"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Ribadeo. As súas armas levan, entre ondas de azul e prata, unha bertorella.
-
PERSOEIRO
Trobador occitano. É autor de cancións, serventesios e tenzóns, e de setenta e dúas coplas morais e satíricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Ourense. As súas armas levan, en campo de azul, unha buxaina. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Besbellar e Bembella.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de documentación teatral creado en 1996 na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña cos fondos doados por Francisco Pillado Mayor, entre os que se inclúe un significativo número de textos dramáticos e estudios críticos, amais de importante documentación relacionada coa historia do teatro galego e da literatura dramática. Paralelamente e como complemento necesario para o labor de investigación e divulgación do propio Arquivo, tamén se crearon catro coleccións de textos dramáticos dirixidos por Laura Tato, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Carlos Carrete e Francisco Salinas Portugal, coordinador da Biblioteca-Arquivo e das diversas liñas editoriais. O obxectivo das mesmas é contribuír á recuperación de textos significativos da dramática galega ou á presentación de obras de relevo da literatura dramática universal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar que tivo lugar en La Bicocca, localidade italiana da Lombardía, preto de Milán, onde os franceses e os suízos foron vencidos polas forzas imperiais de Carlos V, comandadas por Próspero Colonna e polo marqués de Pescara no 1522.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, no Piemonte, Italia, á beira do río Cervo (47.645 h [1991]). É o principal centro italiano da industria téxtil da la. Tamén fabrica maquinaria e tecidos de algodón. Coñecida co nome de Bugella, as primeiras referencias documentais datan de 826, cando era feudo do conde de Provenza. Desde o s X ata 1377 a cidade permaneceu baixo o dominio dos bispos de Vercelli. No 1379 pasou aos condes de Savoia. No s XVI foi ocupada sucesivamente por franceses e españois, ata que pola Paz de Cateau-Cambrésis foi restituída a Savoia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Italia, na rexión do Piemonte (913 km2; 189.529 h [estim 1998]). A capital é Biella.
-
-
Instrumento ou chave que impide o paso dun líquido por un conduto calquera.
-
-
Cano de madeira, xeralmente torneado e provisto dunha chave, que vai colocado nun burato feito na parte inferior do pipote para que poida saír o viño.
-
Pao delgado e cuberto de estopa que serve para extraer viño do barril ou pipote e ir probándoo.
-
-
Táboa levadiza e de pequeno tamaño que vai colocada no extremo inferior do cubo do muíño para regular o paso da auga.
-
-
-
-
Xogo de habilidade e de salón que se practica con tres bólas, xeralmente de marfil, impulsadas por paos chamados tacos sobre unha mesa rectangular provista de bandas elásticas, recuberta cun feltro verde ben tenso. Acadou gran difusión entre os medios aristocráticos e burgueses dos ss XVII e XVIII, e popularizouse posteriormente. A mesa na que se xoga é dúas veces máis longa ca larga, e os tacos son delgados e lixeiramente cónicos. A variedade de billar máis practicada é a das carambolas ou partida libre; xógase con tres bólas (branca, mingo e marcada) entre dous equipos ou dous xogadores, que deben tocar coa bóla propia as outras dúas, e procurando situalas nunha posición favorable para poder repetir a xogada. A partida fíxase a un número determinado de carambolas, e gaña o primeiro que chega a ese número.
-
billar americano [ingl: pool]
ariedade moi popular do billar que consiste en introducir un determinado número de bólas (un dos xogadores ou parellas as dunha soa cor e os rivais as raiadas) en seis buratos dispostos ao longo do perímetro que forma o rectángulo da mesa, coa particularidade de que sempre se deben introducir golpeándoas coa bóla branca, deixando para o último lugar a única bóla negra que, á súa vez, deberá entrar polo mesmo lugar por onde entrou a última bóla de cor ou raiada.
-
-
Establecemento ou sala destinada ao xogo do billar.
-
-
-
-
Xogo de rapaces que consiste en bater cun pao cumprido noutro máis pequeno deitado no chan, facendo que salte para golpealo no aire e lanzalo canto máis lonxe mellor. No xogo empréganse dous paos, xeralmente de carballo; un deles chamado palán ou pao que mide un metro aproximadamente e o outro chamado billarda máis pequeno ca o anterior e afiado polas dúas puntas. Para comezar o xogo, márcase no chan un punto de partida e co palán dáselle un golpe forte na punta da billarda, esta ao estar afiada salta polo aire e nese momento golpéase co palán botándoa o máis lonxe posible.
-
billarda de parede
ariedade de billarda que se diferenza por colocar o palán de forma oblicua, cun extremo no chan e o outro apoiado nun muro, guindándoo a través.
-
-
Pao pequeno afiado polos dous extremos e destinado a ser golpeado no xogo da billarda.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural da Coruña. As súas armas levan, en campo de goles, unha billarda co seu palán. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Billalda, Billa, Bilarda e Bigarda.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación subtitulada “Ex-semanario festivo” apareceu en Ourense o 5 de setembro de 1920, e foi publicada ata mediados de 1921. A obra gráfica xogaba un papel moi importante con colaboracións de autores como A. R. Veiras, Julio Prieto Nespereira e Pedro García del Villar. Dirixida por Ceferino Valencia Nóvoa, era bilingüe e nela colaboraron tamén Javier Prado Lameiro, Arturo Noguerol Buján, Sueiro e Fernández Gallego, entre outros. Dado o seu carácter claramente satírico, case todos os seus artigos ían asinados con pseudónimos. O galego tiña moi pouca presencia, de tal xeito que só se poden destacar algúns poemas asinados por Vicente Risco e un artigo de A. Losada.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ataca cos cornos.
-
Que non ofrece confianza.
-
Xogador de billarda.
-
-
-
Rachas ou feixe de pólas secas coas que se acende o lume.
-
Fragmento de leña de maior tamaño ca a acha.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que xoga ao billar, especialmente os profesionais.
-
PERSOEIRO
Político francés. Deputado por París na Convención, foi un dos organizadores do Terror (1793). Despois opúxose a Robespierre e participou na reacción do 9 de Termidor. Foi deportado en 1795. Publicou Les éléments du Republicanisme (Os elementos do Republicanismo, 1793).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que padece estrabismo e torce a vista ao mirar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das brasicáceas, de pétalos amarelos e froitos unidos e dispostos en parellas (silicua dídima). En Galicia é común a especie B. valentina, propia de lugares montañosos e pedregais, que se caracteriza por ser perenne. Acada entre 10 e 50 cm de altura e presenta flores en acio e follas basais lanceoladas, máis ou menos divididas, e hirsutas igual ca os talos.
-
GALICIA
Fotógrafo. Iniciouse como afeccionado á fotografía con tan só dezaseis anos, aínda que non se instalou como profesional ata o ano 1900. A súa obra, que abarca principios e mediados do século XX, ten como principal escenario a cidade da Coruña. Os seus peiraos, as embarcacións, as grandes rúas cos tranvías, as persoas e a propia dinámica da cidade exercen o protagonismo na súa obra, toda ela presente no Arquivo Blanco da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar da Guerra de Sucesión á coroa de España que tivo lugar o 13 de agosto de 1704 entre as poboacións de Blindheim e Höchstädt (Baviera). As tropas francesas e bávaras foron derrotadas polas tropas inglesas e austríacas comandadas polo príncipe Uxio de Savoia e John Churchill, duque de Marlborough, quen foi recompensado co castelo de Woodstock (Oxford) que recibe o nome de Blenheim, forma inglesa da alemá Blindheim. A batalla coñécese tamén como a Segunda Batalla de Höchstädt.