"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado ao NL da capital provincial (17.396 h [2001]). Ten industria alimentaria e de material de construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sector político da esquerda con tendencias radicais e violentas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política francesa xurdida en 1967 da reunificación entre a Union Démocratique du Travail (UDT) e a Union pour la Nouvelle République (UNR), ambas de orientación gaullista e que se dividiran polas diferenzas con respecto á descolonización de Alxeria. Dirixida por G. Pompidou (1969-1974), adoptou unha posición conservadora baixo a dirección de Jacques Chirac e en 1976 converteuse en Rassemblement pour la République (RPR).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución financeira xurdida en 1912 da fusión do Bank in Winterthur (fundado en 1862) e o Toggenburger (fundado en 1863). A súa política de absorcións converteuna na primeira institución bancaria de Suíza. En 1997 fusionouse coa Société de Banque Suisse e creou o Banque Unie de Suisse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo establecido en 1964 e posto en práctica desde 1966 entre Gabón, República Democrática do Congo, República Centroafricana, Camerún e Chad, que se separou en 1968. Aboliu as aduanas interiores e adoptou un arancel común. Houbo tamén unha coordinación da política industrial e o establecemento dun único banco central, a Banque Centrale de l’Afrique Central (1973), que emitiu o franco CFA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo económico e aduaneiro establecido por Costa de Marfil, Dahomey (Benin), Alto Volta (Burkina Faso), Mali, Mauritania, Níxer e Senegal en 1964. Os seus obxectivos eran establecer o libre cambio entre eles e facer unha redistribución dos ingresos aduaneiros procedentes das vendas a outros países non membros; pero estes obxectivos non foron acadados e había tantos réximes aduaneiros e fiscais como estados. En 1970 foi substituída pola Comunidade Económica de África Occidental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional que reúne sociedades científicas de varios países relacionadas coa bioquímica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización fundada en 1919 para continuar os traballos da Asociación Internacional de Sociedades Químicas. Ten como obxectivos o fomento da cooperación entre os químicos dos estados membro, o estudo de temas relacionados coa química de interese internacional onde faga falla regulación, a estandarización ou codificación e a contribución ao desenvolvemento da química pura e aplicada en todos os seus aspectos. Os seus órganos de expresión son o Journal of Pure and Applied Chemistry e o Chemistry International.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado pola IUPAC ao elemento de número atómico 104, agora chamado rutherfordio (Rf).
-
FAMILIAS
Familia de financeiros de orixe vasca. Estanislao Urquijo y Landaluce (Murga, Araba 1817 - Madrid 1889), I marqués de Urquijo, dedicouse ao comercio e á bolsa en Madrid. O seu fillo Juan Manuel de Urquijo y Urrutia (Murga, Araba 1843 - Madrid 1914), II marqués de Urquijo, ampliou os investimentos na industria pesada e fundou o Banco Urquijo (1870).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lexicógrafo. Licenciado en dereito, creou e dirixiu a Revista Internacional de Estudios Vascos (RIEV) (1907). Cofundador e membro da Euskaltzaindia (1919), tamén foi membro da Real Academia Española (1927). Das súas obras destacan El refranero vasco I: los refranes de Garibay (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi nomeado subsecretario de Estado (1797) e, máis tarde, ao dimitir Francisco Saavedra (1798), primeiro ministro interino. Opúxose á Inquisición, que iniciou un proceso contra el pola tradución de La mort de César de Voltaire, e ás altas xerarquías eclesiásticas pola súa dependencia de Roma. Esta política e a inimizade de Napoleón I favoreceron as intrigas de Godoy, que aconsellou que fose destituído (1800). A súa actuación como afrancesado, -Xosé I Bonaparte nomeouno conselleiro de Estado-, motivou o seu exilio definitivo (1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Deputado (1826), apoiou o goberno de J. M. Rosas, a quen se enfrontou despois ao combater o centralismo e o monopolio comercial de Bos Aires. Gobernador de Entre Ríos (1842; 1861-1864 e 1868-1870), acadou a presidencia en 1853 e instaurou unha confederación de estados e un réxime autoritario e conservador. Derrotado en Pavón (1861) por B. Mitre, foi asasinado durante unha revolta federal (1866-1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina husita que defendía a administración da comuñón aos fieis baixo ambas as dúas especies (in utraque specie), o pan e o viño.
-
-
Relativo ou pertencente ao utraquismo.
-
Partidario ou seguidor do utraquismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘de ambos os dous dereitos’. Empregouse para indicar que unha norma, un precepto ou unha lei se recollen tanto no dereito civil coma no canónico. Utilizouse en ablativo (in utroque iure) para indicar que un avogado tiña as dúas licenciaturas (dereito civil e dereito canónico).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(A Coruña 1872 - Sada 18.8.1900) Pintor. Membro da Xeración Doente, iniciou a súa formación na Escola de Belas Artes da Coruña e en 1888 emigrou a Bos Aires, onde perfeccionou as técnicas do óleo e o pastel e colaborou en revistas e xornais. Ao regreso, presentouse ante Emilia Pardo Bazán para retratala (Retrato da condesa de Pardo Bazán, 1894) e converteuno no seu protexido. Trasladouse a Madrid onde concorreu ás Exposicións Nacionais e realizou diversos encargos das clases altas. Viaxou por Europa para coñecer a pintura renacentista e barroca. Os seus retratos, fundamentalmente pasteis, caracterízanse polo emprego dunha gama cromática temperada con contrastes das cores con predominio do negro e pola busca da captación psicolóxica do retrato. Destacan Retrato de Isidoro Brocos (1894), Retrato de don José Quiroga y Pérez de Deza (1895), Retrato ao pastel da condesa de Pardo Bazán (1896), Retrato de don Ramón Pérez Costales...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexión de Romanía situada ao S dos Cárpatos Meridionais, que a separan de Transilvania. O val do Olt divídea en dúas subrexións; a Oltenia ou Pequena Valaquia, no O, e a Muntenia ou Gran Valaquia, no L. É unha rexión agrícola de cereais, remolacha e tabaco, e tamén industrial, onde se localizan os principais xacementos de petróleo de Romanía. A súa capital é Bucarest. Os valacos instaláronse no s XIII e constituíuse como principado independente no s XIV. Tributaria dos turcos (1394), desde 1526 quedou totalmente sometida ao sultán. O achegamento do príncipe Constantino Brâncoveanu (1688-1714) provocou que os otománs instalasen un réxime fanariota (1714-1821). En 1848 estalou o movemento nacionalista romanés e os patriotas valacos proclamaron a independencia do principado, pero a intervención ruso-turca puxo fin ao levantamento. Logo da Guerra de Crimea, liberouse da soberanía turca e pasou á protección das potencias europeas (Tratado de París, 1856). En 1857 votou a unión con...
-
PERSOEIRO
Profesor. Articulista prolífico, destacou polo seu interese polo sistema métrico decimal que se observa en Cuadro de equivalencia de las antiguas medidas españolas con las del nuevo sistema métrico decimal (1852), ademais dun estudo sobre navegación aérea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Feito de armas acontecido o día 26 de xullo de 920 entre ‘Abd al-Ra ḥ mān III e o exército navarro-leonés de Ordoño II e Sancho Garcés I, en que venceu o primeiro. A batalla foi consecuencia do desexo do califa cordobés de resarcirse da anterior derrota que sufrira en Santo Estevo de Gormaz (917), e non alterou substancialmente as fronteiras existentes.