"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
PERSOEIRO
Escritor mexicano. Destacan os seus poemas recollidos en Profecía de Guatimoc e as obras dramáticas La Capilla (1837) e Muñoz, visitador de México (1838).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista, fillo de Agustín Rodríguez Vaamonde. Pertenceu ao Partido Moderado. Foi fiscal do xulgado de Tui (1837-1838), deputado a Cortes pola provincia de Pontevedra en tres lexislaturas (1839-1844) e por Ribadavia (1844-1846) e senador pola provincia da Coruña (1876-1877). Foi designado ministro de Graza e Xustiza (1847) e de Gobernación (1863-1864), e pertenceu á Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, da que foi presidente (1869-1886) e á representou como senador (1877-1886). Escribiu Ensayo sobre la prisión por deudas (1867) e Estudio sobre la propiedad enfitéutica: y las leyes de 20 de agosto y 16 de septiembre de 1873 relativas a la redención de foros y otras cargas territoriales (1883).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de rogar.
-
rogativa.
-
Proposta de lei, na Roma republicana, que o maxistrado facía ao pobo convocado aos comicios e que era aprobada ou rexeitada en bloque, sen posibilidade de emendas.
-
-
-
Acción e efecto de romanizar ou romanizarse.
-
Proceso histórico de implantación da organización e da cultura de Roma en todo o Imperio Romano. A unidade política foi seguida da unidade cultural, facilitada polo uso do latín. Só Oriente, provisto dunha cultura superior e helenística, mantivo a lingua e a civilización gregas e alí o proceso foi menos intenso. A verdadeira romanización caracterizouse pola latinización e foi propia de Occidente no Mediterráneo. A pesar dun certo bilingüismo, o latín foi a lingua oficial nas provincias occidentais, imposta pola administración, a escola, a xustiza, o exército e o comercio. En moitos lugares, porén, debeu ser a penetración cristiá a que finalizou o proceso de latinización. Deste xeito, a literatura latina deixou de ser axiña unha creación exclusiva de Roma e de Italia. Pero, máis que a literatura escrita, foi o repertorio teatral o procedemento que tivo unha influencia superior na educación das masas. Tamén cumpriron funcións específicas neste proceso a concesión do dereito de cidadanía,...
-
-
PERSOEIRO
Mestre. Chegou á Coruña en 1906, onde se relacionou coas diversas escolas racionalistas alentadas pola Antorcha Galaica del Librepensamiento e coa Escuela Integral para Niñas, que promoveu en 1913 xunto coa súa muller, Luisa Elizalde. Participou intensamente na defensa do laicismo na sociedade civil intervindo en numerosos actos públicos, como o Congreso de la Paz celebrado en Ferrol (1915), onde se aprobou a súa proposta de crear un comité permanente para darlle pulo á loita antimilitarista. Como publicista, colaborou na Revista Blanca, onde publicou o ensaio “La escuela: su pasado, su presente y su porvenir” (1925), no semanario coruñés La Voz del Obrero e deixou impreso o folleto “Disertación Científico Social” (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo poético formado por Alberto Avendaño, Antón Reixa, Manuel M. Romón, Facurro Sesto e Camilo Valdeorras en Vigo (1975), ao que se uniu nun principio Alfonso Pexegueiro. Influenciados polo dadaísmo, o surrealismo e a pop-art, practicaron a escrita automática en galego e buscaron a provocación en cada unha das súas propostas. Publicaron de forma conxunta o primeiro libro en 1978, titulado Silabario da Turbina, ao que seguiron Fóra as vosas sucias mans de Manoel Antonio (1979) e, na serie “Tres tristes tigres” (1979), As ladillas do travesti, de A. Reixa; Facer pulgarcitos tres, de A. Avendaño; e Galletas kokoschka non, de M. Romón. Baixo o selo de Rompente tamén saíron á luz dous volumes significativos da poesía galega, Con pólvora e magnolias (1976), de Méndez Ferrín, e Seraogna (1976), de Alfonso Pexegueiro. En 1983 presentaron o seu último proxecto en común, A dama que fala, acompañado dun espectáculo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Patronato Rosalía de Castro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
A orixe desta devoción xurdiu da suposta aparición da Virxe a san Domingos de Guzmán (1213), na cidade occitana de Albi. Parece ser que esta lle entregou ao santo unha sarta de doas e convidouno a recitar o rosario para honrar os misterios (de gozo, dor e gloria) da súa vida. Ata finais do s XVI, o culto e devoción ao Rosario limitouse aos conventos dominicanos e ao seu ámbito de acción. A súa festividade celébrase o 7 de outubro, e naceu dunha anterior na honra a Santa María das Vitorias, para conmemorar a Batalla de Lepanto (7 de outubro de 1571).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción, introducida no ano 1918, que permite a redución de cloruros de hidróxeno a aldehidos mediante a hidroxenolise do enlace carbono-cloro.
-
-
-
Acción e efecto de rotar.
-
Movemento dun sólido cuxos puntos describen circunferencias cos centros aliñados e fixos, contidos nunha recta chamada eixe de rotación. A velocidade angular, Dω do movemento de rotación circular de todos os puntos denomínase velocidade de rotación do sólido, e o vector, ω dirixido segundo o eixe de rotación e de módulo ù, vector de velocidade angular ou vector de rotación. Pódese demostrar facilmente que cando se move un sólido de calquera maneira sempre se pode descompor o movemento nun instante t, nun movemento de rotación e noutro de translación. O eixe respecto ao que ten lugar este movemento denomínase eixe instantáneo de rotación, cambiando no transcurso do tempo. Nun estudo da relatividade espacial, as rotacións teñen un papel salientable no espazo de catro dimensións.
-
-
-
Movemento dun astro arredor dun eixe, denominado eixe de rotación. No caso da Terra, a rotación define o día.
-
rotación capturada/ cativa
Rotación dun satélite arredor de si mesmo. Cando ocorre, o satélite sempre lle mostra ao planeta, arredor do que xira, o mesmo hemisferio. Este, á vez que xira, móvese arredor do planeta. O tempo que tarda o satélite en dar unha volta completa arredor de si mesmo, debe ser exactamente igual ca o tempo empregado en completar a translación arredor do planeta.
-
-
Desprazamento sen deformación dunha figura, de xeito que co seu movemento cada un dos puntos xira co mesmo ángulo e no mesmo sentido arredor dunha recta nunha determinada posición; isto denomínase eixe de rotación. A rotación helicoidal é unha operación de simetría caracterizada por unha rotación acompañada dun desprazamento de acordo co eixe de rotación chamado, neste caso, eixe helicoidal.
-
-
Desprazamento, en voleibol, en que os xogadores avanzan simultaneamente unha posición no sentido das agullas do reloxo.
-
Desprazamento ordenado de todos os ximnastas dun aparato mecánico a outro.
-
-
...
-
-
-
Relativo á rotación.
-
Operador diferencial definido sobre un campo vectorial A pola fórmula:
FORMULA
onde 6 é o operador gradiente.
-
-
-
Acción de rotular.
-
Rótulo ou conxunto de rótulos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Para un sistema de n graos de liberdade, función dada pola fórmula R(q1,...,qs,p1,...î1,...ît,î1,...ît)= ∑piqi-L, onde s e t son enteiros tales que s + t = n, os qi (con i variante de 1 a s) son as coordenadas xeneralizadas que teñen como momentos lineais os pi, os îj (con j variante de 1 a t) son as coordenadas xeneralizadas para as que, polo feito de non ter un momento lineal facilmente utilizable, se prefire empregar as coordenadas de velocidade xeneralizadas îj, e L que é a función de Lagrange do sistema. A función de Routh simplifica o problema que ten coordenadas cíclicas, facendo corresponder estas cos qi.
-
GALICIA
Político e xornalista. De ideas conservadoras, foi deputado nas Cortes polos distritos de Ribadeo (1907-1910) e da Pobra de Trives (1919-1923). Traballou nos xornais El Correo, El Español e Diario de Barcelona. Publicou El Campesino gallego (1904), Tierra balear. Esbozos mallorquines (1913), Hirmandade! Poemiña de revolta (1918), de carácter agrarista, e Cartas son cartas (1949). Recibiu a Cruz de Carlos III e a Cruz del Mérito Naval.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Galardón literario en galego e castelán convocado desde 1992 pola Fundación Caixa Galicia dentro do proxecto Biblioteca Nova 33 para autores menores de dezaoito anos. No apartado de lingua galega foron galardoados Carlos Vila, con Alén da aventura (1992); Felipe Riola, Apocalipse Möbius (1993); Felipe Riola, Á sombra da torre (1995); Inmaculada López, Neve en abril (1996); Eva Moreda, Breogán de Guisamonde, o Cabaleiro da Gaivota (1997); Alberto Santiago, Case unha cidade (1998); Raquel Campos, OTMA Nicolaievna. As catro grandes descoñecidas (2002) e Fátima Peón, Camposanto (2003).
-
-
Cor vermella da pel producida por algún proceso inflamatorio ou por unha mala circulación do sangue.
-
Proceso de formación dos solos vermellos, que consiste fundamentalmente nun enriquecemento en óxidos de ferro e ten lugar en rexións de clima mediterráneo cálido e sobre rocha nai calcaria.
-
-
GALICIA
Militar e político. Participou nos preparativos do Levantamento de 1846 e mandou o exército do Sur. Despois da derrota da Batalla de Cacheiras, dirixiu o exército desde Ribadavia á Cañiza e nun descanso da tropa fuxiu xunto con outros oficiais a Portugal. Retornou amnistiado a España e acadou o grao de tenente xeneral de cabalaría. Militou na Unión Liberal e foi deputado en tres lexislaturas polo distrito de Ponte Caldelas (1858-1864) e pola sección de Vigo (1865-1866; 1869-1871). Recibiu a Orden de Isabel la Catolica (1856) e a Orden de Carlos III (1860).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Dramaturgo. Autor dunha ampla produción e con variados estilos, gran parte da súa obra foi traducida ao inglés, francés, alemán, italiano ou portugués. Das súas obras destacan El invierno frío (1940), baseada nunha lenda galega; El jardín secreto (1940), de temática política; El rescate (1953), La fuga en la jaula (1953), El hombre que mató a nadie (1953), Invierno Frío (1954), La vida azul (1954), La muerte da un paso atrás (1962), de carácter relixioso; Un Fantasma con jipijapa (1967) e El hijo de bronce (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso típico da inxestión e dixestión de alimentos dos ruminantes. O alimento pasa primeiramente ao rume, onde é almacenado, mestúrase co mucus e vese sometido á acción dunha flora de bacterias que creban as moléculas de celulosa e as paredes celulares dos vexetais constituíndo unha masa abrancazada que o animal voluntariamente retorna á boca. A partir de aquí iníciase o proceso da boca á retícula, que se pecha formando unha canle que leva o alimento directamente ao cenfollas, onde se absorbe a auga, e o resto da masa alimentaria pasa ao calleiro, onde se efectúa a verdadeira dixestión, posto que este é o único compartimento onde se produce pepsina. Este mecanismo dixestivo permite aos ruminantes aproveitar unha gran diversidade de plantas como fonte de alimentación, comer moita herba en pouco tempo e dixerila posteriormente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de rusificar ou de rusificarse.