"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente aos axantis ou á súa lingua.

    2. Individuo dun pobo que ocupa as rexións centrais de Gana. Establecidos na Costa do Ouro dende o s XV, contra o final do s XVII un dirixente, Osei Tutu, conseguiu unir a todos os axantis baixo a súa dirección e adoptou o título de axantihene (1695-1725). Deste xeito formou o Reino dos axantis, que baseaba o seu poder na minería, na agricultura e no comercio de escravos. O territorio, convertido en colonia británica dende 1874, foi declarado protectorado en 1896 e incorporado en 1901 á colonia da Costa da Ouro; actualmente forma parte de Gana.

    3. Dialecto da lingua akan falado polos axantis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro das xermanías valencianas e mallorquinas do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que designa a ‘quen ou aquilo que embelece’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de axigantar.

    2. Que ten estatura ou dimensións que exceden o normal.

    3. Que presenta unhas calidades sobresaíntes que exceden o normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer aumentar as dimensións dunha cousa.

    2. Mostrar unha cousa como moi grande ou máis importante do que é en realidade.

    3. Adquirir algo ou alguén proporcións xigantescas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se semella aos xitanos ou que é propio deles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar aspecto ou cáracter de xitano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que axuda.

      1. Persoa que axuda ou asiste a alguén nalgún quefacer.

      2. Cabo ou oficial que, dentro da súa unidade, cumpre determinadas funcións e determinados servicios.

      3. Técnico adxunto ao realizador, xefe de produción, operador, enxeñeiro de son, decorador ou montador, encargado de prestarlles colaboración directa e auxilialos nas súas funcións.

      4. Profesor adxunto.

    2. Persoas que participan nos labores relacionados coa pesca realizada pola compañía; executan todos aqueles traballos de complemento necesarios e que non implican unha participación directa nas actividades de extracción. Teñen unha condición de socios dentro das compañías á parte.

    3. Cabo que cumpre as funcións de secretario e de auxiliar no mando xeral a quen serve.

    4. Cargo das congregacións da curia romana. Constitúe o grao máis elevado de oficiais menores, poñentes e executores, no referente aos asuntos que lle son confiados.

    5. Oficial de máquinas durante o período de prácticas regulamentarias para obter o título de maquinista naval.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de axudante.

    2. Oficina do axudante.

    3. Delegacións que en portos de determinada importancia representaban a autoridade de Mariña; dependían directamente da Armada, e eran rexidas por un oficial da propia Mariña militar que recibía o nome de axudante de Mariña. As competencias das axundantías eran as de vixiar e regulamentar o desenvolvemento das actividades pesqueiras, do mesmo xeito que representaban a autoridade naval ante os mariñeiros da localidade. A Lei de Portos de 1992 rematou con esta institución nacida no s XIX, ocupando o seu lugar a Capitanía de Mariña, rexida por un capitán da mariña mercante, perdendo así o seu carácter militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico arxentino. Comezou dirixindo curtametraxes, logo confirmou o seu labor e o seu traballo de realización cos filmes El jefe (1958) e El candidato (1959), baseados nos guións de David Vinas, cos que obtivo un enorme éxito. Dirixiu tamén Ayer fue primavera (1954), En mi casa mando yo (1967), Los médicos (1978) e Dios los cría (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, ensaísta e sociólogo. Pertenceu ao grupo da Revista de Occidente. Desta época son as novelas Tragicomedia de un hombre sin espíritu (1925) e Medusa artificial (1930). Exiliouse na Arxentina (1939-1944) e, durante o peronismo, en Porto Rico e México. No exilio derivou cara a unha literatura de preocupacións éticas e converteuse nun dos novelistas fundamentais no tratamento da Guerra Civil española. No ano 1961 volveu ao estado español e publicou: Obras narrativas completas (1969) e El jardín de las delicias (1971). Membro da Real Academia de la Lengua Española, foi galardoado cos premios Nacional de Literatura (1983) e Cervantes (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor de Ciencias Biolóxicas e de Filosofía na Universidade de California (campus de Irvine). Discípulo de Dobzhansky, a súa traxectoria científica levouno a identificar diversos modelos de especiación non descritos con anterioridade. É autor de máis de 500 artigos de xenética, ecoloxía, evolución e filosofía da ciencia. As súas obras máis importantes son: Evolución (1980), Origen y evolución del hombre (1980), La evolución en acción (1983), Estudios sobre Filosofía de la Biología (1983), Genética moderna (1984), La naturaleza inacabada (1987) e La teoría de la evolución (1994). Así mesmo, é membro do Comité de Asesores de Ciencia e Tecnoloxía do Presidente dos EE UU, William J. Clinton; tamén pertence a numerosas academias científicas e preside a Asociación Americana para o Avance da Ciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e poeta experimental. Realizou estudios de Belas Artes en Newark (Nova Jersey) e Madrid. Participou en diferentes exposicións, tanto de carácter individual como colectivo; así mesmo, a súa obra forma parte de numerosas coleccións privadas de América e Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e actor teatral. Introduciu no teatro un forte elemento de farsa, patente dende o seu primeiro traballo, Relatively Speaking (Falando relativamente, 1965). É autor tamén, entre outras, de The Norman Conquest (A conquista dos normandos, 1972), Sisterly Feelings (Sentimentos de irmá, 1979), Way Upstream (O camiño río arriba, 1982), A Chorus of Disapproval (O coro da desaprobación, 1984), Man of the Moment (O home do momento, 1988), Body Language (A linguaxe do corpo, 1990) e Wildest Dreams (Os soños máis salvaxes, 1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesora mercantil e socióloga. Publicou, en colaboración co seu marido, Justo de la Cueva Alonso, os traballos: Las familias de la provincia de Pontevedra (1974) e La comarca de la ría de Arosa. Sus familias (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Profesor na Facultade de Belas Artes de San Carlos, na Universidade Politécnica de València. Comezou a súa andaina artística participando nunha exposición colectiva no Mail Art Postmuseum de Estocolmo (1985). Durante a década dos oitenta recibiu varias bolsas para completar a súa formación. Durante a súa estadía en Nova York en 1994, empeza a desenvolver proxectos de pintura específica en relación cun lugar, sempre centrados nas múltiples relacións existentes entre a pintura e a fotografía. Desde os anos 80 realizou 24 exposicións individuais e participou en máis de 200 colectivas en todo o mundo. As súas obras estás en 33 museos e institucións, ademais de en numerosas coleccións privadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada polo concello de Betanzos en 1953, subtitulado “Boletín de información municipal”. Desapareceu probablemente en 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa político elaborado polo Partido Liberal mexicano na poboación de Ayutla (Guerreiro) no 1854, que recollía os postulados de José María Luis Mora. Establecía a liberdade civil na súa plenitude e moi especialmente a de conciencia. A constitución mexicana do 1857 recolleu todos os principios liberais deste movemento ideolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político paquistaní, educado na India e en Gran Bretaña. Comandante ao mando do exército (1951-1958) e ministro de Defensa (1954-1956), en 1958 apoiou o golpe de estado do xeneral Iskander Mirza. Foi primeiro ministro (1958) e mariscal (1959). Exerceu o cargo de Presidente en 1960 e 1965, seguindo unha política prooccidental. Retirouse no 1969.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea vivaz, de 10 a 30 cm de altura, de bulbo grande, macizo e reticulado superiormente, de follas estreitas, de flores grandes, con seis tépalos violáceos e con tres estigmas longos e escarlatas, provistas na base dunha espata bivalva, e de froitos capsulares. Os seus estigmas desecados constitúen a especie de azafrán, moi apreciada como condimento e tamén como materia farmacéutica e colorante. Oriúndo do Próximo Oriente, xa era cultivado polos gregos.

    2. Cor amarela alaranxada propia do azafrán.

    3. Estigmas de cor vermella alaranxada que se extraen da rosa do azafrán e que son sometidas a un lixeiro torrado. As súas características peculiares e a imposibilidade de mecanizar a súa recolección e desfollado, así como o gran número de plantas (120.000) que se precisan para obter un quilo de azafrán seco, fan deste produto un dos condimentos máis caros, motivo polo que se substitúe con frecuencia por produtos colorantes. Deste xeito, este condimento só se emprega nas grandes cociñas para dar cor amarela, sabor e perfume a pratos que o requiren.

    VER O DETALLE DO TERMO