"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que tivo como tronco o conde Mendo de Rausona, irmán de Desiderio, último Rei dos longobardos de Italia (s VIII); por esta razón, nun principio recibiu o nome de Mendaio, patronímico de Mendo. Pasou ao País Vasco e asentouse en San Martín de Avendaño, vila próxima a Gasteiz, de onde seguramente tomaría a nova designación. Espallouse logo por Castela, Navarra, Islas Canarias, Colombia e Chile. En Galicia os Avendaño fundaron casa en Cristiñade, concello de Ponteareas, entre outros lugares. Cabaleiros desta liñaxe ingresaron nas ordes militares de Santiago, Calatrava e Alcántara. As primitivas armas desta familia levan, en campo de ouro, roeis de azul; e, segundo outros investigadores, en campo de prata, unha banda de goles. As máis frecuentes ostentan, en campo de azul, unha camisa mourisca de prata, atravesada por tres frechas de ouro, coas puntas manchadas de sangue. Os de América usan escudo medio partido cortado: a primeira partición leva, en campo de prata, unha banda...
-
GALICIA
Pintor, representante do Realismo paisaxístico luminoso e aéreo. Trasladouse a Madrid pero conservou o contacto con Galicia ao pasar todos os veráns na casa viguesa da Barxa. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1840-1850), onde foi alumno de Xenaro Pérez Villamil e de Esquivel, tendo por compañeiros entre outros a Federico Ruiz, Martín Rico e Castillo. No curso 1854-1855 abandonou a Academia, comezando unha serie de viaxes por España e Portugal que se transformaron na produción de numerosas obras e esbozos. Destas viaxes fixo 32 ilustracións para a revista El Museo Universal. En 1858 presentouse á Exposición Rexional de Santiago de Compostela con dous cadros á augada que representaban dúas vistas da ría de Vigo, na que obtivo a medalla de prata coa titulada A miña tristura. Viaxou por Francia, Inglaterra e Alemaña, e instalou o seu estudo de pintor de paisaxe en Portland (EE UU) en 1859. De regreso a Madrid, en 1861 presentouse cun fresco da Casa...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e actor. Estudiou Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela e Xornalismo na Universidade de Texas. Foi un dos fundadores do Colectivo de Comunicación Poética Rompente, co que deu ao prelo a obra conxunta Silabario da Turbina (1978) e realizou recitais cunha certa compoñente teatral. Xa individualmente publicou Facer Pulgarcitos Tres (1980) e, en colaboración con Antón Reixa, A dama que fala (1983). Co seu relato Lito ou as bestas aceleradas gañou o Premio de Contos O Facho en 1978. No eido da literatura xuvenil publicou Aventuras de Sol (Premio O Barco de Vapor 1986), O gato metido nun saco (1988) ou Os náufragos de Malakadula (Premio O Barco de Vapor 1992) e para adultos E outras historias (1989). Traduciu ao galego clásicos da literatura universal como Edgar A. Poe, K. Grahame, J. M. Barrie e Roald Dahl. Como actor, foi membro do grupo Máscara 17 e colaborou en tarefas de dirección...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo xesuíta e canonista. Partiu cara a América co xurista Xoán de Solórzano Pereira (1610). Foi profesor de Filosofía e Teoloxía. Escribiu Thesaurus Indicus (Tesoros Indios, 1667-1677), no que resultan reflectidos moitos dos problemas sociais e morais do mundo colonial amerindio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e diplomático. Estudiou na Escola Normal Central e foi rexente da Escola Práctica, director das Escolas Normais de Zaragoza e Córdoba, funcionario do Ministerio de Fomento e posteriormente, diplomático. Escribiu tratados e métodos de lecto-escritura, cadernos de prácticas e textos escolares de Xeografía e Pedagoxía. Publicou Elementos de Geografía para uso de los niños de las escuelas (1847), Elementos de Aritmética (1852), Tratado de lectura y escritura (1859) ou Método completo y racional de lectura para uso de las escuelas (1861). Fundou a revista infantil La Aurora de los Niños (1851-1853) e, en colaboración con Mariano Carderera, a Revista de Instrución Primaria (1849-1852). É tamén autor dunha novela: Carlos y Sofía (1878).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Johannes Turmair.
-
PERSOEIRO
Escultor, arquitecto e teórico da arte que adoptou o pseudónimo de Filarete. En Florencia traballou na realización das portas do Baptisterio. No Vaticano fixo as portas de bronce de San Pedro (1433-1435), e en Milán (1451) proxectou o Castello Sforzesco e o Ospedale Maggiore. Publicou un libro titulado Trattato d´Architettura (Tratado de Arquitectura).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Participou na fracasada revolta constitucionalista do Piemonte (1821) e, condenado a morte, fuxiu á Península Ibérica, onde loitou na guerra contra Napoleón. Pola amnistía concedida polo Rei Carlos Alberto (1848) regresou ao Piemonte. Foi ministro da Guerra na República Romana (1849). Exiliado en Nova York (1849-1860), volveu para participar nas campañas de Garibaldi do 1860, do 1866 e do 1867.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abián.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía colombiana de aviación. Foi fundada no ano 1919 co nome de Sociedade Colombo-Alemana de Transportes Aéreos e, ao refundirse co Servicio Aéreo Colombiano (1931), tomou o nome de Avianca. É a segunda compañía de aviación máis antiga do mundo.
-
PERSOEIRO
Escritor latino. É coñecido como autor de corenta e dúas fábulas en versos elexíacos, escritos nun latín decadente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e historiador. Deixou manuscrita unha Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su Obispado, redactada entre 1839 e 1852; esta obra, que se conserva no Arquivo da Catedral de Tui, foi editada pola Xunta de Galicia en 1997. Así mesmo, o Museo de Pontevedra editou: El convento de ermitaños de San Cosme y San Damián, junto de Bayona (1942), Castillos de la tierra de Tuy (1943) e La Iglesia Colegiata de Bayona (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Facer que alguén adquira maneiras de vilán.
-
Converterse en vilán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antón Avilés Vinagre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Antón Avilés de Taramancos (Taramancos, Noia 6.4.1935 - A Coruña 22.3.1992) Escritor. Fixo estudios de Náutica na Coruña, onde contactou co movemento galeguista de esquerdas. Emigrou despois a Colombia durante vinte anos. Neste período mantivo un silencio literario que se rompeu trala súa volta definitiva a Galicia en 1980. Nos seus últimos anos desenvolveu unha constante actividade cultural -con colaboracións en diversos medios como Grial, Dorna ou Luzes de Galiza- e política, chegando a ser concelleiro en Noia polo BNG en 1987. En 1986 foi elixido Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Na súa primeira etapa publicou os poemarios As moradías do vento (1955) e A flauta i o garamelo (1959), e obtivo o Premio da Colección Brais Pinto co relato “Pequeño canto”. Despois da súa estadía americana deu ao prelo o poemario O tempo no espello (1982), que recolle toda a produción anterior á etapa americana,...
-
PERSOEIRO
Liberal e guerrilleiro e conspirador, célebre polas obras que lle dedicou Pío Baroja, parente afastado seu. Loitou do lado do cura Merino durante a guerra contra Napoleón e, na súa contra, durante o Trienio Constitucional, baixo as ordes do guerrilleiro Juan Martín Díaz, o Teimudo (el Empecinado). Interveu nos feitos do 1835 e nas guerras carlistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal diario, agás festivos, existente en Ourense dende o 11 de xullo de 1878 ata o 20 de agosto dese mesmo ano, cando chegaba ao número 28. Subtitulábase “Diario de intereses generales y materiales”. Colaboraron nel, entre outros: Elías Aldea, Arturo Vázquez e X. M. B. de Allariz. Contiña informacións políticas e culturais.
-
SEMANARIOS
Semanario editado en Santiago o 16 de marzo de 1846, que cesou o 5 de xullo dese mesmo ano. Foi subtitulado “Periódico de recreo y utilidad universal” e contaba coas seccións: “Parte Oficial”, “Santorum”, “Bibliografía”, “Variedades”, “La Publicidad” e “La Armonía”. Nelas trataba informacións da cidade, incluía artigos de literatura, biografías e novas de sociedade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Bispo da Viena do Delfinado, contribuíu á conversión de Sexismundo de Borgoña (490), que foi quen no 516 fixo do Catolicismo a relixión oficial do seu Reino. A súa festividade celébrase o 5 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Ademais de estudo fotográfico na Coruña tiña unha fábrica de cervexas e unha sombrereiría.
VER O DETALLE DO TERMO