"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casa ducal que foi rexida por tres dinastías sucesivas: a primeira, inaugurada por Ricardo o Xusticeiro, conde de Autun, reinou dende o 877 ata o 943; a segunda, dos robertianos e capetianos, orixinou a primeira dinastía real portuguesa ao casar Enrique coa filla de Afonso VI, que lle outorgou o condado de Galicia (1090), do que se escindiu o condado de Portugal, e que durou dende o 943 ata 1361. En 1363 o Rei Xoán II creou o Ducado de Borgoña para o seu fillo Filipe II o Ousado, quen iniciou a terceira dinastía, a dos Valois, que durou ata a morte de Carlos I o Temerario (1477). O monarca francés confiscoulle o ducado a María, filla do último duque e muller de Maximiliano I de Austria. Os sucesores, os reis de España, continuaron titulándose duques de Borgoña. O título foi incorporado definitivamente á coroa francesa por Luís XIV e, dende o 1682, empregárono os primoxénitos do delfín de Francia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canal de Francia que enlaza as concas do Sena e do Saône, construído entre 1775 e 1832. Esténdese dende a confluencia do Armançon e do Yonne, afluente do Sena, seguindo o curso do Armançon e despois o do río Ouche. Pasa por Dijon e desemboca no Saône, en Saint-Jean-de-Losne. Ten unha lonxitude total de 242 km.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Círculo formado polo Franco Condado e as provincias dos Países Baixos (Brabante, Limburg, Luxemburgo, Flandres, Artois, Hainaut, Holanda, Zelanda, Namur, Anveres, Frisia, entre outras). É a zona do ducado de Borgoña que, trala morte de Carlos o Temerario (1477), quedou baixo a soberanía dos Habsburgo. O círculo acadou entidade xurídica no 1512, na dieta de Colonia, onde o Imperio foi dividido en dous círculos. En 1551 Carlos V cedeuno á rama austríaca española.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Philippe Biguerny.
-
PERSOEIRO
Pintor. Exerceu a súa obra artística a partir de 1494, sobre todo en Toledo. Trala morte de Pedro Berruguete rematou o retablo maior da catedral de Ávila (1508). Na catedral de Toledo traballou na decoración da sala capitular (1509-1511); para a capela mozárabe pintou La conquista de Orán (1514). A súa obra representa a transición entre o Gótico e o Renacemento. Realizou encargos tamén para o cardeal Cisneros na Universidad de Alcalá de Henares.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Depresión de Francia situada entre os Vosgos e o Jura, paso estratéxico entre os vales do Rin e do Saôna. Por este paso construíronse as vías de comunicación (estradas, ferrocarril, canle Rin-Rhône) que unen eses dous vales.
-
-
Relativo ou pertencente a Borgoña, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Habitante ou natural da Borgoña.
-
Dialecto francés que se estendeu pola antiga Borgoña, o Nivernais e parte da Champagne.
-
Individuo do bando francés, inimigo dos armañagueses, que seguiu as directrices dos duques de Borgoña.
-
Arte desenvolvida na rexión borgoñona. A historia da arte borgoñona debeuse iniciar na época galo-romana, aínda que sen unhas características locais propias baixo o dominio imperial. O establecemento dos burgundios supuxo a introdución da arte xermánica (sepulturas de Charnay-lès-Chalon). Do dominio carolinxio queda unha obra moi importante: as criptas de Saint-Germain de Auxerre (mediados do s IX). Co Románico xurdiu a verdadeira arte borgoñona. Os seus edificios dos ss XI e XII responden a tres esquemas construtivos: un primeiro grupo con Cluny III e as catedrais de Langres, de Autun, de Paray-le-Monial; o segundo coa Madeleine de Vézelay, Anzy-le-Duc, e Saint-Lazare e Saint-Martin-du-Bourg en Avallon; e o terceiro, Fontenay. Na escultura, un só estilo unifica capiteis (Cluny, Autun ou Saulieu) e tímpanos (Autun, Vézelay ou Anzy-le-Duc), caracterizada pola espiritualización da figura humana e o delicado sentido do movemento. A pintura presenta certas peculiaridades (murais de Berzé-la-Ville)...
-
Arte musical de diferentes tendencias estéticas cultivada na corte de Borgoña no s XV. Compositores de diferentes países como Binchois, Dufay, Ockeghem e Busnois, encontráronse na corte de Borgoña e influíron na formación da linguaxe musical internacional propia da Europa do s XV.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Benin (51.000 km2; 816.278 h [1992]). A capital é Parakou (106.708 h [1992]).
-
LOCALIDADES
Localidade de Noruega, no fylke de Sogn og Fjordane, coñecida pola súa stavkirke (igrexa de madeira, 1150?), a máis antiga das conservadas no país.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Marca e fábrica alemá de vehículos automóbiles fundada no ano 1938 en Bremen por Carl F. W. Borgward e a empresa automobilística Hansa-Lloyd Werke. O modelo de máis éxito foi a Isabella, automóbil de turismo construído entre 1954 e 1961.
-
PERSOEIRO
Prosista e políglota inglés. Destacou polas súas obras autobiográficas: The Zincali, or An Account of the Gypsies in Spain (Os xitanos en España, 1841) e The Bible in Spain (A Biblia en España, 1842-1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cursou estudios de Literatura na Facultad de Filosofía y Letras de Bos Aires onde coñeceu a Josefa Emilia Sabor (Pepita Sabor), unha galega natural de Vilanova de Arousa que inspirou a súa obra poética en galego. Gran coñecedor da literatura arxentina e da gauchesca, desenvolveu a súa obra de creación nas letras arxentinas, xunto a Olga Orozco, María Granata, Ana María Chouhy Aguirre, Juan Rodolfo Wilcok, Basilio Uribe e Enrique Molina, entre outros, cos que conformou a denominada Xeración Arxentina do Corenta. A práctica totalidade da súa obra, agás algúns versos publicados na prensa bonaerense, permaneceu inédita. Entre a súa produción lírica atópanse catro dos oito poemas que escribiu en galego e que foron recollidos en 1994 nunha edición elaborada por Xesús Alonso Montero co título Oito poemas en lingua galega. Os poemas en galego foron escritos en agosto de 1939. Morreu no ano 1943, suicidándose nas augas do Río de La Plata. Postumamente se publicou parte...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e debuxante. A súa pintura, relacionada coa de Toulouse-Lautrec, reflectiu o Montmartre de finais de século. Foi autor de ilustracións para obras literarias como La maison Philipert (A casa Philipert), de Jean Lorrain.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés, máis coñecido polo pseudónimo de Saint-Georges de Bouhélier. Cultivou o ensaio, a poesía e sobre todo o teatro, coa súa obra O entroido dos nenos (1910). Escribiu tamén unha serie dramática de carácter histórico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político francés. Estudiou na escola militar de Saint-Cyr, participou na defensa de París contra os prusianos (1870), entrou na Asemblea Nacional coa promesa de reformar a Constitución de 1875 e, apoiado por Clemenceau, foi ministro de Guerra (1886-1887). Debido ao seu progama democratizador, aínda que con propostas pouco concretas, gañou a simpatía de todos os descontentos do goberno radical (republicanos, nacionalistas, obreiros e soldados). Os seus seguidores formaron o Comité Republicano Nacional, que venceu nas eleccións parciais de 1888-1889; sen embargo, a Boulanger faltoulle decisión para marchar sobre o Eliseo e tomar as rendas do país malia o apoio das clases populares, os soldados e a policia. O goberno aproveitou esa indecisión para anular as eleccións e acusar de complot contra o estado a Boulanger, quen fuxiu a Bruxelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Ain (Borgoña), situada na rexión de Rôine-Alps, Francia (40.972 h [1990]). É centro do mercado agrícola e gandeiro da comarca, ademais de encrucillada das estradas e dos ferrocarrís. As primeiras noticias da cidade remóntanse a 1184, data na que se fixeron os seus límites respecto á parroquia de San Pedro de Brou da que dependía. A partir do s XIII a súa historia confúndese coa da rexión de Bresse, xa que se converteu na súa capital baixo o dominio do condado de Savoia. Presenta importantes mostras de arquitectura do s XVI civil (casa dos Correvod) e sobre todo relixiosa (igrexa de Notre-Dame, ss XV-XVI), e preto da cidade o mosteiro de Brou (1506 - 1512), de estilo gótico flamíxero, que conserva na súa igrexa (1513-1532) os sepulcros de Margarida de Borbón, Filiberto o Fermoso e Margarida de Austria, todos obra de Conrad Meït.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico francés. Percorreu as Islas Canarias, a Península Ibérica, as Illes Balears, Córsega, Provenza, Alxeria, Canadá e Asia Menor, recollendo plantas que despois repartiu de cen en cen entre os coleccionistas máis importantes e os centros botánicos do momento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Monumento de bronce, obra de Auguste Rodin, realizada entre 1885-1895 en Calais. Foi unha obra encargada polo concello e representa os seis burgueses que se entregaron ao Rei de Inglaterra para salvar a cidade. Un baleirado desta obra consérvase en Londres nos Victoria Tower Gardens.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Inventou o concepto de longametraxe. Aínda que traballou en filmes policiais e de aventuras, sentiu clara predilección pola filmografía histórica. Entre os seus traballos destacan: Un drame sous Richelieu (Un drama baixo Richelieu, 1908), Les vitimes de l’alcool (As víctimas do alcohol, 1911), Une aventure de Van Dyck (A aventura de Van Dyck, 1911), Les apaches (Os apaches, 1913), Faust (Fausto, 1922) e Face à la mort (Cara á morte, 1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. En 1887 acadou o cargo de prefecto da policía do departamento de Saine e en 1888 foi elixido deputado da Asemblea Nacional polo distrito de Marne. Foi xefe do partido Radical Socialista. Entre o 1 de novembro de 1895 e o 21 de abril de 1896 foi primeiro ministro. Senador polo distrito do Marne (1905-1923), foi presidente desta cámara dende 1920 ata 1923. Participou na conferencia da Haia de 1899 como delegado de Francia e en 1903 foi nomeado para a Corte Internacional de Xustiza da Haia. Promotor da Sociedade das Nacións, foi o representante francés neste organismo en 1919. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1920.
VER O DETALLE DO TERMO