"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
-
Contraer unha enfermidade. Na tradición oral recóllense ditos como: “Bótate a enfermar, verás quen che quer ben e quen che quer mal. Se queres enfermar, cea moito e vaite deitar.”
-
Causar enfermidade.
-
Provocar un sentimento de desagrado ou rabia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Profesional da enfermería responsable de proporcionar, de forma individual e coordinada, os coidados e funcións propias da súa competencia ao individuo, á familia ou á comunidade. A partir dun Real Decreto de 1977 a súa formación encádrase dentro dunha diplomatura universitaria e en 1980, a partir doutro Real Decreto, homologouse o título dos antigos ATS (Axudante Técnico Sanitario) co de DUE (Diplomado Universitario en Enfermería).
-
-
-
Disciplina profesional que ten como ámbito de responsabilidade atender e proporcionar coidados integrais de saúde á persoa, familia ou comunidade, tanto sans coma enfermos, mediante todas aquelas actividades que contribúan ao mantemento, promoción e restablecemento da saúde, prevención de enfermidades e reinserción social.
-
auxiliar de enfermería
Profesional que presta asistencia sanitaria ao paciente como parte integrante dos equipos de enfermería, e que ten como obxectivo subministrar os coidados básicos de enfermería e colaborar na prevención e promoción da saúde. A súa formación encádrase dentro da Formación Profesional de grao medio. A partir dun Real Decreto de 1995 cambiou os seus plans de estudios e a denominación de auxiliar de clínica pola de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería.
-
-
Dependencia que existe nalgúns lugares para instalar e atender os enfermos.
-
-
-
-
Estado de anormalidade funcional ou estrutural nun ser vivo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Peor é o remedio ca a enfermidade. A enfermidade mortal, nin médico nin menciña lle val.”
-
enfermidade carencial/de deficiencia
Enfermidade ocasionada pola falta na dieta dun composto necesario para o normal desenvolvemento fisiolóxico, como vitaminas, aminoácidos, minerais ou ácidos graxos esenciais.
-
enfermidade hemorráxica vírica
Enfermidade orixinada por un virus que cursa con febre e provoca hemorraxias. No ser humano pertencen a este tipo o dengue e a febre amarela. A enfermidade hemorráxica vírica dos coellos describiuse por primeira vez na República Popular China en 1984 e, tras estenderse por Asia, chegou ata Europa en 1986. Detectouse por primeira vez na Península Ibérica en Asturias en 1988. Caracterízase por ser altamente contaxiosa, de curso rápido e capaz de producir taxas de mortalidade próximas ao 100%. A síndrome afecta a coellos de máis de dous meses de idade, sen distinción de sexos, e o seu período de incubación é moi curto, de 24 a 72 horas. Ten afectado a todas as poboacións de coello de monte e ao doméstico. Constitúe un dos maiores problemas, non só para o coello, senón tamén para a conservación de moitos dos seus depredadores que dependen desta especie como elemento fundamental na súa alimentación e que en moitos casos están en perigo de extinción como, por exemplo, o lince ibérico e a aguia...
-
enfermidade idiopática
Enfermidade de etioloxía descoñecida.
-
enfermidade infecciosa/contaxiosa
Enfermidade que se pode transmitir dun individuo a outro por contacto físico ou mediante vectores.
-
enfermidade profesional
Enfermidade que ten a súa orixe no exercicio dunha profesión e que é común entre os que a desempeñan.
-
enfermidade pulmonar obstructiva crónica []
Cadro clínico que se caracteriza pola obstrución permanente do fluxo de aire nos pulmóns, que provoca unha dificultade na respiración e tose, e que se presenta como consecuencia da confluencia dun enfisema pulmonar cunha bronquite crónica.
-
-
Alteración que prexudica o funcionamento ou o estado de alguén ou de algo.
-
-
-
Que ten pouca saúde ou que enferma facilmente.
-
Que pode provocar enfermidades.
-
Que é propio dun enfermo.
-
Propio de quen é pouco equilibrado mentalmente.
-
-
-
Que non ten saúde ou que padece unha enfermidade. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando ver un enfermo moitos médicos van, alporízase o sancristán, porque é sinal de din! dan! Non lle vai mal ao enfermo o caldo de galiña ou de pucheiro.”
-
Persoa que padece algunha enfermidade.
-
-
-
Fincar a rella do arado na terra.
-
Chocar a rella cunha pedra ou unha raíz.
-
Suxeitar as portas con gonzos de ferro.
-
Colocar un arame no fociño do porco para que non foce.
-
Queimar unha parte do corpo dun animal para curala.
-
Comezar algo.
-
Quedar a áncora enganchada no fondo do mar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de enferruxar ou enferruxarse.
-
-
Cubrir de ferruxe.
-
Cubrirse de ferruxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos troquílidos, ao que pertence o colibrí de peteiro de espada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Interrupción moi curta da parte ferromagnética dun circuíto magnético. Representa unha discontinuidade física do circuíto, onde a relutancia magnética é máxima.
-
PERSOEIRO
Historiador de orixe vasca. Xesuíta, doutor en Filoloxía Semítica e Teoloxía, e catedrático de Estudios Árabes e Islámicos da Universitat d’Alacant. A súa investigación centrouse nos temas árabes relacionados coa historia medieval da Península Ibérica. Entre as súas obras destacan Bibliographie tunisienne concernant l’histoire de l’Espagne 1956-1973 (Bibliografía tunecina concernente á historia de España 1956-1973, 1975), Le Cid: personnage historique et littéraire, anthologie de textes arabes, espagnols, français et latins avec tradutions (O Cid: personaxe histórico e literario, antoloxía de textos árabes, españois, franceses e latinos con traducións, 1983), Funciones de enseñanza de las dos mezquitas sobre las murallas de la Alhambra (1987), El cántico islámico del morisco hispanotunecino Taybili (1988), Baños árabes en el País valenciano (1989), Los moriscos antes y después de la expulsión (1992), Fray Anselm Turmeda (‘Abdallah...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Igualdade de dúas razóns por diferencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
calciferol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexión localizada ao redor dun buraco negro e situada dentro da esfera fotónica, fóra do horizonte de sucesos, onde só os obxectos que seguen en movemento poden evitar entrar na singularidade.
-
PERSOEIRO
Compositor, director de orquestra e pianista húngaro. Autor do himno nacional húngaro, foi director do Teatro Nacional de Pest. Das súas óperas, que combinan o estilo italianizante con elementos locais (estilo verbunkos), destacan Hunyadi László (1844) e Bánk bán (1861).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Partido Conservador, loitou pola independencia de Chile. Ao constituírse a nova república, elixírono presidente do Congreso (12.12.1823). Foi vicepresidente interino da República (1831), senador (1831-1834) e presidente do Congreso (1833).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo de escola de carácter privado e popular característico do medio rural galego durante o s XIX e boa parte do XX. A súa denominación débese á forma de pago: un ferrado de centeo, trigo ou millo por neno e tempada. A retribución en especie durante o s XIX era maioritaría, pero esta foi cambiando co tempo -cartos, especie ou mixta-, aínda que o referente sempre foi o valor real do ferrado de gran acordado. Constitúe un exemplo único de educación popular e xurdiu da necesidade, á marxe de calquera institución pública ou privada, froito da iniciativa e organización espontánea dos labregos. A súa implantación foi case xeral en toda Galicia. Debido á presión que exercían sobre este modelo escolar as autoridades educativas oficiais, a súa existencia case sempre se desenvolveu nunha relativa clandestinidade. As persoas que se dedicaban profesionalmente a poñer este tipo de escolas recibían o nome de escolantes, que eran contratados polos pais por tempada; normalmente as clases eran...
-
PERSOEIRO
Pintora, nai de Alfonso Abelenda Escudero. Pertencente a unha familia de artistas, a súa formación foi autodidacta. Destacou como retratista.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Espacio limitado por unha superficie esférica e que contén o centro desta; é dicir, o sólido interior á superficie esférica constituído por todos os puntos que teñen unha distancia ao centro menor ou igual ca o radio. O volume da esfera é V=4/3πr3, onde r é o radio da superficie esférica.
-
-
Corpo con forma de esfera ou semellante a ela.
-
esfera celeste
Esfera imaxinaria, concéntrica co globo terráqueo, na superficie da que se representan os astros, os seus movementos e tamén os diferentes círculos astronómicos (ecuador, eclíptica, etc).
-
esfera fotónica
Rexión situada ao redor dun buraco negro que captura a luz que viaxa con ángulos determinados; confínase no interior polo límite estático.
-
esfera terrestre
Representación esférica a escala do globo terráqueo. A primeira coñecida é a de Crates (150 a C).
-
-
Superficie sobre a que xiran as agullas do reloxo ou de calquera outro instrumento semellante.
-
Espacio en que se exerce a acción, a influencia, o coñecemento, ou a actividade de alguén ou dalgunha cousa.
-
Rango ou condición social dunha persoa ou dun grupo.
-