"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
baga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sitio onde se axunta ou espalla o bagazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bagazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Afganistán (17.109 km2; 516.921 h [1982]). A capital é Baghlān, á beira do río Qonduz (41.240 h [1982]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘chorón’.
-
PERSOEIRO
Pedagogo e psicólogo. Entre 1910 e 1918 foi codirector do Journal of Educational Psychology, revista que contribuíu a introducir a psicoloxía aplicada nas escolas, e editor do Journal of National Education Association entre 1920 e 1925, e do School and Society entre 1939 e 1946. Foi presidente do Consello Nacional de Educación (1913-1937). Escribiu The educative process (O proceso educativo, 1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, membro da familia real armenia. Como xeneral do exército ruso participou na campaña de 1799 contra Francia e, posteriormente, nas guerras de Polonia, Italia e Suíza baixo as ordes de Suvorov. Ás ordes de Kutúzov, acadou para a Terceira Coalición (1805-1807) o éxito nas Batallas de Austerlitz, Eylau e Friedland. Así mesmo, foi comandante en xefe nas guerras contra Suecia (1808) e Turquía (1809). No 1812, cando a invasión napoleónica de Rusia, asumiu a dirección do segundo exército occidental.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Elisaveta Belceva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que leva como armas: en campo de goles, seis bezantes de ouro, colocados en dous paos. Nos tratados heráldicos este apelido pode aparecer tamén coa forma Baana.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, situada á beira da baía homónima (260.096 h [1991]). É un centro comercial moi activo, que centraliza a exportación de la, carne e trigo da Pampa meridional. Ten refinería de petróleo, abastecida polo oleoduto procedente dos xacementos de Neuquén. É a sede da Universidad Nacional del Sur. Fundada en 1828 polo coronel Manuel Estomba como fortaleza para defenderse contra os ataques navais dos brasileiros e dos indíxenas da Pampa e da Patagonia, o seu plano segue un trazado hipodámico. Ata o 1834 foi denominada Fortaleza Protectora Arxentina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos bahmanitas.
-
Membro da dinastía musulmana fundada por ‘Alā’ al-Dīn Hasan Bahman Šāh.
-
Dinastía musulmá fundada por ‘Alā’ al-Dīn Hasan Bahman Šāh que gobernou o sultanato do Decán entre o 1347 e o 1526. Durante os primeiros tempos do goberno dos bahmanitas, de política favorable á poboación musulmana, o sultanato foi ampliado coa anexión dos territorios hindús de Telińgānā e Vijayanagar. Co décimo representante da dinastía iniciouse a decadencia. Durante o reinado de Mahmūd II (1463-1482) o territorio quedou reducido á rexión de Bīdar, ata que un golpe de estado (1526) substituíu a dinastía.
-
-
PERSOEIRO
Novelista, dramaturgo e crítico literario. Desde o Naturalismo evolucionou cara ao Expresionismo. Debe o seu prestixio ao ensaio Überwindung des Naturalismus (Superación do Naturalismo, 1891). Entre a súa obra de creación destaca a comedia Das Konzert (O concerto, 1909).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema teolóxico de Michel de Bay.
-
-
Relativo ou pertencente a Baía.
-
Natural ou habitante de Baía.
-
-
PERSOEIRO
Humanista e membro da Pleiade. Cultivou unha poesía de ton academicista: Les amours de Méline (Os amores de Méline, 1552); L’amour de Francine (O amor de Francine, 1555), no que seguiu o modelo petrarquista, e Mimes, enseignements et proverbes (Mimos, ensinos e proverbios, 1576). Reformou a métrica francesa e cultivou o teatro: Brave (Bravo, 1567). Fundou a Academia de Poesía e Música (1570).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa inconstante e que non é seria no que fai ou no que di.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que baila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filme producido en España en 1993 e dirixido por Pedro Carvajal. Conta coa interpretación de actores como Ángela Molina, Mónica Molina, Dorotea Bárcena, Ana Álvarez e Joaquim de Almeida, entre outros. Foi rodada en Galicia, concretamente na Coruña, Oleiros e Sobrado dos Monxes. A acción transcorre en outono do ano 1948 cando Mónica, a protagonista, interna nun colexio de monxas polo seu pai dende nena, observa como a ánima da súa tía falecida quince anos atrás, tenta levala cara á morte. A súa nai, entrementres, tenta planificar a morte do pai, por mor da chantaxe que este lle facía coa nena. Unha meiga, amiga da criada Dorotea, tentará solucionar o problema convocando un baile de defuntos no que morre Agustín, o pai da pequena.
-
PERSOEIRO
Director de circo, socio de Phineas Taylor Barnum, con quen fundou o Barnum Bailey Circus. Cando morreu Barnum abandonou a exhibición de fenómenos e impulsou a presentación de feras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
[Loto branco] Secta amitabhista fundada no ano 381 na montaña Lushan polo monxe taoísta Huiyuan, convertido ao Budismo. Ten unha doutrina baseada no amor, na piedade e na esperanza de renacer no País puro, sobre o loto místico, aos pés de Amitābha. O seu carácter esotérico e o adventismo dos seus fieis fíxoa inspiradora dunha sociedade secreta, Bailianjiao, que colaborou na expulsión dos mongois de China e na instauración da dinastía nacional Ming. Perseguida polos manchús, as súas actividades perduraron ata finais do s XIX.