"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Organización dos mestres de Santiago de Compostela oficialmente constituída en xaneiro de 1893 en Santiago de Compostela, aínda que a prensa xa anunciaba a súa fundación o 6 de febreiro de 1887. Pertencía ao grupo de asociacións de carácter mutualista e de socorros mutuos, é decir, de axuda benéfica e de coñecementos. Entre os seus obxectivos máis inmediatos estaban conseguir a fraternidade entre todos os ensinantes e o socorro mutuo científico e material entre os seus afiliados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada o 23 de marzo de 1898 en Santiago de Compostela, foi a primeira organización patronal desta cidade e unha das primeiras de Galicia. O seu obxectivo básico era a defensa mutua e protección recíproca dos seus asociados, cando a súa autoridade ou os seus intereses de clase estivesen ameazados polo obreiro, especialmente na folga ou no paro. Non se admitía ningún aprendiz (menor de 16 anos) que estivese afiliado a calquera das sociedades de resistencia da cidade e, sobre todo, aqueles que xa pertenceran ás organizacións obreiras, procurando os seus xefes que abandonasen esta afiliación. Por outra banda, os afiliados a esta patronal, comprometíanse a non dar traballo a aquel obreiro que non viñese provisto dun documento, expedido polo seu anterior patrón, no que se informaba de que abandonaba o traballo voluntariamente sen ter secundado protestas obreiras ou ter cometido faltas graves na empresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización mariñeira de carácter parroquial fundada o 11 de marzo de 1900 en Cangas do Morrazo. Foi unha das primeiras asociacións dos traballadores do mar aparecidas no Morrazo. A súa fundación está relacionada co nacemento das primeiras sociedades de resistencia na pesca (1895-1910), caracterizadas por ser organizacións que englobaban mariñeiros e pequenos armadores, co obxectivo de paliar a situación de indefensión na que se atopaba o sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación encargada de organizar, anualmente, os premios AMPE de publicidade. Está formada pola maioría dos medios de comunicación españois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización agraria máis antiga da vila de Betanzos constituída oficialmente en decembro de 1900. A súa fundación foi alentada no transcurso dunha visita que o líder socialista Pablo Iglesias realizou en 1899 á vila. Esta organización labrega, de orientación socialista, estaba conformada por xornaleiros, arrendatarios e pequenos propietarios de terras. Entre os seus obxectivos estaban os de mellorar a condición económica, moral e intelectual dos afiliados, establecendo relacións de solidariedade coas demais asociacións de carácter obreiro. Interveu nas loitas electorais municipais dende 1901, apoiando aos candidatos socialistas; e do mesmo xeito, entre 1907 e 1909, apoiou a Solidaridad Gallega, enfrontándose así ao caciquismo liberal do distrito. Nos anos da II República estivo adherida á Federación Agraria do Partido Judicial de Betanzos. Desapareceu nos comezos do alzamento militar de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de restauradores galegos, espallados por toda España, que naceu en 1986, pola iniciativa dun grupo de propietarios de restaurantes, encabezados por Indalecio Pascual, coa idea de aunar esforzos a prol da defensa e promoción colectiva dos valores culturais e gastronómicos da cociña galega. Ata 1996 estivo presidida por José Limeres Guillé e, dende entón, ocupa a presidencia Elicio Magallanes Rodríguez. Esta asociación, que ten representantes nas catro provincias galegas e tamén en Madrid, Barcelona, Badajoz e Huelva, colabora habitualmente coa administración galega en proxectos divulgativos da gastronomía de Galicia e, dende os seus comezos, edita anualmente a revista Lareira, de contidos gastronómicos-turísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de carácter benéfico constituída en 1891 en Santiago de Compostela por iniciativa da Condesa viúva de Taboada. Foi a sucesora dunha experiencia similar en 1855. Os seus obxectivos principais foron a vixilancia da roupa, alimentos e sanidade dos establecementos benéficos da cidade, fundamentalmente do Hospicio. As donas da alta sociedade compostelá controlaban a súa xestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación Máximo Gorki de Solidariedade entre os Pobos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que agrupa as principais axencias de publicidade e centrais de medios de España. É a promotora do Festival Publicitario de San Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que agrupa os principais anunciantes de España. Anualmente entrega os premios EFI de Eficacia na Comunicación Comercial, que organiza Consultores de Publicidad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización integrada por licenciados e doutores en ciencias da información (xornalismo, publicidade, relacións públicas e comunicación audiovisual) de España, co fin de defender corporativamente os seus intereses, desenvolvendo actividades académicas e profesionais entre os seus asociados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización con sede en Barcelona integrada por empresas dedicadas ao márketing directo, publicidade directa, telemárketing e empresas de venda por correo. Entre os seus asociados atópanse axencias como Bates Direct, Cano & Martínez, Diálogo & Relación, Europ RSCG e Ogilvy One.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade de ámbito estatal que ten por fin agrupar os que se interesan por temas científicos orientais, entendendo o orientalismo en sentido amplo, dende o Afastado Oriente ata as culturas europeas e africanas que teñen relación co mundo oriental. Foi fundada en 1965 por Félix M. Pareja i Casañas e ten a súa sede en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación constituída polas canles de televisión españolas co obxectivo de uniformizar os métodos de medición de audiencias do país e garantir a súa fiabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cultural creada en decembro de 1996 en Santiago de Compostela. O seu principal obxectivo é fomentar e estender en Galicia a afección pola arte lírica (ópera, zarzuela, canción, lied, etc) e outras manifestacións musicais. A primeira e actual xunta directiva está presidida por José Víctor Carou Fernández. O concerto inaugural da asociación tivo lugar o 24 de setembro de 1997 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Dende 1998 edita a revista trimestral Cavatina, primeira revista feita en Galicia e en galego totalmente dedicada á ópera e á lírica, con especial atención á actualidade musical galega. Entre as actividades organizadas, destaca o Ciclo de Novos Intérpretes Galegos, así como o ciclo de conferencias e concertos “Unha pequena historia da ópera”, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Nas súas temporadas de concertos interviñeron, entre outros intérpretes, Teresa Berganza, Cecilia Lavilla, Enrique Viana, Ángeles Blancas, xunto aos galegos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade creada en Santiago de Compostela en xaneiro de 1983 por iniciativa de vinte artesáns profesionais de toda Galicia co obxectivo de promover a artesanía. Presidida por Manuel González Arias, conta cuns 300 asociados de diferentes oficios en toda a comunidade autónoma. Organiza feiras comerciais como Mostrart (A Coruña), Ofeitoaman (Vigo), Navidart (Ferrol) ou Artesanoia (Noia); promove exposicións non comerciais como Outrasartesanías (Coruña, 1983-1984), Textil contemporáneo (A Coruña 1987), Cartón (Ribadavia 1988 e A Coruña 1989) e tamén ten presenza internacional (O Porto, Bruxelas, Aviñón, Lisboa, Berlín). Organiza xornadas de artesanía, encontros de Ceramistas europeos en Galicia, cursos monográficos de comercialización e deseño, etc. Presentou material promocional sobre Artesanía de Galicia en feiras como Fitur, Congreso FEGAEX (O Brasil), Feira de Braga, Feira Iberoamericana de artesanía (Canarias), Exposición Ministerio de Industria (Cuba), Celtic Excellence (Bruxelas). Promove...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1980 por Arxentina, Bolivia, O Brasil, Colombia, Chile, Ecuador, México, Paraguai, Perú, Uruguai e Venezuela en substitución da Asociación Latinoamericana de Libre Comercio (ALALC), co obxectivo de facilitar os intercambios comerciais entre os seus membros. Limítase a fixar cláusulas de comercio preferencial entre os seus asociados e a propoñer medidas tendentes a dinamizar algúns sectores económicos comúns. Non pretende unha auténtica política común, nin económica nin exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada polo tratado de Montevideo en febreiro de 1960, formada por Arxentina, O Brasil, Perú, México, Paraguai, Uruguai e Chile. En outubro do mesmo ano adheríronse Colombia e Ecuador e en 1966 Venezuela. Tiña como finalidade reducir progresivamente as tarifas e outros obstáculos ao libre comercio ata chegar á plena liberación do comercio entre os países asinantes. No ano 1980 transformouse na Asociación Latinoamericana de Integración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada en marzo de 1975 por Manuel Cantarero del Castillo. De carácter progresista, intentou sen éxito ser recoñecida pola Internacional Socialista. En Galicia o seu secretario xeral foi Estévez Mengotti. En xuño de 1976 converteuse nun partido político con delegacións na Coruña, Pontevedra e Lugo, e un ano despois pasou de rexionalista a federalista. Nas eleccións de 1977 non obtivo ningún escano e despois desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que asombra.

    VER O DETALLE DO TERMO