"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Disciplina que estuda a socioxénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñeceu nos países occidentais á organización soviética Medždunarodnaja Organizacija Pomožči Tvorcam Revol’ucii (Organización Internacional de Axuda aos Artífices da Revolución, MOPR). Creada en 1922, tiña por finalidade dar axuda material e xurídica e apoio moral aos presos e emigrados políticos, e ás familias dos revolucionarios mortos na loita. En España deu axuda aos perseguidos polos feitos de outubro de 1934 e traballou activamente a favor dos damnificados pola guerra na zona republicana. O seu órgano de expresión era a revista MOPR e, desde 1936, Edinstvo. Á fin de 1937, a dirección pasou a París e durante a Segunda Guerra Mundial cesou toda actividade, agás na URSS, onde se mantivo ata 1947.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de sofisticar ou sofisticarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación situada en Piloño (Vila de Cruces). Estableceuse nun antigo casarío restaurado grazas á iniciativa do pintor Francisco Lareo. Ademais de exposicións pitóricas realiza coloquios e obradoiros internacionais de artes plásticas. Reuniu unha colección de artistas galegos dos que destacan Laxeiro, Colmeiro ou Sucasas, así como doutros artistas europeos e americanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Procedemento para obter efectos artísticos ou especiais nunha fotografía ou nunha película que consiste en expoñer á luz as superficies sensibles xa impresionadas mentres se revelan.

      1. Exposición que se fai á luz do Sol con finalidade terapéutica.

      2. Conxunto de efectos que se producen por esta exposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de solicitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso dunha substancia do estado líquido ou gasoso ao estado sólido mediante a diminución da súa temperatura, a variación da presión ou ambas as dúas accións simultaneamente. É o fenómeno inverso ao de fusión. Para as substancias que son cristalinas en estado sólido, pódese definir, para unha presión determinada, unha temperatura de solidificación ou punto de solidificación, os valores que coinciden cos de fusión correspondentes. Durante a solidificación emítese unha cantidade de calor por unidade de masa, igual á calor de fusión nas mesmas condicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa lendaria situada a carón da Torre de Hércules (A Coruña). O texto descritivo escribiuno Trezenzonio no s XI, onde narrou que a illa se asemellaba ao paraíso e tiña un templo dedicado a santa Tegra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de estudo da música que se basea na utilización dunhas sílabas (do-re-mi-fa-sol-la-si ou 1-2-3-4-5-6-7) asociadas á altura do son para indicar intervalos melódicos. O principal sistema data do s XI e está asociado á figura de Guido d’Arezzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos puntos da eclíptica para os que o valor da declinación do Sol toma o seu valor máximo ou mínimo. Cando o Sol chega a un destes puntos deixa de aumentar a súa distancia ao ecuador celeste. O solsticio correspondente á máxima separación boreal ten lugar cara ao 21 de xuño, e o correspondente á máxima separación austral ten lugar cara ao 21 ou 22 de decembro. A primeira data marca o comezo do verán no hemisferio norte e corresponde ao solsticio de verán ou punto Cáncer, mentres que a outra data sinala o comezo do inverno e corresponde ao solsticio de inverno ou punto Capricornio. Cando o Sol está no solsticio de verán a Terra pasa polo afelio da súa órbita e cando está no solsticio de inverno pasa polo perihelio. A diferenza de duración entre o día e a noite é máxima nos solsticios. No hemisferio sur as estacións sucédense na orde inversa do hemisferio norte.

    2. Liña imaxinaria perpendicular á liña dos equinoccios cuxos puntos de intersección coa eclíptica determinan os solsticios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento da solubilidade dunha substancia, a causa da presenza doutra substancia denominada solubilizante ou axente solubilizante. Desde un punto de vista físico, a solubilización ocorre mediante a diminución do coeficiente de actividade da substancia que se quere disolver pola acción do axente solubilizante. Pode ocorrer por varios tipos de interacción entre o axente solubilizante e a substancia que se quere disolver, como a coordinación, o enlace por puntos de hidróxeno, a interacción de dipolos e a formación de complexos. Aplícase na preparación de fármacos co fin de que sexan solubles na auga e de colorantes para conseguir tonalidades máis uniformes, na eliminación dos haloxenuros de prata do papel fotográfico ou na preparación de aceites lubrificantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mestura en que os compoñentes se distribúen homoxeneamente en toda a extensión do sistema. Nos sistemas binarios, adoita denominarse soluto o compoñente minoritario, e disolvente ao maioritario, clasificación que se pode estender aos sistemas de máis compoñentes. En función do estado físico en que teñen lugar, distínguense as solucións sólidas, líquidas e gasosas. As solucións sólidas fórmanse mediante a interpenetración das redes cristalinas dos compoñentes e a súa formación esixe a existencia de estruturas cristalinas idénticas. Os seus compoñentes poden ser parcial ou totalmente miscibles; neste último caso, desde un punto de vista termodinámico e segundo as curvas do equilibrio sólido-líquido, pódense clasificar en solución sólidas continuas, cun punto de fusión que evoluciona proporcionalmente á concentración dos compoñentes; solucións sólidas con punto de fusión máximo, que son máis ben raras; e as solucións sólidas con punto de fusión mínimo...

      2. solución hipertónica

        Solución que ten unha presión osmótica superior ca a outra disolución de referencia. OBS: Tamén se denomina solución hiperosmótica.

      1. Acción de resolver un problema ou unha cuestión.

      2. Aquilo que resolve un problema ou unha cuestión.

      3. resultado.

      1. Interrupción nunha continuidade dunha cousa.

      2. Separación, división ou dislocación de partes continuas, como é o caso, por exemplo da fractura dun óso.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • solucionable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode solucionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resolver un problema dándolle unha solución.

    2. Chegar unha cousa á súa solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste na interacción nunha solución de solventes polares con ións ou moléculas de soluto mediante forzas atractivas ión-dipolo ou dipolo-dipolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariación fenotípica ou somática que non se transmite á descendencia e que non afecta á natureza das células reprodutoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifestación de impulsos, angustias ou conflitos psíquicos inconscientes que se produce por medio de síntomas orgánicos ou funcionais. Atópase en diversas síndromes neuróticas e, particularmente, nas denominadas enfermidades psicosomáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción que permite a síntese de aldehidos aromáticos mediante a conversión dun haloxenuro primario nun sal de amonio e posterior hidrólise ácida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de sonorizar.

    2. Técnica que incorpora o son (diálogos, música ou efectos especiais) a un filme cinematográfico.

    3. Técnica que consiste en amplificar os sons que proceden dun foco emisor determinado, co fin de permitir a difusión dentro dunha sala ou local, mediante o uso dun conxunto de altofalantes convenientemente distribuídos.

    4. Fenómeno polo que unha emisión fonemática xorda se converte en sonora. É moi típica das linguas románicas occidentais a sonorización de oclusivas xordas intervocálicas latinas: RIPA > riba, FATA > fada.

    VER O DETALLE DO TERMO