"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

    1. Barco de vela de dous paus, maior e trinquete (ademais do bauprés), dunha ou de dúas pezas, sen se cruzar e sen gabias, con vergas e o maior eventualmente provisto de botavara (na polacra redonda), aparellados coma os dos bergantíns. Era propio do Mediterráneo e desde finais do s XVIII aparellou só velas cadradas.

    2. Barco de vela de tres paus (ademais do bauprés), o trinquete e o maior de polacra, é dicir, de dúas pezas e con vergas, e o do medio de goleta.

    3. Barco de vela de dous ou tres paus (ademais do bauprés), o trinquete de polacra, de dúas pezas e con vergas, e o maior e o do medio (nas polacras goleta de tres paus) de goleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especie de botín ou media que cobre a perna desde o nocello ata máis arriba do xeonllo. No traxe tradicional masculino é unha especie de media de pano ou coiro que cobre a perna desde debaixo do xeonllo ata o pé, e adoita ir abotoada pola banda de fóra. Nas zonas de montaña, dentro do traxe de diario, eran de coiro para preservar as canelas dos toxos do monte; no de gala eran de pano, tiñan os botóns prateados e podían levar adornos de veludo ou un pompón na punta do pé. Como complemento da coroza podíanse levar unhas polainas feitas tamén de palla trenzada que se ataban detrás da perna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao SO da capital provincial e delimitado ao N polo río Tajo (3.411 h [2001]). Posúe agricultura, gandaría e industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Cantabria, situado entre os ríos Pas e Saja, ao N de Torrelavega (3.762 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura e a gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e xurista. Licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid, fundou a Editorial Santillana (1958) e creou o grupo editorial Timón (1972). Impulsor e presidente de Promotora de Informaciones SA (PRISA), presidiu o diario El País (1985-1990) e, desde 1993, Unión Radio, en que se integra a Sociedad Española de Radiodifusión (SER). Membro da Academia Europea de las Artes y de las Ciencias, foi condecorado coa medalla da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (1982) pola súa actividade editorial, coa Légion d’Honneur do goberno francés (2004) e foi investido doutor honoris causa pola University de Brown.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Supervivente do gueto de Cracovia, amosou a ironía e o sentido do absurdo en boa parte da súa obra. Dirixiu Noz w wodzie (O coitelo na auga, 1962), en que analiza as tensións humanas na sociedade socialista, Repulsion (1965) e Rosemary’s Baby (1968), que significou a súa estrea en Hollywood. O asasinato da súa muller Sharon Tate   (1969 )motivou o seu regreso a Europa. Da súa filmografía destacan Chinatown (1973), Tess (1979), Bitter Moon (1992), Dead and the Maiden (1994), The Ninth Gate (1999) e The Pianist (2002), con que obtivo a Palm d’Or do Festival de Cannes e o Oscar como mellor director.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Doutorado pola University of Manchester, foi un pioneiro no estudo da dinámica das reaccións químicas e desenvolveu a técnica da quimioluminescencia de infravermellos que constituíu o primeiro paso cara á utilización do láser para controlar as reaccións químicas. Concedéuselle a medalla da Royal Society de Londres (1989) e o Premio Nobel de Química (1986), compartido con D. R. Herschbach e Y. T. Lee, por desenvolver unha serie de regras sobre a dinámica das reaccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao polo.

    2. Que está situado nun polo ou preto dun polo.

      1. Que presenta polaridade.

      2. disolvente polar

        Medio constituído por moléculas polares e caracterizado por unha constante dieléctrica elevada. A constante dieléctrica å e o momento dipolar ì están relacionados mediante a ecuación de Clausius-Mosotti. Teñen unha grande importancia en cromatografía.

      3. enlace polar

        Enlace covalente entre dous elementos de diferente electronegatividade. A polaridade dun enlace é proporcional á diferenza de electronegatividade dos elementos, e é expresada mediante o momento dipolar.

      4. molécula polar

        Molécula en que a suma vectorial dos momentos dipolares dos enlaces que a forman non é nula.

    3. sistema de coordenadas.

    4. Gráfico ou diagrama que relaciona os coeficientes de sustentación e resistencia aerodinámicas dun perfil aerodinámico para cada valor do seu ángulo de ataque. Esta relación obtense experimentalmente nun túnel aerodinámico.

    5. Eixe de rotación cos extremos diferentes e que presenta a propiedade de que o fenómeno simétrico que ten lugar nun deles non se repite no outro, porque non hai nin eixes paralelos nin planos de simetría perpendiculares a este eixe.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Propiedade que presentan as membranas celulares, as células (nerviosas ou en mitose e meiose), os órganos e os seres vivos de orientar unha parte da súa actividade nun sentido ou de presentar dous ou máis polos opostos de significación fisiolóxica e morfolóxica diferente.

      2. Distribución polar das substancias celulares no oocito en desenvolvemento avanzado, e posteriormente no ovo, na blástula e no embrión.

    1. Propiedade que permite distinguir o polo positivo do negativo e comparar o potencial dun punto co dos polos.

    2. Propiedade dun enlace, un átomo ou unha molécula, en virtude da que existe unha separación estable das cargas positivas e negativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida da rotación do plano de vibración da luz polarizada cando esta atravesa un medio que contén unha substancia opticamente activa (actividade óptica), xeralmente en disolución. O valor do ángulo de rotación depende da natureza da especie opticamente activa, da lonxitude de onda da luz empregada e da lonxitude de líquido que atravesan os raios. Segundo o signo da rotación, as substancias clasifícanse en dextroxiras ou levoxiras. As medidas polarimétricas realízanse co polarímetro. A polarimetría ten unha grande aplicación na determinación de azucres (sacarimetría). Emprégase tamén na identificación de aminoácidos, péptidos, alcaloides, terpenos e esteroides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao polarímetro ou á polarimetría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para medir a rotación do plano de vibración da luz polarizada ao atravesar un medio opticamente activo. Consta fundamentalmente dunha fonte luminosa que emite radiación monocromática, un polarizador, constituído por un prisma de Nicol ou un polaroide, un tubo situado na dirección de propagación da radiación e que contén a mostra, e un analizador constituído por outro prisma de Nicol. O plano de vibración da luz polarizada desvíase un certo ángulo (actividade óptica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mísil mar-terra estadounidense, provisto dunha cabeza nuclear e concibido para ser lanzado desde submarinos atómicos somerxidos. Son lanzados mediante a acción de aire comprimido e non acenden os seus motores ata estar a uns 25 m da superficie da auga. As primeiras probas feitas con estes mísiles foron efectuadas en 1961.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que permite observar o estado de polarización dunha radiación luminosa e estudar as propiedades da luz polarizada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • polarizable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia dun ión a deformarse, perdendo a simetría esférica do ión libre, a causa das atraccións ou repulsións electrostáticas que experimenta a nube electrónica. É importante sobre todo para os anións, e aumenta co volume e a carga.

    2. Capacidade dun medio de polarizar unha radiación electromagnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é susceptible se sufrir polarización.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de polarizar ou polarizarse.

      2. Condición dunha radiación luminosa (ou en xeral electromagnética), cuxo vector do campo eléctrico mantén unha certa orientación. Se en todos os puntos da dirección de propagacións ese vector permanece sempre nun mesmo plano (plano de polarización), a polarización é plana ou lineal. Se en cada punto da dirección de propagación o vector describe unha circunferencia, a polarización é circular, e se describe unha elipse é elíptica.

      1. Tipo de corrente que consiste no movemento de cargas nun dieléctrico situado nun campo eléctrico. É momentáneo se a ddp aplicada é continua, pero é permanente se é alterna.

      2. polarización dieléctrica

        Modificación de carácter vectorial que experimenta un dieléctrico sometido á influencia dun campo eléctrico. Débese á orientación das cargas moleculares. Exprésase mediante o vector polarización P .

      3. polarización dun eléctrodo

        Diminución do valor absoluto do potencial dun eléctrodo ao adherirse á súa superficie ións do mesmo signo ca el, feito que provoca unha diminución da intensidade de corrente proporcionada.

      4. polarización eléctrica

        Fenómeno que provoca, nun medio dieléctrico neutro, a separación das cargas eléctricas positivas e negativas que o compoñen e que é responsable da aparición, en cada elemento do volume ÄV, dun momento dipolar eléctrico Ä p .

      5. vector polarización

        ector P que equivale ao momento dipolar por unidade de volume que aparece en cada un dos puntos dun dieléctrico sometido a un campo eléctrico E .

    1. Superposición, nos sistemas de gravación magnética, dun campo magnético adicional ao creado polo sinal que se quere gravar, coa intención de conseguir unha linearidade aceptable no seu funcionamento. Emprégase xeralmente corrente alterna de frecuencia ultrasónica.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. polarizante.

    2. Prisma de Nicol, ou outro sistema óptico (turmalina, película polaroid, etc), que nun polarímetro produce luz polarizada e a envía ao analizador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que polariza.

    VER O DETALLE DO TERMO