"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que constrinxe.
-
-
Acción e efecto de constrinxir.
-
Procedemento ou conxunto de normas que determinan a actuación xudicial con vista á execución dunha sentencia.
-
-
-
Obrigar a alguén ou a algo a manterse dentro de certos límites.
-
Constituír alguén ou algo a causa de que unha ou máis persoas obren contra a súa vontade ou estean privados de liberdade.
-
Oprimir algunha parte do corpo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trincheira feita polos asediados, dende o camiño cuberto que corría por detrás da pendente, para contrarrestar os traballos de aproximación do inimigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen pretende unha cousa en competencia con outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glicósido de acción cardiotónica e diurética que se extrae da liliácea da especie Convallaria majalis.
-
PERSOEIRO
Paleontólogo. Precursor da descrición moderna dos vertebrados fósiles, especialmente dinosauros, mamíferos do Terciario e vertebrados do Pérmico, deu nome a máis de 600 especies. Relacionou a estrutura do esqueleto dos mamíferos coa velocidade que podían acadar e co papel desta na selección natural, á vez que establecía unha lei pola que son as especies menos especializadas as que orixinan formas evolutivas posteriores. Considérase como pertencente á escola neolamarquista. Entre as máis de 300 publicacións paleontolóxicas e sobre a teoría da evolución destacan: Clasificación sistemática de lacertilios e ofidios (1864), Clasificación sistemática de batracios, réptiles e aves fósiles de Norteamérica (1869), Hipótese sobre evolución, física e metafísica (1870), Vertebrados fósiles da formación eocena de Wyoming (1873), Sobre a teoría da evolución (1876), Vertebrados cretácicos do Oeste (1877) e Vertebrados terciarios (1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás coprináceas.
-
Fungo da familia das coprináceas.
-
Familia da orde das agaricais á que pertencen os xéneros Coprinus, Lacrymaria e Psathyrella.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos dous señores que representan a Andorra: o bispo da Seu d’Urgell, representado polo seu vicario xeral; e o presidente da República Francesa, representado polo prefecto do departamento dos Pireneos Orientais. Ten a súa orixe nunha sentenza arbitral de 1278 denominada pariatje, pola que o principado quedaba baixo a soberanía in diviso do bispo de Urgell e do conde de Foix. O dereito desta pasou despois ás casas de Bearn e de Borbón, con Enrique IV, á coroa de Francia e, posteriormente, ao presidente da República Francesa. A Constitución andorrana de 1993 modificou as súas funcións para reducir as dúas competencias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos de cogomelos caracterizados por producir uns chapeos cilíndricos de láminas cinsentas ou negras. En Galicia están presentes as especies C. atramentarius, de cogomelos de ata 10 cm de alto, superficie lisa de cor cinsenta coa parte máis alta acastañada, que aparecen sobre solos ricos en madeira; C. picaceus, de cogomelos de ata 15 cm de altura, o primeiro de cor branca e o sombreiro acastañado escuro con folerpas brancas, presente baixo árbores caducifolias; C. micaceus, de cogomelos de ata 7 cm de alto, co chapeu de cor parda con gránulos na parte superior e pé branco que aparecen sobre madeira morta de árbores caducifolias; e C. plicatilis, de cogomelos de ata 5 cm de alto, cun chapeu estriado de cor branca con gránulos de cor vermella presente en prados. Os cogomelos de maior tamaño reciben o nome de barbudas, especialmente cando están totalmente cubertos da cutícula lanuxinosa con aspecto de barba ao principio do seu desenvolvemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porfirina que ten como grupos substituíntes -CH3 e -CH2-CH2-COOH. Normalmente está presente nos excrementos en pequenas cantidades e aumenta patoloxicamente en distintos tipos de porfiria e noutras enfermidades, como a poliomielite, a hepatite e a intoxicación por chumbo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esteroide que se atopa nos excrementos humanos e en animais carnívoros.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Avión. Cómpre destacar o retablo do s XVIII que contén as imaxes de santa Mariña, san Bieito e san Gregorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de aluminio, de fórmula Al2O3. Cristaliza no sistema romboédrico en cristais de forma prismática, algunhas veces de dimensións considerables. Ten unha dureza de 9 e unha densidade de 4-4,1. En estado puro é incoloro, pero a miúdo presenta outras cores, debido a impurezas; tamén presenta coloracións distribuídas por zonas, por mor das inclusións doutros minerais. As variedades máis coñecidas son as de cor azul escura, denominadas zafiro, e as de cor vermella, denominadas rubí; as dúas son pedras preciosas moi empregadas en xoiería. O cristal impuro, triturado e mesturado con outros minerais, chámase esmeril e emprégase como abrasivo.
-
-
Relativo ou pertencente ás corinebacteriáceas.
-
Bacteria da familia das corinebacteriáceas.
-
Familia de eubacteriais constituída por bacterias Gram-positivas, xeralmente en forma de bacilo inmóbil ou, máis raramente, con flaxelos perítricos, que de xeito ocasional forman filamentos. Son aerobias estritas e poden fermentar azucres. Presentan formas parasitas de animais e vexetais e formas saprófitas que viven no solo. O xénero representativo desta familia é Corynebacterium, ao que pertence o axente causante da difteria humana (C. diphteriae).
-
-
PERSOEIRO
Poetisa grega. Competiu con Píndaro en certames poéticos. Típico expoñente da poesía dórica, foi valorada polo helenismo. Ovidio deulle este nome á protagonista das súas elexías amorosas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poeta troiano que, segundo a tradición, foi o autor da Iliada. Desta obra tomou Homero boa parte dos seus poemas. Tamén se lle atribúe unha epopea da guerra entre Dárdano e os paflagonios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión para chamar o porco.
-
-
Relativo ou pertencente ás corinocarpáceas.
-
Planta da familia das corinocarpáceas.
-
Familia de árbores da orde das celastrais, integrada por unhas vinte especies de follas alternas, non estipuladas, e flores pentámeras dispostas en panículas terminais. Son propias das rexións austrais.
-
-
PERSOEIRO
Pintor alemán. Formado na tradición académica de Königsberg, París e Múnic, adoptou a técnica dos impresionistas, pero cunha pincelada máis nerviosa e expresiva. Adheriuse ao movemento da Sezession de Berlín. En 1911, un ataque de apoplexía levouno a unha pintura moito máis dramática, como a que amosa nuns cincuenta autorretratos, moitos deles acompañados dun esqueleto. Abriu o camiño ás novas correntes expresionistas.
VER O DETALLE DO TERMO