"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino procedente do latín donatus ‘doado, regalado’, que aparece en textos de carácter relixioso, derivado do verbo donāre ‘dar’. Presenta as variantes Doado e Doada, formas das que procede o topónimo Doade (parroquia de Sober e Lalín). Como nome persoal documéntase no s VIII: “Donato” (doc ano 788 en Manuel Lucas Álvarez, “La colección diplomática del Monasterio de San Lorenzo de Carboeiro”, Compostellanum III, 2, 1958, 240). Levaron este nome: Donato de Cartago (270-355?), bispo en Numidia; san Donato de Arezzo, bispo e mártir durante a persecución de Xuliano o Apóstata no 352; san Donato de Münstereifel (Alemaña), que se invoca contra os lóstregos e os tronos; e san Donato (s IX), bispo de Fiésole, que se celebra o 22 de outubro en toda Irlanda. San Donato é titular dunha parroquia e celébrase o 17 de febreiro. Pode funcionar como apelido patronímico insufixado. Como apelido atéstase xa no s...
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Estudiou na Accademia di Santa Cecilia de Roma, asistiu a cursos en Darmstadt e posteriormente exerceu a docencia en distintas entidades musicais de Italia e en Berlín. Nos seus comezos seguiu a Bartók e Hindemith para inclinarse máis adiante polas correntes vangardistas de Darmstadt e polo serialismo e o azar. Entre as súas obras destaca For Grilly (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santiago de Doncos (As Nogais). Pertenceu aos Valcárcel e en 1603 a Fernando de Toledo. Só conserva a torre da homenaxe, construída con cachotería de lousa. Ten planta cadrada con tres alturas e soto. Conserva a porta de acceso formada por un arco de medio punto. Foi escenario da lenda da Anca que narra a historia dun dos trece cabaleiros cristiáns de León que, obrigados a defender os cristiáns coas armas, viu como unha parella era atacada polos musulmáns. Un deles tentou fuxir coa muller montada na anca do seu cabalo e ao ver os cabaleiros, cortou a cabeza da muller para que ninguén puidese liberala. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Fiz de Donís (Cervantes). Pertenceu aos Sanmartino Pambley. A torre ten planta cadrada e un corpo rectangular un pouco máis baixo. Ten unha altura de tres pisos e cuberta a catro augas. Destaca o escudo de armas con moldura xeométrica de estilo renacentista nunha das fachadas laterais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
José Gonzalo Zulaica Arregui.
-
PERSOEIRO
Economista e profesor. Licenciouse en Matemáticas e Ciencias Económicas e Empresariais e doutorouse en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (1977). Profesor no departamento de Historia Económica da Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversas revistas, como Museo de Pontevedra, Estudios migratorios, Grial, Revista galega de estudios agrarios, e volumes colectivos como Historia de las mujeres de occidente (1991), Galicia e América: cinco siglos de historia (1992) e Terra e progreso: historia agraria da Galicia (2000). Publicou A ilustración e a sociedade galega: a visión de Galicia dos economistas ilustrados (1978), Crisis agrarias y crecimiento económico en Galicia en el siglo XIX (1981), con Mª Xosé Rodríguez Galdo, e El declive de la mortalidad en España, 1860-1930 (1999), con David-Sven Reher, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica porto e mais a preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo ao que se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIV: “Fernã Lourenço do Porto” (doc ano 1334 en C. de Azevedo Maia, História do galego-portugués. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, p 156). Adoita grafarse Do Porto.
-
GALICIA
Administrativa. Funcionaria do Concello de Lalín e encargada do Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín, entre outras actividades, traballou na organización de exposicións temporais, do Cocido das Artes, das bienais de pintura Pintor Laxeiro, incluído o certame escolar, e foi guía do mesmo. Dirixiu e coordinou a publicación dos catálogos das bienais Pintor Laxeiro e colaborou co Seminario de Estudios do Deza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Diferencia entre a lonxitude de onda emitida e a lonxitude de onda percibida polo observador, causada polo movemento relativo entre fonte e observador, dada unha fonte que emite unha onda (sonora, electromagnética ou doutro tipo). Descubriuno J. C. Doppler en 1842 e, de forma independente, A. H. L. Fizeau en 1848, polo que tamén se coñece como efecto Doppler-Fizeau. No caso do son, o efecto tradúcese no aumento do ton cara aos agudos ao aproximarse a fonte ao observador, e na diminución cara aos graves ao afastarse. No caso da luz, o movemento de aproximación entre a fonte luminosa e o receptor produce un desprazamento das raias do espectro cara ao violeta, mentres que un afastamento da fonte provoca un desprazamento cara ao vermello. A escala atómica, o efecto Doppler é a causa do ensanchamento das raias espectrais, coñecido como ensanchamento Doppler, orixinado pola axitación térmica. Emprégase en astronomía no estudo dos movementos das estrelas e en diagnose médica para avaliar...
-
PERSOEIRO
Militar. Gardamariña en Ferrol (1803), acadou o rango de alférez de fragata en 1804. Participou na Batalla de Trafalgar e durante a Guerra da Independencia tomou parte nas contendas de Orrantia, Espinosa de los Monteros, Lugo e Astorga. Tenente de navío dende a toma de Donostia (1814), sumouse ao pronunciamento liberal de Díaz Porlier (1815), polo que permaneceu arrestado no castelo de Santo Antón ata 1819. Marchou a Cuba e participou no levantamento do bloqueo do Callao (1824). No 1826 percorreu a costa galega como capitán de fragata para elaborar o mapa cartográfico das rías de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Muros. En 1830 foi nomeado capitán de navío e desempeñou, como interino, o cargo de ministro de Marina (1851) no goberno de Bravo Murillo. No 1853, durante o goberno de F. Lersundi, foi titular do ministerio de Marina, pero tivo que dimitir a causa de certas irregularidades nun contrato. Publicou Círculo de marcar para perfeccionar la aguja de la bitácora (1848),...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Boimorto. Pertenceu a un antigo mosteiro de monxas beneditinas fundado cara ao 1152 por Lupa Pérez de Traba, filla do conde Pedro Froilaz. Construída no primeiro cuarto do s XIII, ten unha soa nave e unha ábsida de planta rectangular que aumentou en altura e acadou a mesma ca a nave. A ábsida cóbrese cunha bóveda de canón apuntada, reforzada por un arco faixón de igual directriz. O arco triunfal é apuntado e dobrado, a rosca menor descansa nun par de semicolumnas pegadas de fustes curtos sobre bases áticas e con capiteis vexetais formados por pequenas follas sen nervaturas con pomas ou volutas nas puntas. O arco faixón presenta unha organización e decoración similar. A fiestra que debeu existir no testeiro da ábsida desapareceu e no seu lugar situouse outra arquitrabada que non se ve dende o interior. Ao norte construíuse unha sancristía, que permitiu que no seu interior se conserven os canzorros cóncavos que se perderon no beiril meridional. Ao norte da nave...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cuarto destinado para durmir.
-
Mobles que constitúen o cuarto de durmir.
-
-
PERSOEIRO
Militar. Membro do Partido Carlista, despois do Convenio de Vergara integrouse no exército isabelino. Participou na Vicalvarada xunto con O’Donnell e integrouse de novo no exército carlista en 1868. Foi nomeado xeneral en xefe das forzas do País Vasco a finais de 1872 e sucedeu a Lizárraga como comandante das forzas do Centro. Despois da guerra trasladouse a Francia e ao Reino Unido ata que regresou a España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político cubano. Membro do Partido Comunista, dirixiu o movemento castrista na súa cidade natal ata a súa detención en 1958. Fuxiu a México e regresou tralo triunfo da revolución. Foi ministro de Leis Revolucionarias e presidente da República (1959), cargo no que se mantivo ata que foi suprimido (1976). Posteriormente, foi vicepresidente do consello de ministros, membro do consello de estado e ministro de Xustiza (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela publicada por Anxo Rei Ballesteros en 1977 que se centra na vida dun grupo de universitarios de Santiago de Compostela a través de tres personaxes principais: Luísa, Xoán e Atanís. Escrita desde unha actitude vital na que se mesturan a angustia, o medo, o caos ou o entusiasmo amoroso, ofrece a imaxe dunha mocidade marcada pola mediocridade e a falta de expectativas vitais. Conscientes de estar inmersos nunha sociedade hipócrita, insolidaria e egoísta, os protagonistas defínense por un sentimento de desorientación e de fracaso prematuro que tentan combater loitando por saír da súa incomunicación e asumindo a súa verdadeira personalidade nun mundo de aparencias, representado por personaxes secundarios como a nai de Luísa, Encarna e Manolo. A mensaxe última da novela é a impotencia fronte á nada, o baleiro vital que senten os personaxes, que non pode superar nin o mesmo amor. Tan só a literatura, simbolizada na novela que Atanís vai escribindo ao longo da trama, parece apuntar unha...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reynaldo dos Santos.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, drenado polo río Guadarramilla (2.564 h [1996]). A agricultura e a gandería son as súas principais actividades económicas. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa da Asunción e a ermida de Nuestra Señora de Loreto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto. Formouse con Raffaello de Montelupo en Roma, onde realizou monumentos fúnebres en San Pietro in Montorio e en San Lorenzo in Damaso. En Florencia construíu, entre outras, a capela Gaddi en Santa Maria Novella e o Palazzo Larderel, e en Nápoles, a igrexa de San Filippo Neri. Publicou o libro de debuxos Urbis Romae aedificiorum illustrium quae supersunt reliquiae.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. O seu pai, home cruel e tiránico, obrigouno a estudar a carreira de enxeñeiro militar en San Petersburgo (1838-1843) malia a súa vocación literaria. En 1843 iniciou a súa traxectoria literaria coa tradución da novela de Balzac Eugénie Grandet (1844) e coa súa novela Bednyje l’udi (Pobre xente, 1845). En 1849 foi condenado a morte por problemas políticos pero conmutáronlle a pena pola deportación a Siberia. Entre 1850 e 1854 viviu en Omsk, suxeito ao réxime de traballos forzados, seguido do servizo como soldado raso en Semipalatinsk. Amnistiado en 1859, regresou a San Petersburgo para reanudar a súa carreira literaria. En 1861 iniciouse como xornalista, en colaboración co seu irmán Mikhail, coa fundación da revista Vren’a que, censurada polas autoridades en 1963, se converteu en Epokha (1864-1865); posteriormente, dirixiu o semanario Graždanin (1872) onde creou a sección titulada “Dnevnik pisatel’s”, que convertería en 1876 nunha revista escrita por el só que durou, con...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. É autor do poema heroico-cómico L’asino (1652) e da traxedia Aristodemo (1675).
VER O DETALLE DO TERMO