"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extracto preparado principalmente coa cortiza, as raíces ou os talos de diversas especies do xénero Strychnos e Chondodedron. Os indíxenas de América do Sur úsano para envelenar as puntas das frechas. De composición e aspecto variables, os seus principios activos máis importantes son a curarina e os seus derivados. Produce unha parálise semellante á tetánica e chega a provocar a morte por asfixia ao parar os movementos respiratorios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide do curare que se emprega en cirurxía como coadxuvante da anestesia xeral e para evitar convulsións en diversas enfermidades.
-
PERSOEIRO
Escultor. Formouse no obradoiro de Arturo Desdre (1905) e na Academia de Bellas Artes de Bos Aires. En 1910 recibiu unha bolsa e viaxou a Florencia. Durante as súas estancias en Europa coñeceu o cubismo e, tralo seu regreso, introduciuno en Arxentina. Evolucionou dende a estética academicista ata a redución do motivo escultórico a formas xeométricas e simples. Entre as súas obras destacan El hombre del contrabajo (1922), Ninfa acostada (1924), Los acróbatas (1923) e Caída de Ícaro (1926). Entre outras mostras, participou no Salon des Indépendants (París, 1946-1949), na Bienal de Venecia (1952) e na Bienal de São Paulo (1957). Recibiu, entre outros premios, a Medalla de Prata da Exposición de Artes Decorativas (1926) e o I Premio no Salón Nacional de Artes Plásticas de Bos Aires (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para curar.
-
-
Cargo que desempeña o cura párroco.
-
Territorio que está baixo a xurisdición dun cura párroco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
quraxita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Temperatura por riba da que todas as substancias ferromagnéticas e ferrimagnéticas se volven paramagnéticas. Polo xeral, a temperatura de Curie é inferior á de fusión. Tamén se coñece como punto de Curie.
-
-
-
Calidade de curvo.
-
Forma curva dun corpo.
-
-
Límite da razón, nunha curva plana, entre a variación da inclinación da tanxente sobre un arco dado e a lonxitude deste arco ao facelo tender a cero. Analiticamente, defínese mediante a expresión:
FORMULA
na que f(x) é a ecuación da curva en coordenadas cartesianas. -
Aberración xeométrica consistente na imposibilidade de conseguir imaxes nítidas sobre unha superficie plana dun obxecto plano e perpendicular ao eixe dun sistema óptico, dado que os círculos de máxima nitidez non forman, en xeral, un plano.
-
No marco da relatividade xeral, propiedade xeométrica do espacio-tempo pola que este se curva por mor da presenza de materia. O movemento das masas enténdese como un movemento libre ao longo das xeodésicas do espacio-tempo, en lugar de selo en termos da interacción gravitacional. O tensor de curvatura explicita matematicamente esta propiedade.
-
Raio dunha circunferencia que ten unha curvatura que coincide coa dunha curva nun punto dado. Esta circunferencia recibe o nome de círculo de curvatura ou ben círculo osculador. O valor R do raio da curvatura é o inverso da curvatura C. O centro do círculo osculador recibe o nome de centro de curvatura da curva.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cousa que se cospe ou expulsa da boca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero da plantas, da familia das solanáceas, caracterizadas por presentar flores pentámeras con forma de funil, que comprende dez especies das zonas tropicais e cálidas do mundo. En Galicia están presentes, como especies alóctonas, de orixe americana: D. stramonium, de ata 100 cm de altura, de aspecto ramalludo e cuberta de longas espiñas, con follas de ata 20 cm de longo e dentadas, flores brancas e froitos constituídos por cápsulas de cor verde de 5 cm de lonxitude, que aparece en medios ruderais como cultivos e lugares incultos e removidos nitrificados, e que presenta alcaloides derivados do tropano -de acción antiespasmódica, antiasmática e antiparkinsoniana-. As follas frescas trituradas empréganse como analxésico local e as follas desecadas fúmanse para solucionar problemas respiratorios e como alucinóxeno pola súa acción soporífera e hipnótica; e D. arborea, procedente dos Andes peruanos, con follas caducas grandes e oblongas, flores brancas de ata 250 mm e fedorentas...
-
PERSOEIRO
Pintor. En 1939 estableceuse en Virginia onde exerceu a docencia. A súa arte partiu do fauvismo e cultivou todos os xéneros, entre os que cómpre salientar a decoración mural. Foi membro de Cercle et Carré e autor do seu anagrama.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Coreógrafa estadounidense. Representante da danza minimalista, realizou entre outras coreografías, Dance (Danza, 1978), Music (Música, 1980) e Space (Espacio, 1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor de mimo francés. Comezou a traballar en París, no Boulevard du Crime e no Théâtre des Funambules, e fixo unha destacada recreación de Pierrot.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Poñer algo ao sol ou ao aire para que, ao ventilarse, seque ou se lle quite a humidade.
-
Pór a roupa ao clareo.
-
Secar ou perder a humidade algo que se ventila ao sol ou ao aire.
-
Deixar de chover.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zona do delta do Ebro, considerada espazo protexido desde 1983 e ampliada no ano 1986, cando se constituíu en parque natural. Cunha superficie total de 7.736 ha, comprende un variado conxunto de medios húmidos, entre os que destacan as zonas salobres, as dunas, os carrizais e os lagos de auga doce. Unha gran parte deste medio natural substituíuse por cultivos de arroz que ademais de ocupar unha grande extensión, supoñen un perigo para a fauna do contorno, debido ao emprego masivo de biocidas para controlar os insectos que se alimentan da planta do arroz. No delta existen máis de 515 especies de plantas e máis de 260 de aves tendo, o Delta de l’Ebre especial importancia como rexufio de aves invernantes, ata un 10% das anátidas da Península Ibérica, entre as que destaca o pato cullerete, o pato asubiador e o alavanco
-
-
Conxunto de dentes das persoas e do resto dos vertebrados.
-
Prótese que substitúe os dentes perdidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
pendurar
-
-
Acción de depurar.
-
-
Operación industrial consistente en eliminar o contido dos microorganismos -que, ás veces, poden ser patóxenos- que acumulan os moluscos criados en augas mariñas contaminadas.
-
depuración de augas residuais
Tratamento ao que se someten as augas residuais das poboacións ou das industrias co fin de separar delas elementos prexudiciais ou transformalos de maneira que resulten inofensivos. A depuración pode ser completa e pode ir seguida dunha etapa de potabilización, se a auga depurada se vai empregar de novo nas poboacións, ou ben reducirse a unha fase de eliminación dos elementos contaminantes, se a auga ten que retornar ao río ou ao mar. Esta fase consiste nunha separación, coa axuda de coagulantes, e nunha filtración. Para facilitar a sedimentación tense que someter a materia orgánica a un proceso de oxidación bacteriana denominada dixestión. Para coñecer a cantidade de materia orgánica disolta por unidade de volume, determínase a demanda biolóxica de osíxeno (DBO). Tamén se efectúa a determinación de metais pesados, fenois, deterxentes, compostos nitroxenados, etc.
-
-
Acción política encamiñada a manter e garantir a homoxeneidade político-ideolóxica dun réxime político mediante a eliminación dos membros considerados perigosos ou contrarios, ou acusados de colaborar co inimigo. En España as depuracións iniciáronse en 1823 coas purificacións incoadas a todos os funcionarios civís ou militares que desempeñaron cargos durante o Trienio Constitucional, e que podían ser declarados puros, impurificados ou impuros. No franquismo, afectaron aos mandos republicanos no exército e a determinados sectores da función pública, como a educación. En Europa, o nazismo practicounas no Partido Socialdemócrata Nazi a partir de 1938, separando a cargos disidentes na administración e no exército. Na Unión Soviética, producíronse en 1921 purgas no Partido Comunista Ruso, e co stalinismo, a partir de 1935, practicáronse depuracións sistemáticas no PCUS, que culminaron nos Procesos de Moscova (1936-1938). Os procesos xeneralizáronse trala Segunda Guerra Mundial para determinar...
-
olume de plasma que depura o ril ou outro órgano dunha substancia determinada e nunha unidade de tempo. A medida da depuración de substancias é un método efectivo para valorar a función renal, e exprésase en ml/min.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á persoa ou ao aparato que depura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instalación ou instrumento onde ten lugar a depuración.