"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Pronuncia defectuosa dos sons dentais [t] e [d].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de demócrata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crenza no demo ou noutros seres malignos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección ás actividades deportivas.

    2. Práctica do deporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento dos seguidores e simpatizantes do Real Club Deportivo de La Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude política propia da dereita e da ideoloxía conservadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción cutánea causada por un estímulo mecánico logo dunha compresión, fricción ou rozadura da roupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afinidade pola pel, ou fixación electiva nela, dunha substancia orgánica ou inorgánica, ou dun organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude pesimista ante o fracaso dunha guerra ou doutra actividade calquera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría de desenvolvemento económico na que priman os aspectos cuantitativos sobre os cualitativos e que persegue a mellora das cifras macroeconómicas dos estados, como a inflación, o gasto público ou a balanza de pagamentos, sen importar os custos sociais que o desenvolvemento económico ocasiona. Esta denominación aplicouse aos períodos da historia económica de España e América Latina da década de 1960. En España comezou co deseño do Plan de Estabilización en 1959 que perseguía o aumento da produción nacional, a estabilidade económica, o pleno emprego, a incorporación da economía española ao sistema económico mundial, a flexibilización dos mecanismos económicos e a distribución equitativa da renda nacional. Con estes obxectivos elaboráronse outros catro Planes de Desarrollo, entre 1964 e 1967, 1968 e 1971, 1972 e 1974, e de 1975 en diante, aínda que este último non chegou a poñerse en práctica. Os resultados manifestáronse sobre todo na industria, coa creación de empresas de grandes dimensións...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou condición de déspota.

    2. Forma de goberno, característica das monarquías absolutistas europeas do s XVIII, que empregaron a ideoloxía ilustrada para mellorar as condicións do pobo (educación, sanidade ou cultura), pero mantendo o poder político. Tamén se chama despotismo ministerial, cando exerce o poder o primeiro ministro, despotismo legal, como contraposición a un absolutismo arbitrario. Caracterizouse por un reforzamento do poder real e a aplicación de reformas que melloraban as condicións do pobo, sempre á marxe da súa colaboración política. Entre as melloras incluíanse as reformas nas administracións locais, a abolición de abusos e privilexios da nobreza e do clero, a abolición da tortura e da servidume, a liberdade de comercio e a urbanización e modernización das cidades. Na educación arrebatoulle á Igrexa o seu control e ampliouse a oferta coa creación de numerosos centros educativos, como academias e universidades. Os soberanos máis representativos desta forma de goberno foron Federico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia a afastarse dos principios políticos recoñecidos por un partido. O termo empregárono, sobre todo, os partidos de orientación marxista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina e sistema filosófico que considera calquera fenómeno como o resultado necesario dun conxunto de circunstancias que poden expresarse e sintetizarse nunha serie de leis universais. Pode establecerse en relación coa orde da natureza ou da conduta humana, sempre ligado ao concepto de necesidade e en contraposición ao da liberdade. A negación da liberdade que comporta todo determinismo pode ser absoluta (determinismo propiamente dito) ou ben atenuada (probabilismo). Os principios deterministas aparecen dende os pensadores da Grecia Clásica e desenvolvéronse na Idade Media co atomismo. Durante a Idade Moderna fundamentouse nas ciencias naturais, polo que adquiriu un carácter marcadamente mecanicista e abstracto, ao tempo que a causalidade se converteu nun valor absoluto, descrito segundo as leis da mecánica. Entre os filósofos que defenderon este principio destaca Bacon, Galileo, Descartes, Newton, Spinoza ou Laplace. Tamén na Idade Moderna xurdiu unha liña coñecida...

    2. Corrente de pensamento xeográfico que tenta explicar os fenómenos e os comportamentos humanos en función da influencia decisiva das condicións naturais. Iniciouse na segunda metade do s XIX con Friedich Ratzel e arraigou fortemente na escola alemana, en contraposición ao posibilismo francés encabezado por Paul Vidal de la Blanche. A influencia dos factores físicos (relevo, clima, etc) ten unha grande importancia segundo as condicións tecnolóxicas, a vontade e a organización de cada lugar. Pódese admitir, polo tanto, que o determinismo é maior ou menor en función do grao de desenvolvemento cultural e tecnolóxico dun grupo humano concreto.

    3. Teoría lingüística que, dentro do ámbito do cognitivismo e a relación entre linguaxe e pensamento, defende a idea de que a estrutura da lingua materna dun falante determina o modo en que este pensa e percibe o mundo que o rodea. Formulárona o lingüista norteamericano Edward Sapir e o seu discípulo Benjamin Lee Whorf, partindo da tradición do idealismo romántico de Johann Gottfried Herder e Wilhelm von Humboldt (s XVIII), que lle daba grande importancia á diversidade lingüística. Baseándose nas grandes diferencias existentes entre as linguas (por exemplo, en esquimó existen varias palabras para nomear diferentes tipos de neve fronte ao azteca cunha única forma para ‘frío’, ‘neve’ e ‘xeo’), Sapir establece que a lingua é o medio de expresión dunha sociedade e, como tal, a principal ferramenta de organización conceptual que predispón cara a certas escollas de interpretación. Fronte a esta visión, na que practicamente se identifican lingua e pensamento, polo xeral acéptase unha “versión débil”...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trazo lingüístico propio dun dialecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura retórica de pensamento coñecida como sermocinatio. Consiste na presentación textual das reflexións interiores que un suxeito mantén consigo mesmo, ben en forma de diálogo con preguntas e respostas, ben en forma de monólogo en que se intercalan “interpelacións deliberativas” dirixidas á súa propia conciencia (que facer?, que pensar?).

    2. Concepto que, fronte á estilística tradicional que consideraba a obra literaria coma un todo pechado e autónomo, defende a súa interacción constante con outros enunciados (lingüísticos, sociais, culturais) e, dentro do propio discurso, entre os diversos puntos de vista, voces (heterofonía), rexistros lingüísticos (heteroglosia) e variedades lingüísticas individuais (heteroloxía), a través das intervencións do autor, dos narradores e dos personaxes. Característica específica do xénero novelesco, especialmente a partir de Dostojevskij, aínda que pode haber antecedentes nos diálogos platónicos, na sátira menipea ou na literatura carnavalesca da Idade Media, a novela foi a que mellor introduciu o concepto ao se producir nela a interacción entre diferentes puntos de vista, voces e estilos fronte á épica, lírica ou prosa doutrinal, que reducen esta interactividade e se asentan mesmo no monoloxismo ou potencian a figura do eu autorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dos materiais pola que se magnetizan debilmente en sentido oposto ao campo magnético aplicado; dise que estes posúen susceptibilidade magnética negativa. Cando a unha substancia se lle aplica un campo magnético, ao movemento natural dos seus electróns ao redor do núcleo se lle superpón un movemento de precesión dos mesmos electróns ao redor da dirección do campo aplicado, de xeito que se orixina un campo magnético oposto ao campo aplicado. Como consecuencia o corpo queda imantado en sentido oposto ao indutor. É unha forma débil de magnetismo presente en todos os materiais, aínda que pode quedar enmascarada por outras formas máis fortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de fenómenos que provocan grandes variacións e deformacións da codia terrestre. Este termo foi proposto por J. W. Powell no s XIX. Posteriormente, G. K. Gilbert desenvolveu o concepto ao diferenciar dous tipos de diastrofismo: a oroxénese, conxunto de movementos que dan lugar a unha cordilleira, e a epiroxénese, movementos de descenso e elevación que afectan a amplas áreas continentais.

    2. Efecto dos fenómenos do diastrofismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema heptatónico que observa unha determinada distribución entre os cinco tons e os dous semitóns que hai en cada oitava. Baséase nunha selección de sete notas contiguas do ciclo das quintas. Ao presentar estas sete notas do grave ao agudo, ou do agudo ao grave, aparece unha secuencia de tons e de semitóns que se repite en todas as oitavas. As escalas modais e as escalas maior e menor son diatónicas pero cada escala comeza por unha nota diferente, a tónica, e, polo tanto, cada unha presenta a mencionada secuencia de tons e de semitóns a partir dun lugar diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de tropismo estimulado pola gravidade, no que o órgano afectado se coloca en posición perpendicular con respecto á dirección do mesmo. Tamén se denomina xeotropismo transversal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dalgunhas substancias de presentar diferentes coloracións segundo o propio grosor e a inclinación dos raios transmitidos. Estas substancias son birrefrixentes e absorben desigualmente os dous raios que transmiten.

    VER O DETALLE DO TERMO