"Sil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 565.

  • Composto de fórmula xeral H3Si-(-OSiH2)n-OSiH3 que se forma por condensación de moléculas de silanois. O termo máis simple de toda a serie é o disiloxano (H3Si-O-SiH3).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de argumentación dedutiva que consiste na afirmación de dúas proposicións, relacionadas entre elas e chamadas premisas, das que resulta outra, chamada conclusión. A relación entre as premisas do siloxismo -chamadas respectivamente maior (P) e menor (S)- establécese mediante o chamado termo medio (M), repetido en ambas as dúas premisas. A diferente disposición de P, S e M nelas determina as catro posibles figuras do siloxismo, e a súa combinación coas catro posibles modalidades de xuízos determina os modos do siloxismo. Entre as diversas formas siloxísticas están os siloxismos hipotéticos, os modais, os abreviados (entimema) e os compostos (polisiloxismo, sorites e dilema).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda o siloxismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya (3.248 h [2001]). Ten agricultura de secaño e cría de gando bovino, porcino e avícola, así como industrias do papel, madeira, téxtil e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Industria lítica do val do Nilo. Desenvolveuse no Epipaleolítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma que presenta á vista a masa dun obxecto afastado, destacándoa máis ou menos no fondo sobre o que está proxectada.

    2. Debuxo a riscos que representa o contorno dunha persoa ou cousa.

    3. Liña que delimita un corpo ou unha figura.

    4. Retrato de perfil cortado con tesoiras nun papel negro e aplicado sobre un fondo claro, inventado no s XVIII en Francia. A expresión orixinal (à la silhouette) facía referencia a uns vestidos sen pregas nin petos e a unhas caricaturas con poucos trazos coas que se ridiculizaba a parsimonia do funcionario de finanzas francés Étienne de Silhouette (1709-1767).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro dos seis sistemas ou períodos en que se divide a era primaria ou Paleozoico. Está situado sobre o Ordovícico e baixo o Devónico e vai desde os 438 millóns de anos ata os 408.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos silúridos.

    2. Peixe da familia dos silúridos.

    3. Familia de peixes, da orde dos siluriformes, de corpo deprimido dorsiventralmente, cabeza ensanchada, barbas moi desenvolvidas, pel frecuentemente núa, ollos pequenos, sen aletas dorsais ou cunha soa pequena, e a anal grande e as pectorais co primeiro raio espiñoso desenvolvido. Son peixes depredadores e propios das augas doces de Asia e Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos siluriformes.

    2. Peixe da orde dos siluriformes.

    3. Orde de peixes teleósteos, da clase dos osteíctios, co primeiro raio da aleta dorsal e das pectorais como unha espiña moi dura, ás veces dentada, que está relacionada con glándulas velenosas. Moitas veces presentan tamén unha segunda aleta dorsal adiposa. Teñen a pel núa ou con placas óseas, pero sen escamas, ata 5 pares de barbas e unha cola homocerca. Son depredadores, pero tamén comen detritos heteroxéneos e substancias vexetais, e habitan case exclusivamente nas augas doces continentais. Habitan practicamente en toda a zona tropical, sobre todo en augas interiores de América Central e meridional, Asia e África, así como en Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe teleósteo siluriforme que alcanza os 3 m de lonxitude e presenta barbas. Habita nas augas doces de Europa Central e dunha gran parte de Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos siluros.

    2. Individuo do pobo siluro.

    3. Pobo, de orixe ibérica segundo Tácito, que habitaba ao S de Gales, ao N de Severn. Resistiron medio século despois de que Claudio convertese Britania en provincia romana e foron reducidos por Xulio Frontino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes teleósteos, da familia dos silúridos, ao que pertence o siluro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta arbustiva rubideira e espiñenta, de ata 3 m de altura, coas follas imparimpinnadas, de marxe serrada, sen pelos pola face e tomentosas polo envés, flores pentámeras brancas ou rosas e froito con numerosas drupas agrupadas, negro cando está maduro e vermello cando está verde. Florece entre maio e novembro, mentres que o froito, comestible, pode recollerse entre agosto e setembro. O froito utilízase para facer marmeladas ou xaropes e as follas en infusión teñen propiedades astrinxentes, diuréticas e fortalecen as enxivas. Atópase nas beiras dos camiños e ao pé dos muros e cercas, en lugares frescos, húmidos e luminosos. Son plantas que se atopan distribuídas por toda Europa e en toda Galicia.

      2. silva macho [Rosa canina, Fam das rosáceas]

        Planta arbustiva caducifolia, de ata 5 m de altura, con talos espiñentos, follas de bordo aserrado e sen pelos, flores pentámeras e brancas ou rosadas, dispostas en corimbo ou solitarias, e froito carnoso, vermello e globoso. Florece entre maio e xullo en case toda Galicia. Distribúese por toda Europa e está moi estendida pola Península Ibérica.

    1. Alga vermella rodófita, de ata 7 cm de lonxitude, de cor rosada e co talo cuberto de carbonato cálcico. Está presente nas costas galegas na zona mesolitoral, entre os rochedos. É apreciada polo seu valor fronte ás gastrites e como antidiarreico.

    2. Forma poética constituída por series continuadas de versos sen estrutura estrófica determinada. Na silva clásica da Idade de Ouro os versos son hendecasílabos e heptasílabos, e a rima consonante. A silva modernista introduciu medidas de versos e a rima asonante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico situada na ribeira esquerda da ría de Arousa, na parroquia do Grove, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pol baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe portuguesa que pasou a España e se estableceu en Galicia.

    2. Liñaxe de orixe galega, con dignidade de grande de España presente en Castela (Pastrana), Aragón (Híjar) e Portugal (Gouveia). A súa orixe localízase en Paio o Diácono, chamado o Infante de Carrión, neto do Rei Froila II, e está probada desde o seu neto, o ricohome galego Gutierre de Alderete, tamén coñecido como Gutierre Alderete de Silva , señor de Alderete, Aserdam e da torre e quinta de Silva. Trae por armas, en campo de prata, un león rampante de goles, coroado de ouro. Outro trae, en campo de ouro, un león de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote, irmán de Carlos E. Silva Castro. Foi decano da facultade de Dereito da Universidade de Gama Filho e catedrático nas universidades de Rio de Janeiro e Pontificia Universidade Católica. Cóengo honorario do cabido metropolitano de Rio de Janeiro, especializouse na investigación metafísica, dogmática e ética. Escribiu Variações sobre a pena de morte (1961), En torno a unos inéditos de Amor Ruibal (1969) e El magisterio espiritual de Santa Teresa (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Piloto de aviación, xornalista e escritor. Foi director de Avion Revue Internacional. Colaborou en La Noche, El Correo Gallego, RNE e TVE, e publicou Bomba a bordo (1982), Matar al presidente (1983), El Hereje (1993), Aeroguía del litoral de Galicia (1996) e Marusía (1997). Recibiu o premio Espejo de España como coautor da biografía Mi vida con Ramón Franco (1981), ademais da Medalla al Mérito Civil e a Medalla al Mérito Aeronáutico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e ilustrador. Coñecido como Kiko da Silva, licenciouse en Belas Artes pola especialidade de pintura. Comezou en fanzines como Nicasso e Nova línea, e na revista Elipse. Cartelista, director e promotor da revista BD Banda, como humorista gráfico traballou en La Voz de Galicia, no suplemento “Xatentendo.com” e na revista Golfiño, onde publicou a serie “Fiz nos Biosbardos”. Ten ilustrado libros como A verdadeira historia do pirata Xocas (1999), A memoria das árbores (2001), De rato de campo e rato de cidade (2002) ou Que contan as ovellas para durmir? (2004). Recibiu o Premio Ourense de Banda Deseñada ao Mellor Autor Afeccionado (1996), o Prémio de humor do Muséu da Imprensa do Porto e un accésit no concurso de ilustración organizado polo INJUVE (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e poeta, vizconde de Almeida Garret. Influído por Filinto Elísio, Walter Scott e Lord Byron, renovou as estruturas artísticas e as orientacións temáticas e estéticas do teatro portugués. Líder estudantil na etapa revolucionaria (1820), exiliouse en Inglaterra (1822-1826) coa derrota do liberalismo. Foi inspector xeral de teatros (1936-1841) e promoveu a creación do Teatro Nacional Dona María Segunda. Das súas obras destaca o poema Retrato de Venus (1821), polo que foi procesado; a novela Viagens da Minha Terra (1846); a peza teatral Frei Luis de Sousa (1850); e a recompilación lírica Folhas Caídas (1853).

    VER O DETALLE DO TERMO