"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
-
Cada unha das demarcacións que, con finalidades administrativas, divide un municipio, unha comarca ou un Estado. Dentro da cidade, os distritos son divisións de primeira orde. O concepto pódese aplicar tamén a outras divisións sen carácter administrativo.
-
Cada unha das circunscricións administrativas en que están divididos os departamentos franceses desde a súa creación en 1790.
-
Circunscrición administrativa de primeira orde en Belize, Eslovaquia, Islandia, Israel, Lesotho, Luxemburgo, Mauricio, Portugal, Siria, Sri Lanka, Suriname, Swazilandia, Uganda e Xibutí, e, de segunda orde, en Albania, Malawi e Serra Leona.
-
distrito federal
División administrativa de primeira orde no territorio da cal radica a capital dun estado federal. Non pertence a ningún estado da federación e depende normalmente da administración directa do goberno.
-
distrito marítimo [DM]
Subdivisión administrativa dos departamentos marítimos españois.
-
-
-
distrito electoral
Cada unha das demarcacións territoriais onde concorren os candidatos dunhas eleccións. Historicamente, chamóuselles distrito ás demarcacións electorais onde se elixe un só representante, e circunscrición ás unidades onde se elixen varios.
-
distrito municipal
Cada unha das demarcacións nas que se subdivide o territorio dun municipio para a xestión dos servicios administrativos. A división do término municipal en distritos é competencia do propio municipio.
-
distrito electoral
-
Unidade fitoxeográfica inmediatamente inferior á provincia.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Monforte de Lemos. Construíuse a partir dos muros da primitiva igrexa do s X que pertenceu ao mosteiro de Cinsa. No interior destaca o retablo maior neoclásico coas imaxes de santa Bárbara, Cristo e santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que está separado ou desunido.
-
Relativo ás áreas bioxeográficas que non son continuas ou que están fragmentadas.
-
Aplícase aos conxuntos que non teñen elementos en común. Por exemplo, se A= {1,2,5} e B= {3,4,6}, A e B son conxuntos disxuntos.
-
Aplícase á cruz ou aspa cos brazos divididos e separados de dous en dous, polos seus eixes de simetría lonxitudinais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao ditador ou á ditadura.
-
-
Relativo ou pertencente aos ditiosteliomicetos.
-
Fungo da clase dos dioctiosteliomicetos.
-
Clase de fungos mixomicetos formados por células vexetativas ameboides que, no momento de frutificar, se xuntan formando un pseudoplasmodio. Encóntranse no humus, na madeira en descomposición e no esterco de herbívoros. Comprende catro xéneros e o máis frecuente deles é Dityostelium.
-
-
-
de dicir.
-
Que se mencionou antes.
-
Frase feita que expresa un concepto popular e sentencioso tomado da experiencia. Na tradición oral recóllense ditos como: “O mellor dito é o que queda no corpo”
-
Poema de carácter narrativo con intencionalidade didáctica. A súa brevidade afástao do roman medieval e a carencia de acompañamento musical, do chant. Na súa evolución adoptou diversas formas, como a alegoría ou o lamento amoroso. As primeiras manifestacións estaban compostas en pareados octosílabos, aínda que entre finais do s XII e principios do XIII diferentes autores, como Jean Bodel ou Gautier de Coincy, popularizaron os cuartetos monorrimos en alexandrinos. No eido teatral, a expresión dito de autor alude a un recurso propio do teatro de tese ou do teatro libre, que consiste na introdución no parlamento dun personaxe dunha máxima ou dun concepto que non se corresponde coa súa psicoloxía nin coa súa situación, senón que é unha mostra da brillantez estilística do autor da peza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Erro cometido polo copista dun texto, frecuente nos manuscritos antigos, que consiste na repetición dunha letra, dunha sílaba, dunha palabra ou mesmo dun período enteiro.
-
-
Repetición involuntaria dunha ou varias sílabas ou mesmo dunha palabra que se produce na fala (chochoqueiro).
-
Figura retórica que consiste na aparición de parellas de termos sinónimos, contrapostos ou complementarios nunha mesma frase ou período, xustapostos ou relacionados mediante unha conxunción. Foi habitual na poesía e na prosa renacentista e barroca.
-
Realización dunha palabra de dúas maneiras distintas segundo o contexto formal no que se atopen, como é o caso de grande/gran (grande importancia/gran muralla) e santo/san (Santo Agostiño/san Bernaldo).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de ditongar.
-
-
Formar ditongo ao pronunciar dúas vocais seguidas dentro dunha mesma sílaba.
-
Transformarse unha vogal nun ditongo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Son vocálico continuo que articulatoriamente produce un cambio de timbre, de xeito que presenta unha calidade no comezo e outra no final da súa emisión. Desde un punto de vista auditivo, trátase de dous segmentos vocálicos percibidos dentro da mesma sílaba sonora. En canto á tipoloxía fonética, os ditongos divídense en crecentes, ou ascendentes, e decrecentes, ou descendentes, segundo cál dos dous segmentos fónicos é máis sonoro. Os ditongos decrecentes, os máis característicos do galego, están formados de vogal e mais semivocal [j, w]; neles o primeiro elemento ten unha maior duración e intensidade. Os ditongos decrecentes tónicos son: [aj] (faixa), [ ɛ j] (carteis), [ej] (peixe), [ "Stone Sans PhoneticIPA" >ɔ j] (bocoi), [oj] (loita), [aw] (causa), [ ɛ w] (deu), moi escaso, [ew] (comeu) e [ow] (pousei). Aqueles ditongos formados de vogal de grao medio e mais...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palabra na que existen dúas sílabas acentuadas. A dobre acentuación é un recurso habitual na poesía, producido cando o esquema rítmico fixado para a composición fai recaer o acento nunha sílaba átona, de xeito que a palabra en cuestión engade ao acento que ten de seu un segundo determinado polo ritmo. O resultado é a adecuación do verso no que se inclúe aos distintos ritmos acentuais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervalo musical que ten dous tons.
-
-
Que ten boa sorte ou fortuna.
-
Que é feliz.
-
Que achega felicidade.
-
Que ocorre de maneira axeitada e no momento preciso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cousa que divirte.
-
-
Composición musical xurdida a finais do s XVII. Ten diversos movementos, algúns de danza, e normalmente é para pequenos conxuntos de solistas e pezas para teclado. No s XVIII aludía habitualmente a unha composición instrumental con carácter de suite. Foi moi empregada, entre outros, por Mozart e Haydn.
-
Espectáculo breve que se representa nos descansos dunha obra teatral extensa, coa función principal de entreter o público. Pode consistir nunha peza cómica de ton lixeiro, nun baile, nunha pantomima ou na aparición de comparsas e mascaradas. Esta fórmula estendeuse por toda Europa a partir do s XVI.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á adiviñación.
-
PERSOEIRO
Pintor, debuxante e gravador alemán. Estudiou na Dresdener Kunstgewerbeschule (1909-1914) e na Kunstakademien de Dresde e Düsseldorf (1919-1925). Reflectiu a súa participación na Primeira Guerra Mundial en debuxos sobre a fronte e as trincheiras e na serie de augafortes Der Krieg (A Guerra, 1923-1924). Participou no Novembergruppe e en Neue Sachlichkeit. Cunha técnica expresionista, e influído polo dadaísmo, dedicouse a expresar os sufrimentos da clase obreira e da posguerra. Entre as súas obras, destacan os trípticos Der Krieg (A Guerra, 1929-1939) e Die sieben Todsünden (Os sete pecados capitais, 1933). Profesor na Dresdener Kunstgewerbeschule (1927-1933), os nazis incluírono na exposición da arte dexenerada e destruíron a súa obra. Reclutado pola Volkssturm (Garda de asalto), estivo preso en Francia (1945-1946). Trala guerra realizou alegorías relixiosas, e dende 1945 a súa obra amosou influencias da pintura antiga.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Recompilación de regras e decisións xurídicas.
-
ersión resumida dunha obra publicada previamente na que se eliminan as partes que carecen de interese ou que se consideran inapropiadas. A redución pode producirse tamén para aforrar espacio e facilitar a difusión dos seus contidos máis relevantes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compilación da xurisprudencia romana clásica, elaborada por Triboniano entre o 530 e o 533 seguindo as ordes do emperador bizantino Xustiniano. Foi promulgada no 533 -co nome de Digesta sive Pandecta iuris- pola Constitución Tanta, que dividiu os cincuenta libros en sete partes: Prota, Pars iudicis, Pars rebus, Umbiculus, De testamentis e outros dous títulos sen nomear; posteriormente, pasou a formar parte do Corpus Iuris Civilis. Segundo o proxecto de Xustiniano, tiña como obxectivo a restauración do antigo Imperio Romano e da súa tradición xurídica e, ao mesmo tempo, a imposición dun conxunto de leis uniformes e homoxéneas sobre o vasto territorio do Imperio. Consérvase en diversas copias, a máis perfecta delas é Pandectae florentinae, realizada entre finais do sVI ou comezos do sVII.