"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Correspondencia dun son con outro.

    2. Entre dúas ou máis palabras, igualdade das vocais tónicas nas agudas e das vocais tónicas, e a última vogal átona nas graves e nas esdrúxulas, prescindindo dos outros sons que seguen á vogal tónica, tanto se son vocais como se son consonantes. Non contan entón para a asonancia, as vocais postónicas internas das palabras esdrúxulas nin as semivocais dos ditongos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Aos 14 anos trasladouse a Barcelona, alí estudiou no colexio dos Salesianos de Sarriá onde se iniciou como escultor á sombra do Novecentismo. En 1916 marchou para Barakaldo coa intención de traballar como mestre de debuxo no Colexio dos Salesianos. En 1917 foi a Madrid por mor do servizo militar. Ao longo deste período formativo entrou en contacto coa obra de Rodin e Bourdelle, tendo ademais a oportunidade de participar nos movementos renovadores de Catalunya e Madrid, e no espertar dunha nova sensibilidade que o encamiñou cara á estética medieval, reafirmada coa súa volta a Galicia en 1918 -logo de gañar a praza de escultor anatómico da Universidade de Santiago de Compostela-, onde descubriu o Románico compostelán. Ata a súa chegada a Santiago de Compostela a súa obra segue unhas reminiscencias decimonónicas e rodinianas, manifestando certa preferencia polas formas esvaídas e polas materias brandas, coas que modelou as súas primeiras obras; sen embargo, a súa escultura é claramente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica do s XIII situada no concello de Rodeiro. Consta dunha soa nave cuberta con madeira e presbiterio con bóveda de canón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que aspira.

    2. Persoa que aspira a un cargo, un título, unha dignidade, etc.

    3. Deportista ou equipo deportivo que compite co campión da súa especialidade para intentar gañar o título que aquel posúe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico, posuidor dun estilo refinado, elegante, frío e académico, cun humanismo tipicamente burgués. É un dos representantes característicos do cinema inglés. Dirixiu filmes con moito éxito como The runaway princess (1929), Tell England (1930), Pygmalion (1938), película coa que foi coñecido, The way of stars (O camiño das estrelas, 1945), que o afirmou como un gran director e The browning version (1951), froito dunha colaboración co autor dramático Terence Rattigan e ópera prima deste realizador inglés. Traballou con grandes actores como Sofía Loren en The millionaire (1961) ou Elizabeth Taylor, Orson Welles e Louis Jourdan en The VIP´s (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurofisiólogo armenio da escola pavloviana. Entre os seus traballos cómpre destacar Fisioloxía do sistema nervioso central (1953), Funcionamento e regulación do cerebro (1963) e Ensaio sobre as actividades nerviosas superiores (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro período do Pérmico inferior, situado enriba do Carbonífero superior e debaixo do Sakmariá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou con Essaias Van der Velde. Representante do Naturalismo pitórico, cultivou a paisaxe e a pintura de animais. Destaca a súa obra Cisne airado, onde se observa unha alegoría da independencia dos Países Baixos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1982 en Pontevedra (A Seca) e, en 1991, en Braga. Legalizada no Estado español (20.7.1983) e portugués (8.8.1991) está presidida por Jose Luis Fontenla (Galicia) e Mª Rosa da Rocha Valente (Braga), contando ademais cos codirectores Antonio Gil Hernández (Galicia), Cristrina Mello (O Brasil) e J. L. Pires Laranjeira (PALOP). O seu obxectivo é a defensa da Lusofonía e a promoción da lingua portuguesa en Galicia, O Brasil, nos Palop (Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa), Timor, etc. Esta asociación organiza congresos sobre lingua, cultura e literatura dos pobos lusófonos; defende o Acordo Ortográfico de 1990 que unifica as variantes galega, portuguesa e brasileira dentro do diasistema portugués e promove o intercambio cultural e científico entre os países de lingua portuguesa, tendo colaboradores nas principais universidades galegas, portuguesas, brasileiras ou africanas, así como nas de San Petersburgo, Nova York, Utrecth, Hamburgo, Kyóto, etc. Baixo o nome...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación Internacional de Defensa das Linguas e Culturas Ameazadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación das Nacións do Sueste Asiático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Londres no ano 1924, onde radica. Ten por finalidade a coordinación do uso sistemático da información e da ciencia. Agrupa a bibliotecas, universidades, sociedades científicas, departamentos gobernamentais e asociacións de industriais e comerciantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estaleiro situado na marxe dereita da ría de Ferrol, en Perlío (concello de Fene) que ocupa unha extensión de 755.000 m2. A súa superficie repártese entre diques, ramplas e integración de seccións e talleres. Constituíuse o 15 de outubro de 1941 cun capital social inicial de 1.600.000 pesetas e como sociedade de responsabilidade limitada cunha duración de 20 anos prorrogables para establecer un estaleiro e talleres onde construír e reparar buques de madeira e aceiro nunha superficie de 3.000 m2. Contaba cunha fundición e instalacións para realizar traballos de carpintería. Xosé María González-Llanos e Caruncho, capitán de navío e doutor enxeñeiro naval, dirixiu o estaleiro na súa primeira etapa. Durante os tres primeiros anos de actividade o estaleiro dedicouse á construción de pequenos buques de pesca de 20-30 m de eslora. En 1942 facturou 837.000 pesetas. O 15 de decembro de 1942 traballaban en ASTANO 34 empregados e un ano máis tarde contaba con 299 traballadores. O primeiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe grego. Fillo de Héctor e Andrómaca. Despois da caída de Troia e a morte do seu pai, foi precipitado, sendo meniño, dende o alto dunha das torres da muralla de Troia por decisión dos xefes gregos, en especial Ulises. A súa morte foi obxecto de representacións pitóricas (vasos áticos) e tema literario (traxedias de Séneca e, posteriormente, Racine).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade estratigráfica do Pliocénico superior, seguida polos depósitos lacustres do Vilafranquiano, e situado enriba do Plasenciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Astiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de construcións navais, creada en 1969 en Madrid ao fusionarse a Sociedad Española de Construción Naval, Euskalduna e Astilleros de Cádiz. Posúe instalacións no País Vasco, Galicia, Andalucía e València. É a cabeza dun grupo de filiais entre as que destacan Astander, Juliana e Celaia, todas elas relacionadas coa construción naval. Segunda empresa do seu sector en 1984, estivo moi afectada pola baixa de pedidos a nivel internacional. Pertence totalmente ao INI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Educouse en Birmingham e Cambridge, onde traballou con Joseph John Thomson sobre as descargas eléctricas en tubos a baixas presións. Descubriu a existencia dos isótopos mentres estudiaba o neón. En 1919 inventou o espectógrafo de masa que leva o seu nome, co que resolveu a cuestión dos isótopos do neón e descubriu os do cloro e doutros elementos. Publicou The Isotopes (1922) e Mass-spectra and Isotopes (1933). En 1922 recibiu o Premio Nobel de Química.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Astorga.

    2. Habitante ou natural de Astorga.

    VER O DETALLE DO TERMO