado. Seguindo o modelo da que existía en Cádiz, tiña unha estrutura militar e outra docente, constituída pola Academia, supeditada á primeira. O mando correspondía a un capitán de navío. O primeiro en exercer o cargo foi Francisco Javier de Winthuysen. Os gardas mariñas de Ferrol chegaron a dispoñer dun regulamento específico: Instrución para Guardias Marinas de la Compañía del Ferrol (1806). A creación desta compañía axudou a impulsar a actividade do departamento naval de Ferrol e favoreceu que acudisen pilotos, astrónomos, matemáticos e outros especialistas á cidade. Ademais, a Academia posuía un observatorio único en Galicia. Nas clases de capacitación para oficiais estudiábase aritmética, xeometría, trigonometría, cosmografía, navegación, artillería e manobras....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título xurisdicional concedido en 1530 a Luís I de Borbón-Condé (1530-1569), duque de Vendôme, sobre o señorío de Condé-sur-l’Escaut, pertencente aos Borbóns. Os seus descendentes formaron a rama de Condé da casa de Borbón. Entre os membros desta casa principesca destacaron Luís II de Borbón-Condé (1621-1686), coñecido como o Grand Condé, Luís V Xosé de Borbón-Condé (1736-1818) e Luís Antonio Enrique de Borbón-Condé (1772-1804). O pai deste último, Luís IV Enrique Xosé de Borbón-Condé (1756 - 1830), derradeiro príncipe de Condé, cedeu os seus bens ao príncipe Enrique de Orlèans, duque de Aumale, fillo do Rei Luís Filipe I. O título de príncipe de Condé restableceuno este rei e cedeullo a Luís Filipe de Orlèans, fillo do duque de Aumale. Extinguiuse á súa morte (1866).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que, xunto coa glutina, forma parte da xelatina obtida por hidrólise parcial do coláxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unión política que agrupou a diversos estados alemáns entre 1806 e 1813. Naceu trala sinatura do Tratado de París (12.7.1806) por parte dos principados alemáns que se separaron do Sacro Imperio Romano Xermánico. Inicialmente, formábana sete estados alemáns, que constituíron un instrumento político nas mans de Napoleón, quen se declarou o seu protector, asinou unha alianza e se reservou a dirección da política exterior e o mando das forzas armadas. A súa submisión ao Imperio Francés reforzouse polos matrimonios de Eugène de Beauharnais, cuñado de Napoleón, con Augusta de Baviera, e de Jerome Bonaparte con Caterina de Württemberg (1807). Os estados convertéronse en reinos e Joachim Murat recibiu o ducado de Berg. A derrota de Prusia na Batalla de Jena (1806) fortaleceu a Confederación, á que se uniron, entre outros, o duque de Würzburg, o elector de Saxonia e en 1807 o reino de Westfalia, creado para Jerome Bonaparte. En 1808 todos os estados alemáns, agás Prusia, formaban parte da Confederación....
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Rairiz de Veiga. Construída no s XVIII, destacan os relevos atribuídos a Francisco de Moure.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Glicósido cristalizable do zume das coníferas, que se obtén a partir do alcohol coniferílico (constituínte da lignina), e que por desdobramento e oxidación orixina a vanilina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Factor inverso do poder dispersivo.