"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
-
Que pertence á familia das bixáceas.
-
Árbore da familia das bixáceas.
-
Familia de árbores da orde das violais constituída por un só xénero ao que pertence a bixa.
-
-
PERSOEIRO
Compositor. Estudiou no Conservatorio de París onde foi alumno de Halévy e Gounod. Coa cantata Clovis et Clotilde gañou o Premio de Roma (1857), onde compuxo a ópera bufa Don Procopio e a suite sinfónica Roma. Dedicouse fundamentalmente á música escénica. Posto de moda o exotismo musical por Félicien David, moitos dos libretos que lle ofreceron reflectían ambientes orientais ou de países afastados. Dentro deste estilo compuxo as óperas Les pêcheurs de perles (Os pescadores de perlas, 1863), con libreto de Michel Carré e Cormon; La jolie fille de Perth (A guapa moza de Perth,1867) e Djamileh (1872). Tamén compuxo música de escena de ambiente provenzal para L’Arlésienne (A Arlesiana), de Alphonse Daudet (1872) e Carmen (1875), ópera con libreto extraído da novela de Prosper Mérimée, que renovou a ópera francesa coa súa espontaneidade, forza de sentimentos nos personaxes e variedade de melodías. Foi a súa obra...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Publicou os poemarios en castelán La noche clara (1922) e La escondida senda (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos antibióticos anticancerosos illados de cultivos de Streptomyces verticillus, que teñen como compoñente principal a bleomicina A2. Presenta unha grande afinidade coas células tumorais. Emprégase en medicina para detectar as neoplasias e para o tratamento dos carcinomas de pel e os linfomas da enfermidade de Hodgkin. Comporta o risco de pneumonite e fibrose pulmonar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que establece que as solucións da ecuación de Schrödinger para un electrón que se move no seo dun potencial periódico (por exemplo o potencial nun cristal) é periódico respecto a translación T sobre a malla: U(r+T)=U(r) satisfán a expresión ψ (r+T) =eik·T ψ (r), onde k é o vector de onda; estas funcións chámanse funcións de Bloch. Este teorema recibe ás veces o nome de teorema de Floquet.
-
PERSOEIRO
Lingüista. Doutorouse en Chicago (1909) e completou estudios en Alemaña. A súa gran realización é o traballo sobre as linguas algonquinas. Tanto nesta orde como na da descrición sincrónica, Bloomfield abriu novos horizontes. A súa obra máis influente foi o libro Language (A Linguaxe, 1933) coa que fundou a escola estruturalista norteamericana, denominada Distribucionalismo. Escribiu tamén Introdución ao estudo da linguaxe (1914) e Os aspectos lingüísticos da ciencia (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de bloquear.
-
Alteración fisiolóxica ou patolóxica que dificulta ou impide o funcionamento normal dunha estrutura ou dun corpo.
-
Operación militar dirixida a illar unha praza ou fortificación, impedindo que se comunique co exterior e que saian ou entren forzas (ou outros auxilios). Diferénciase do sitio en que non se emprenden accións ofensivas dedicadas a tomar a posición bloqueada.
-
Sistema de sinalización empregado nas liñas de ferocarril para impedir que dous trens, dúas máquinas, etc, que circulan por unha mesma vía entren en colisión. Os sistemas empregados actualmente son o telefónico, o CTC (Control de Tránsito Centralizado), o automático e o de control por ordenador. No bloqueo telefónico, antes de dar a un tren a saída dunha estación, cómpre preguntar por vía telefónica á seguinte se o pode recibir. O bloqueo CTC consiste en gobernar todos os sinais e as agullas dun tramo moi longo de vía dende un lugar único de mando. No bloqueo automático, o mesmo tren, ao entrar e saír dun sector, pecha e abre, respectivamente, o circuíto correspondente aos sinais luminosos. No bloqueo controlado por ordenador recíbese información da velocidade, da distancia do tren precedente e das indicacións das estacións que o ordenador transforma na velocidade máxima permitida.
-
En diferentes deportes, inmobilización da pelota ou dun golpe por parte dun xogador. Nalgúns deportes de equipo, obstrución regulamentaria que fai un xogador a un adversario, xeralmente para favorecer a un compañeiro de equipo. Nalgunhas artes marciais, acción de impedir que o adversario emprenda un ataque.
-
Operación pola que as forzas navais e, eventualmente, as aéreas e as terrestres dun estado, interceptan as comunicacións no territorio doutro estado. Dende o punto de vista xurídico, o bloqueo pode ser bélico ou pacífico. O bloqueo bélico tense que declarar por parte do estado belixerante, precisando os límites territoriais e temporais, e notificarse aos estados neutrais que terán que observalo mentres sexa efectivo. En caso de ruptura do bloqueo bélico, o país que o exercía ten o dereito de capturar os barcos infractores e capturar a carga. O bloqueo pacífico, chamado tamén bloqueo económico ou bloqueo económico internacional, adóptase como represalia en tempos de paz para impedir as relacións comerciais do país bloqueado con outros países. A súa licitude é discutida e non hai a obriga de respectalo por parte dos outros estados. En case todos os casos isto obedece a razóns políticas e ten como fin...
-
Acción do estado para limitar o crecemento dunha ou de diversas variables económicas mediante a conxelación ou a limitación dos seus aumentos. Utilízase en situacións graves e adoita formar parte de plans de estabilización de maior alcance. Dentro dos países de economía de mercado, a aplicación do bloqueo implica un forte grao de intervención estatal. As variables bloqueadas máis usuais son os prezos, os salarios, as rendas de capital, as importacións, etc. O levantamento do bloqueo pretende retornar ao mercado a súa capacidade, e adoita levarse a cabo de xeito gradual, para evitar alzas repentinas nos prezos. O bloqueo de prezos, que pode ser xeral ou limitarse a algúns bens, ten como finalidade a loita contra os procesos inflacionistas que minguan a capacidade adquisitiva dos consumidores. Pero, xunto co bloqueo de prezos, e coa mesma finalidade, limítanse as elevacións dos salarios. O bloqueo das rendas do capital obedece a razóns tanto económicas...
-
Nun tubo electrónico ou nun dispositivo semicondutor, estado de interrupción da corrente que se obtén ao aplicar unha polarización axeitada ao electrodo de control.
-
Emprego de pintura opaca sobre a superficie dun negativo (cun gran formato) para escurecer aqueles trazos non desexados na imaxe. Emprégase en fotografía comercial para illar un produto, resaltándoo. Á hora de positivalo, o resultado é un fondo completamente branco.
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de medidas tomadas por Napoleón I para pecharlle ao Reino Unido todos os portos do continente. O decreto de Berlín de 1806 prohibía todo comercio ou correspondencia coas Illas Británicas. Gran Bretaña compensou a perda do mercado europeo intensificando o seu comercio coas colonias españolas de América. Europa padeceu as consecuencias do bloqueo, reflectidas nunha baixa do comercio colonial.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Convertido ao Catolicismo, cómpre subliñar dos seus libros Le salut par les juifs (A salvación para os xudeus, 1892), Le sang du pauvre (O sangue do pobre, 1897), Jeanne d’Arc et l’Allemagne (Xoana de Arco e Alemaña, 1915) e os oito volumes do Journal (Xornal, 1898-1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro dunha familia xudía, estudiou Dereito. Foi auditor do Consello de Estado (1895). Progresou dende o Republicanismo ata o Socialismo democrático de Jean Jaurés. Colaborou no xornal L’Humanité dende 1904. Durante a Primeira Guerra Mundial foi director do gabinete do ministro de Obras Públicas Sembat (1914-1916). No Congreso de Tours (1920) encabezou a oposición na Terceira Internacional e pasou a ser o líder do novo partido socialista francés, Sección Francesa de la Internacional Obrera (SFIO), despois da separación dos comunistas. Foi tamén director de Le Populaire. Tralo triunfo da Fronte Popular accedeu á presidencia do Consello. O seu primeiro ministerio (1936-1937) levou a cabo importantes reformas económicas e sociais, como a semana de 40 horas, as vacacións pagadas ou a negociación colectiva das condicións laborais. Partidario nun primeiro momento de axudar a República española no inicio da Guerra Civil, posteriomente propuxo a non intervención das...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
bocarte.
-
PERSOEIRO
Organista e compositor. Compuxo, entre outras, as pezas Symphonie en fa, Variations symphoniques (para viloncelo e orquestra), música de cámara e música para órgano.
VER O DETALLE DO TERMO -
CABOS
Cabo situado no extremo occidental de Sicilia, Italia, onde se atopa a cidade de Marsala. Os romanos chamárono Promontorium Lilybaeum.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo franciscano e profesor brasileiro. É o máis sobranceiro dos “teólogos da liberación” latinoamericana. A raíz do seu libro Igreja: carisma e poder (1981), foi sancionado polas autoridades romanas. Na obra tentou unha reformulación do contido dos tratados teolóxicos tradicionais dende a problemática da marxinación e da dependencia dos países máis pobres de Sudamérica. Despois desta obra, os conflitos coa xerarquía católica aumentaron; en 1991 foi destituído do cargo de redactor-xefe da revista Vozes e en 1992, canso e decepcionado, anunciou a súa retirada do sacerdocio e da orde franciscana, sen deixar, non obstante, a Igrexa Católica. Publicou: Jesus Cristo libertador: ensaio de cristologia crítica para o nosso tempo (1966), Paixão de Cristo-Paixão do mundo (1977), Ecologia, mundialização, espiritualidade: a emergência dum novo paradigma (1993) e Ecologia: grito da terra, grito dos pobres (1995), entre outras obras; ademais, participou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor romanés. Foi xornalista na Guerra Civil española (1936-1939). Publicou, entre outras, Jurnal de sex (Diario de sexo, 1930) e cinco volumes de prosa (1956-1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, organista e clavecinista. Considerado un dos precursores de Johann Sebastian Bach, sobre quen influíu, os seus preludios caracterízanse pola riqueza de figuras do cantus firmus e polos ornamentos inspirados na música francesa de clavecín. Entre a súa produción destacan as fugas, os preludios e as suites.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Frautista, construtor de instrumentos e compositor. É o creador da estrutura actual da frauta de través. É autor dun bo número de pezas para frauta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo da gota líquida empregado no estudo da estrutura do núcleo atómico.
-
PERSOEIRO
Poeta. Escribiu, en latín, Carmina de Laudibus Estensium e dúas églogas alegóricas. A súa fama baséase, non obstante, en dúas obras: o cancioneiro Amorum libri tres (Tres libros de amores), -a recompilación italiana máis completa do s XV-, e a obra capital, Orlando innamorato (Orlando namorado), poema cabaleiresco en oitavas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e litógrafo francés. Cultiva as escenas aristocráticas e galantes, os temas revolucionarios, o retrato e as escenas de xénero. Adoptou a litografía en 1823. Entre as súas obras destacan: L’arrivée de la diligence (A chegada da dilixencia, 1803) e Distribución de víveres nos campos Elíseos (1822).
VER O DETALLE DO TERMO