"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de sintonizar.
-
PERSOEIRO
Papa (384-399). Sucedeu a san Dámaso I coa oposición de Ursino. Afirmou a supremacía do bispo de Roma sobre todo o Occidente no sínodo de 386 e atraeu Iliria á órbita romana. A súa carta a Himerio, bispo de Tarragona (384), referente ao tratamento benigno dos penitentes, constitúe a primeira decretal. Condenou a Xoviniano (392), que negaba o valor da virxindade e da ascese. A súa festividade celébrase o 26 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de organismos financeiros, relacións ou convenios que rexen o transvasamento dos fluxos monetarios entre países, derivados dos intercambios internacionais. Os membros adscritos a el aceptan a moeda patrón e as regras de xogo establecidas. O sistema considérase máis ou menos apto en función da flexibilidade que teña a moeda base para adaptarse ás necesidades derivadas do volume dos intercambios dos prezos e da velocidade de circulación dos cartos. Desde a primeira metade do s XIX ata a Primeira Guerra Mundial, estableceuse o patrón ouro, e entre 1924 e 1931 o patrón lingote de ouro, co que unicamente servía o ouro de reserva. A partir da Conferencia Bretton Woods (1944), o dólar converteuse na moeda clave do novo sistema, que en 1971 abandonou a convertibilidade en ouro, feito que comportou que as outras moedas quedasen en situación de flutuación, tanto respecto do dólar coma entre elas. A implantación do euro en 1999 converteuse nun rival monetario, cunha importante representación,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de sistematizar.
-
-
Maneira de estar situada unha cousa ou unha persoa.
-
Posición dunha persoa con relación a outras, ao grupo social ou ao conxunto da sociedade.
-
-
Conxunto de circunstancias ou relacións que constitúen un estado de cousas determinado.
-
Conxunto de circunstancias, factores físico-biolóxicos, sociais ou históricos en que se acha unha persoa ou un grupo, no seo do que ha de decidir o seu comportamento concreto.
-
-
-
Posición dunha casa, vila, cidade, rexión ou país en relación co medio físico que conforma o contorno.
-
Punto da carta que sinala a posición dunha embarcación ou dunha aeronave. Determínase pola intersección de polo menos dous lugares xeométricos que se obteñen por calquera procedemento astronómico ou de radionavegación, sobre os que debe estar necesariamente a embarcación ou a aeronave nun momento determinado.
-
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santiago de Compostela a partir do 25 de outubro de 1842. Cesou o 27 de febreiro de 1843 (nº52). Subtitulada “Periódico político, literario e industrial”, saíu tres veces á semana editado por Pío Rodríguez Terrazo nos obradoiros de Núñez Castaño e, posteriormente, nos da Viúda e Hijos de Compañel (a partir do nº17).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de síntese que permite a preparación da quinoleína e dos seus derivados a partir dunha anilina que se trata con glicerol, ácido sulfúrico e un axente oxidante.
-
-
Alimentación superior á necesaria para unha correcta manutención.
-
Alimentación superior á necesaria para reparar déficits ou perdas de nutrientes e repoñer as calorías consumidas, en que se empregan alimentos que en pouco volume achegan os compoñentes necesarios.
-
Introdución no cilindro ou nos cilindros dun motor de combustión interna, dunha cantidade de fluído superior á que o motor é capaz de aspirar naturalmente, co fin de alcanzar unha determinada presión de alimentación, que descendeu a causa de determinadas condicións de funcionamento do motor, ou ben co fin de aumentar a potencia por unidade de cilindradas. Nos motores de aviación, a sobrealimentación permite manter a potencia do motor a pesar da diminución da presión atmosférica e a densidade do aire. Nos automóbiles, a sobrealimentación permite obter o máximo de potencia por unidade de cilindrada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de sobreestimar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de sobreexcitar ou sobreexcitarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e e efecto de sobreexpoñer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que explica o establecemento e encaixamento da rede hidrográfica ás direccións estruturais do relevo cando unha vez instalado, ao escavar o seu val, pon de manifesto a estrutura adxacente. O relevo resultante recibe o nome de epixénico e o relevo xerado pola erosión fluvial en materiais resistentes o de epixenia, tanto se os cursos se encaixaron por sobreimposición coma por antecedencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Complicación dunha enfermidade infecciosa que se deriva dunha reinfección, especialmente por xermes diferentes dos orixinais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desaxuste na circulación económica motivado por un exceso de produción que fai que o volume da oferta dun mercado sexa superior á capacidade efectiva da demanda. As crises de sobreprodución, que son contrarias ás leis de Jean Baptiste Say sostidas polos clásicos, foron tratadas analiticamente dunha maneira equivalente ás de subconsumo.
-
-
Situación instantánea dun vapor en que as condicións termodinámicas son as axeitadas para a súa transformación en líquido, pero que aínda non tivo lugar. No caso de vapor de auga, pódese conseguir esta situación baixando bruscamente a temperatura do aire húmido.
-
Condición que existe nunha solución cando esta contén unha cantidade de soluto superior á necesaria para saturala.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de sobrevalorar ou sobrevalorarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Erosión hidráulica producida na capa freática ou nun curso fluvial, onde o material solto e brando é lavado producindo cavidades nos estratos subxacentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de vexetación utilizada polas escolas fitocenolóxicas do N de Europa, que está caracterizada polas especies constantes, pola estrutura dos estratos e por diversos parámetros cuantitativos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de socializar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade creada en 1899 na Coruña. Sucedeu ao gremio de carpinteiros adherido á Primeira Internacional en 1871. Entre 1908 e 1910 fíxose cargo da Federación de Obreros del Ramo de Elaborar Madera de carácter estatal e da edición do seu voceiro La Cuña. En 1910 participou no Congreso fundacional da CNT. Durante a Segunda República, en 1933, integrouse como sección no Sindicato del Ramo de la Construción.