"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
GALICIA
Avogado e político. Catedrático de Dereito Romano na Universidade da Coruña, foi secretario do Instituto de Estudios xurídicos do CSIC en Roma (1970), director do centro da UNED en Pontevedra e decano da facultade de Dereito da Universidade da Coruña. En 1986 foi nomeado conselleiro de Cultura e Benestar Social.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e compositor. Clarinete da Banda Municipal de Santiago de Compostela e posteriormente o seu director (1921), escribiu os poemas sinfónicos Río Umia e El Pórtico de la Gloria e as zarzuelas La Virgen de Cristal e Ronsel.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Coñecido como Ferreira, formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e despois de xeito autodidacta. Os seus estudios de psicoloxía levárono a indagar sobre o impacto da cor no home e no medio ambiente. Realizou exposicións individuais nas principais cidades galegas e participou en diversas colectivas. Recibiu, entre outros galardóns, o terceiro premio nacional do XVII Certamen de Artes Plásticas do ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Canteiro escultor. Diplomouse en cantería e escultura na Escola de Canteiros de Poio (1979-1982). Realizou cruceiros e cantería ornamental en talleres de Pontevedra e dende 1998 centrouse na talla decorativa e na escultura figurativa e heráldica. Foi monitor de cantería nas escolas taller de Betanzos onde traballou na recuperación das Antigas Escolas de San Francisco e no Xardín do Pasatempo (1990-1993; 1993-1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo. Cursou estudios de mariña civil e dereito. Iniciou a súa actividade profesional na fotografía de paisaxes, para o que percorreu as serras e os montes de España. Traballou primeiramente para a axencia Omega e, posteriormente, creou o estudo Tam Tam Comunicación Visual. Especializado en fotografía de teatro e ópera, os seus traballos apareceron distribuídos en publicacións de todo o mundo, como Scherzo, Opera, Centro Dramático Galego, Centro Dramático de Viana do Castelo ou Guipuzcoa Tours.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Licenciado en Ciencias da Información, foi correspondente de ABC, colaborador en diversas publicacións e prensa como Grial, Vieiros, La Vanguardia e Destino, e redactor de Faro de Vigo, La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. Membro fundador do grupo Brais Pinto, cultivou a poesía e a narrativa. Da súa produción destaca Ribeirana do Sil (1952), A noite (1959), A morte de Frank González (1975), Morrer en Castrelo de Miño (1978), A saga dun afiador (1980), A ceo aberto (1981), Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981), Reportaxe cósmico (1982), A fraga dos paxaros salvaxes (1985), O minotauro (1989), Agosto do 36 (Premio Xerais de Novela 1991), A cidade das chuvias (1994), O conto da boa e da mala pipa (1996), Co medo nas mans (1997), O atentado (1999) e Millo verde (2002)....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como catedrático de Lingua e Literatura Galegas de ensino medio e foi profesor titular da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Colaborador en diversas publicacións como Informaciones, Tintimán, Boletín galego de literatura, Tempos novos, Revista galega de ensino, Chan, Cuadernos Hispanoamericanos, Cuadernos para el diálogo, A Nosa Terra, El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia e Ya, foi director, produtor, guionista e presentador do programa da TVG A trabe de ouro e mais da serie O ghalegho é útil para a mesma compañía. Colaborador fixo e responsable das áreas culturais da programación de Radio Popular de Vigo (COPE), foi responsable da galeguización da FM en Radio Popular de Vigo e os informativos...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse nas escolas de belas artes de Bilbao e Madrid, onde se licenciou en 1978. Foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e do ministerio de Cultura. Foi profesor da facultade de Belas Artes da Universidad de Granada e deseñador da colección Ablativo Absoluto de Edicións Xerais de Galicia. As súas primeiras obras encádranse na figuración expresionista característica da pintura galega dos oitenta; despois evolucionou cara a unha estilización, onde a cor e a materia pictórica acadaron o protagonismo, e unha maior sintetización. Aínda que a súa obra ten un carácter conceptual, non é plenamente informalista. Gusta dos fondos neutros sobre os que sitúa os obxectos e, ás veces, elementos propios da colaxe. Emprega unha pincelada ancha que provoca a aparencia de bosquexo e de ser unha obra inacabada. A mediados dos anos noventa levou a cabo proxectos nos que integrou a obra no espazo arquitectónico. Entre outras obras destaca Camiño de santidade (1985), Dama oferente...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Graduouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela coa memoria de licenciatura Aprosimación á vida e á fala mariñeiras de Cariño (1974) e doutorouse (1979) coa tese O verbo. Contribución á dialectoloxía galega, a primeira que se presentaba en lingua galega na facultade de filoloxía compostelá. Catedrático de Filoloxía Románica (1992), deu conferencias sobre o galego moderno na University of California Santa Barbara, no University Center de New York e nas Universidades de Heidelberg, Trier e Berlín. Investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG) desde 1973, forma parte desde 1974 do proxecto do Atlas Lingüístico Galego e é responsable do Arquivo do Galego Oral do ILG. Participou na recollida do material dos puntos do dominio galego do Atlas Linguarum Europae e do Atlas Lingüístico de España y Portugal, e pertence ao comité galego do Atlas Linguistique Roman. Como membro do ILG participou na redacción das Bases prá unificación das normas lingüísticas do...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e compositor. Realizou estudios de solfexo, piano e violín. Fundador do coro Cantigas da Mariña, escribiu as pezas polifónicas Airiños aires, Pobre velliño, Alalá de Ribadeo e Miña ruliña.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río afluente do Cabe pola dereita. Nace no límite entre as parroquias de Seteventos e Vilasante, no concello do Saviñao. O seu curso adopta unha dirección N-SL coa que penetra no concello de Pantón, que drena ata a súa desembocadura na parroquia de Vilamelle, despois dun percorrido de 12 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río afluente do Miño pola dereita. Nace da confluencia de varios regos que baixan da vertente nororiental da serra do Careón, entre as parroquias de Augas Santas (concello de Palas de Rei) e San Cibrao da Pregación (concello de Friol). O seu curso adopta unha dirección NO-SL, coa que drena as parroquias de Ferreira de Negral, Ribeira e Carteire (Palas de Rei) e O Pacio (Friol), para penetrar despois no concello de Guntín e servirlle de fronteira co de Portomarín. Desemboca no encoro dos Peares, no límite entre as parroquias de Navallos (Guntín) e Portomarín (no concello homónimo), despois dun percorrido de 26 km de lonxitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLOTES
Illote da enseada de Corrubedo, no litoral da parroquia de Artes (concello de Ribeira), situado fronte á canle de desaugue da lagoa de Carregal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Coristanco baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de San Sadurniño baixo a advocación de san Paio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello do Valadouro baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, catro faixas de ouro. Outra variante leva escudo partido medio cortado; primeiro, en campo de ouro, cinco roeis de azul, postos en pao; segundo, en campo de sinople, unha torre de prata, ameada; terceiro, en campo de goles, unha torre de prata.
-
PERSOEIRO
Político uruguaio. Dirixente do Partido Blanco, foi senador en 1968 e candidato nas eleccións presidenciais de 1971. Durante a ditadura nos anos setenta foi un dos principais líderes no exilio. Cando regresou ao país como candidato ás eleccións presidenciais de 1984 foi detido e inhabililitado politicamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Licenciado en Leis e Canons pola Universidade de Santiago de Compostela (1829), traballou como avogado ata 1832, ano no que se iniciou na xudicatura. Foi comandante da milicia nacional e defendeu os territorios da súa xudicatura contra as faccións carlistas. Tralo golpe de Espartero, foi destituído e perseguido ata o regreso dos moderados ao poder. En 1844 foi nomeado gobernador civil de Lugo e desde ese mesmo ano obtivo representación no Congreso ata a lexislatura de 1864 (agás no período progresista de 1854-1856), pola provincia da Coruña (1844-1846) e polos distritos de Cee (1846-1850; 1851-1864) e Carballo (1850-1851). Foi condecorado coa Gran Cruz de Cabaleiro de Isabel a Católica (1837) e coa Cruz de Comendador de Isabel a Católica (1838).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e arqueólogo portugués. Licenciado en Historia pola Universidade de Porto (1968), foi catedrático de Historia da Arte e Arqueoloxía (1984-1996). Participou nas escavacións da citania de Sam Fins e do castro de Fiães e fundou o Instituto de Arqueologia (1974) e de Historia da Arte (1982) da Universidade de Porto. Colaborador de publicacións como Revista de Etnografia, Douro Litoral, Gallaecia e Zephyrus. Entre as súas obras destacan O castro de Fiães (1972), Monumento com forno de San Fins e as escavações de 1973 (1975), Cerámica Castreja (1975) e Escavações no monte Mozinho I (1974). Recibiu o premio Gomes Pereira de etnografía (1965), o Mário Cardozo de arqueoloxía (1975) e o pergamiño de honra e loanza do Padroado do Pedrón de Ouro (1979).
VER O DETALLE DO TERMO