"xia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 855.

  • Parálise que afecta aos órganos da fonación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que estudia a larinxe e as súas enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise dos músculos da larinxe que provoca afonía cando a lesión afecta os nervios dos dous lados, con parálise das cordas vocais e disfonía, con voz bitonal, se a lesión é unilateral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre as de Insua e Montegordo, na parroquia de Touriñán (Muxía).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da entomoloxía que estudia os lepidópteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás leptosporanxiadas.

    2. Planta da subclase das leptosporanxiadas.

    3. Subclase de plantas, da división dos pterófitos, que se caracteriza por presentar esporanxios que se forman a partir dunha soa célula e teñen paredes unistratificadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sono anormal, profundo e continuado, durante o que o enfermo só pode dar algunhas respostas vagas, sen espertarse por completo nin gardar ningún recordo.

      2. Estado de inacción e de indiferencia.

      3. Estado de inactividade polo que pasan determinados animais cando as condicións do medio son desfavorables. A letarxia caracterízase pola redución ao mínimo do metabolismo, da temperatura corporal, do ritmo respiratorio e cardíaco ou da produción de enzimas. Durante a letarxia o animal vive das reservas acumuladas durante a época favorable. OBS: Recibe o nome de hibernación ou de estivación, segundo coincida cos meses fríos ou cos cálidos.

    1. Magnitude sen dimensións, igual a log E 0 /E (sendo E e E 0 dous valores da enerxía dun sistema), que permite simplificar a formulación no estudo da diminución de enerxía nun proceso físico, como é a moderación dos neutróns nun reactor nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Auga que ten en disolución sales alcalinos ou álcalis.

      2. lixivia de hipoclorito

        Disolución acuosa de hipoclorito potásico, nun exceso de hidróxido potásico.

    1. Líquido alcalino que se emprega para branquear a roupa ou quitarlle as manchas. Antigamente obtíñase tratando con auga fervendo a cinza do carbón, pero actualmente emprégase unha disolución acuosa de sales alcalinos, especialmente de hipoclorito sódico.

    2. Disolución que se emprega na fabricación da pasta de celulosa para a separación da lignina da pasta. Os seus compoñentes básicos son o sulfito ou sulfato cálcico, magnésico, sódico ou amónico, ou ben a sosa cáustica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio sincrónico da significación das palabras, como elementos interdependentes dunha estrutura de carácter social. Subordinada á lexicografía ata o s XX, os novos conceptos metodolóxicos de Ferdinand de Saussure, primeiro, e do Círculo Lingüístico de Praga, máis tarde, transformárona nunha ciencia autónoma, independente tanto da lexicografía como da morfoloxía, a etimoloxía e a estilística. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do PC desde 1927, participou na Longa Marcha (1934-1935) e converteuse en gobernador de Hubei (1949). Viceprimeiro ministro e ministro de Finanzas, caeu en desgraza durante a Revolución Cultural (1966-1969), pero foi rehabilitado en 1973. En 1983 foi elixido presidente da república, cargo que abandonou en 1988.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acurtamento e fixación dos ligamentos dun órgano para corrixir unha desviación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia as augas continentais, lagos, ríos e encoros, en todos os aspectos, no xeográfico, xeolóxico, físico, químico e biótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialidade da botánica consagrada ao estudo dos liques. A súa creación parte da obra do sueco Erik Acharius (1757-1819). O seu labor de descrición e ordenación das novas especies, baseada aínda sobre caracteres macroscópicos pero feita segundo criterios modernos, foi ampliada por Elias Magnus Fries (1794-1878). Posteriormente, o italiano De Notaris empregou os caracteres microscópicos e Fréderic Nylander (1822-1889) engadiu a utilización de reaccións coloreadas. Simon Schwendener (1826-1919) demostrou a composición dobre dos liques. Actualmente, trabállase intensamente na química, a fisioloxía e a ecoloxía dos liques.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da xeoloxía que estudia as características físicoquímicas das rochas, así como as condicións baixo as que se formaron. A litoloxía e a mineraloxía comezaron sendo ciencias de observación dedicadas ao estudo das propiedades ópticas das rochas e minerais (cor, brillo, dureza ou tamaño dos grans). A ansia investigadora dos humanistas dos ss XV-XVI foi a que fomentou o desenvolvemento das denominadas Ciencias da Terra. A xeoloxía, estudo da orixe das rochas e da súa disposición, non sería abordada en profundidade ata finais do s XVII, aínda que importantes precursores como Bernard Passily ou Leonardo da Vinci iniciaron o estudo de fósiles mariños. O extraordinario desenvolvemento da química desde comenzos do s XIX permitiu definir con claridade as nocións de rocha e de especie mineral, feito que fixo posible unha clasificación racional dos tipos de rochas e dos seus compoñentes. A aparición de novas técnicas de análise no laboratorio (raios-X, novos métodos de difracción ou a...

    2. Parte da medicina relativa aos cálculos e ás concrecións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de ritos e oracións que constitúen o culto divino nunha comunidade relixiosa. En sentido estricto, é o culto público ofrecido a Deus pola Igrexa en nome de Xesús Cristo, e celebrado polo sacerdote. Segundo o Concilio Vaticano II, a obra da redención humana e da perfecta glorificación de Deus, faise presente polo sacrificio e polos sacramentos, e arredor deles xira toda a vida litúrxica. A liturxia comprende a misa, os sacramentos, o oficio divino e a celebración dos misterios de Xesús Cristo a través do ano litúrxico. Na Igrexa Católica a liturxia romana partiu das formas da liturxia xudía empregadas por Xesús Cristo e os apóstolos, orixinándose en Roma e configurándose baixo a acción dos papas. O período que vai desde as orixes ata finais do s IV caracterizouse pola improvisación, do que quedou testemuño a primeira descrición da misa do mártir Xustino, nun intento de fixar as tradicións orais. A segunda etapa (de mediados do s IV a finais do s VII) destacou pola influencia dos...

    2. Forma concreta de celebrar o culto litúrxico segundo cada Igrexa ou cada grupo étnico. As diferentes liturxias ou ritos cristiáns poden ser agrupados en familias litúrxicas segundo a orixe de cada unha delas. Así, temos as liturxias occidentais, que agrupan os ritos romano, practicado pola Igrexa Católica, o visigodo, tamén chamado mozárabe ou hispánico, o ambrosiano ou milanés, e o galicano. Nas liturxias orientais temos a familias alexandrina e a antioquena. A liturxia protestante varía segundo as Igrexas e o reformador de quen dependen.

    3. Expresión que designa a loanza eterna, de acordo coa visión libre da Apocalipse. Na tradición bizantina é unha expresión moi corrente, xa que a celebración litúrxica sempre é vista como unha imaxe do ceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase, en dereito feudal, á homenaxe en que o vasalo xuraba fidelidade absoluta ao seu señor, con vínculos máis fortes ca os da homenaxe ordinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise dos órganos da fala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome de Lorena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade estratigráfica en desuso, pertencente á parte superior do piso Sinemuriano.

    VER O DETALLE DO TERMO