"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

    1. Facer unha cousa estreita ou máis estreita.

    2. Diminuír de largo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de estreito.

    2. Falta ou escaseza do necesario para vivir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten pouca ou menos largura do que se considera normal ou adecuado.

    2. Que aperta ou cingue moito aquilo que arrodea.

    3. Que ten carácter íntimo ou é moi próximo, especialmente aplicado á amizade, ao parentesco ou outro tipo de relación.

    4. Que se caracteriza pola súa rixidez nas ideas e principios.

    5. Aplícase á peza diminuída que consiste nunha cruz cos brazos dunha dimensión inferior á normal.

    6. Paso, situado entre dúas masas de auga, que se comunican entre si a través del.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Problema suscitado en relación cos estreitos do Bósforo e dos Dardanelos, e o acceso dos barcos rusos a través do Mediterráneo aos portos do Mar Negro. Polo Tratado de Küçük Kaynarca (1774), Turquía permitiu o acceso dos buques comercias rusos a través de ambos os dous estreitos; posteriormente, polo Tratado de Adrianópolis (1829) ampliouse ás flotas comerciais das restantes potencias europeas e desde 1833, polo Tratado de Hünkâr-Iskelesi, aos buques da armada rusa. Na Convención de Londres (1841), confirmada polo Tratado de París (1856), proclamouse a neutralidade do Mar Negro e fixouse en seis o número de barcos de guerra rusos e turcos que podían permanecer simultaneamente nas súas augas, limitación que foi suprimida pola Conferencia de Londres de marzo de 1871. A Convención de Laussane en xullo de 1923 proclamou a total liberdade de navegación, desmilitarizou os Dardanelos e creou unha comisión de estreitos con sede en Constantinopla. O Tratado de Montreux de xullo de 1936 devolveu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino creado por Napoleón na Toscana (1801-1807) despois de abolir o gran ducado de Toscana. Invadido polos franceses en 1796, en marzo de 1801, polo Tratado de Lunéville, Napoleón nomeou rei de Etruria a Luís I de Borbón, duque de Parma. Trala súa morte (1803) sucedeuno o seu fillo Luís II, aínda que a súa esposa María Luísa actuou de rexente. Refuxio de numerosos inimigos de Francia, Napoleón incorporouno a Francia polo Tratado de Fontainebleau (1807). En 1809 foi reconvertido en gran ducado de Toscana e entregado a Elisa Bonaparte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Ourense (1739-1763). Monxe agostiño, fundou a congregación da Buena Muerte na igrexa de Santa María Madre de Ourense. Durante o seu bispado restaurouse o altar maior da catedral auriense. Fixo un libro contra a obra de J. de Barbeyrac Moral dos padres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Investigador, dramaturgo e director de escena ruso. Participou activamente na longa xeira de experiencias renovadoras e transformadoras que se desenvolveron en San Petersburgo e Moscova, e que procuraban novas formas de teatralidade alleas ao realismo e ao naturalismo do momento. Creou a compañía do Teatro Antigo coa que explorou as posibilidades da commedia dell’arte italiana, da literatura dramática medieval francesa e da escrita do Século de Ouro español. Desenvolveu un especial gusto polas formas teatrais populares en que as caretas italianas se mesturaban cunha visión paródica e grotesca da existencia. Dirixiu (1910-1917) o Teatro do Espello Torcido, onde desenvolveu o seu proxecto do teatro das pequenas formas. Escribiu máis de cen monodramas e creou parodias literarias, arlequinadas, pantomimas e outros xogos e divertimentos onde se mesturaba a lectura crítica coa experimentación vangardista. Foi un dos primeiros impulsores do movemento do Outubro Teatral e participou na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está afectado polo exorreísmo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carácter das rexións que teñen drenaxe normal, é dicir, as concas hidrográficas diríxense cara ao mar ou ao oceáno. OBS: Oponse ao termo endorreísmo; a grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático neerlandés. Embaixador en Madrid e secretario xeral de Asuntos Exteriores con Luís Bonaparte, dimitiu do seu cargo en 1810 trala anexión de Holanda a Francia. Trala reorganización dos Países Baixos, foi ministro de Instrución, Industria e Colonias (1818-1824), embaixador en Londres (1824-1832) e, desde 1839, embaixador de Holanda en Bruxelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertence á faldra.

    2. Que ou a quen lle gusta moito estar entre mulleres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se ocupa do funcionamento e mantemento dun faro marítimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo mes do ano que conta con vinte e oito días nos anos comúns e vinte e nove nos bisestos. No calendario romano era o duodécimo e derradeiro mes do ano, que se dedicaba aos ritos purificatorios, denominados februalia e consagrados ao deus Februus, do que derivou o seu nome. Celébrase neste mes a festividade das Candelas, polo que se denomina tamén mes da Candeloria, e San Blas. Ademais é o tempo das xeadas, da poda da viña e da sementeira do liño, pero especialmente é o momento de agardar ao redor do lume da lareira. Na tradición oral recóllense ditos como: “A chuvia de febreiro fai o palleiro. Cando chove por febreiro, todo o ano é temporeiro. Cando non chove en febreiro, non hai bo prado nin bo lameiro. Febreiriño curto, cos seus días vinteoito; se dura máis catro, non queda can nin gato, nin ratiño no burato, nin ovella rabela, nin pastor para ir con ela, nin cornos no carneiro, nin orellas ao pegureiro. Febreiro, sete capas e un sombreiro”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de sinople, un cordeiro de ouro, deitado sobre un terrazo de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada o 29 de outubro de 1977 en Santiago de Compostela que ten como finalidade a defensa dos intereses dos libreiros, do libro e da cultura de Galicia. Ademais, procura a mellora profesional e material dos seus asociados, promove o libro e a lectura a través de diversas actividades, e representa o sector en todos os foros de decisión e debate. Ao longo da súa historia, presidírona Xesús Couceiro Rivas, Ángel Martínez Ferrer, Xosé M. Alonso Martínez e Xaime C. Corral Prieto. Está formada por sete Agrupacións de Libreiros (Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo). Publicou os tres primeiros tomos do catálogo das publicacións en galego dende as Cantigas de Santa María ata o ano 1993. Anualmente, edita antoloxías e monografías dos escritores homenaxeados no Día das Letras Galegas. Ademais, encárgase da organización das Feiras do Libro Novo e as do Libro Antigo e de Ocasión que se celebran en Galicia, xunto con xornadas monográficas sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Berlín 1688 - Postdam 1740) Rei de Prusia (1713-1740), fillo e sucesor de Federico I. Formou parte da coalición contra Suecia na Guerra do Norte e obtivo a Pomerania occidental, Stetin e as illas Wolin e Usedom. Continuou a obra de centralización iniciada polos seus antecesores e potenciou o desenvolvemento económico por medio da inmigración. Fortaleceu o exército, organizou un sistema de recrutamento regular e creou unha escola de cadetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector do Palatinado (1610-1620) e rei de Bohemia (1619-1620), fillo e herdeiro do elector Federico IV. Cabeza nominal da Unión Protestante, foi elixido rei de Bohemia (1619) polos bohemios, sublevados contra o seu rei, o Emperador Fernando II. Vencido polos exércitos imperiais na Batalla da Montaña Branca (1620), perdeu o Reino de Bohemia, o cargo de elector e o Palatinado, polo que se refuxiou nas Provincias Unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático portugués. Foi mestre do primeiro duque de Lafões e, para el, compuxo numerosas obras didácticas, entre elas Ortografia ou Arte de Pronunciar com Acerto a Língua Portuguesa (1734).

    VER O DETALLE DO TERMO