"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado á beira esquerda do pantano de Puente Nuevo (3.756 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao NL da capital provincial e regado polo Guadarrama (22.564 h [2001]). Ten agricultura de regadío, de secaño e avicultura. A súa zona industrial desconxestiona Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar da Guerra de Sucesión Española que tivo lugar en Villaviciosa de Tajuña, na Alcarria, o 10 de decembro de 1710. Apoiou a Filipe V e determinou a ocupación de Aragón e a ofensiva contra Catalunya. A vitoria filipista produciuse ao día seguinte da vitoria da Batalla de Brihuega.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Gondomar baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Gondomar. Construíuse entre os ss XII e XIII pero ten engadidos e reformas dos ss XVI e XIX. Ten unha soa nave, dividida en tres tramos por arcos faxóns de medio punto, e ábsida rectangular. No lado norte engadíuselle un corpo rectangular que funciona como sancristía. A portada principal está composta por tres arquivoltas de arco de medio punto e tímpano liso. A fachada remata en volutas con pináculos nas esquinas e cunha espadana de dobre van culminada cun frontón circular.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de vincular ou de vincularse.
-
Cada unha das institucións xurídicas en que se fai inalienable unha masa de bens, subtraída así ao comercio, e que queda nas mans de determinadas familias, comunidades ou institucións, grazas a unha orde predeterminada e inalterable nas sucesións. Ligada a un concepto precapitalista da propiedade, atópase no fideicomiso romano, aínda que foi completada polas normas propias do feudalismo e pola refeudalización do s XVI, unida á propiedade colectiva: vinculacións comunais e eclesiásticas (man morta) e a constituída polo fideicomiso e o morgado. En 1798 iniciouse o proceso de desvinculación de patrimonios e de desamortización. Actualmente só ten vixencia na sucesión de título nobiliarios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de vindicar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de elaboracion do viño, desde a vendima ata o embotellamento. As diversas operacións deste proceso son a vendima, a mestura de variedades de acio, a separación do bagazo, a obtención, corrección e manipulación do mosto, a fermentación, a trasfega, a prensadura da parte sólida, a segunda fermentación lenta, o envellecemento e o embotellamento. A vendima é a colleita do acio maduro, cuxa composición depende da variedade, do clima (sempre en zonas de temperatura media anual entre 10° e 20°C), do sol e da auga. A mestura de variedades de acio está determinada polo viño que se quere obter. A separación do bagazo efectúase mediante unha máquina. A obtención do mosto, conseguida primitivamente ao pisar os acios cos pés nos lagares, pode ser por dilaceración (rotura das bagas do acio mediante roletes ou cilindros, con incorporación de coadores), por centrifugación (separando as partes sólidas do líquido) ou por prensadura (directamente ou mediante separación previa...
-
-
Acción e efecto de violar.
-
Delito que consiste en entrar nun domicilio sen autorización ou permanecer nel contra a vontade do propietario ou do alugueiro.
-
-
ENTRADA LARGA
Ecuación de estado dos gases, a máis xeral delas. Consiste no desenvolvemento en serie do factor de compresibilidade (PV/RT) en función das potencias de 1/V:
FORMULA
sendo B, C,..., os denominados coeficientes do virial, funcións da temperatura con valores que poden ser calculados teoricamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
masculinización.
-
-
Acción de visitar.
-
isita que, segundo os Evanxeos, lle fixo a Virxe María, encinta, á súa curmá santa Isabel, para axudala no parto do que sería san Xoán Bautista. Celébrase o 31 de maio. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que provén do latín visitationem ‘visita’. Como festa relixiosa naceu no s XIII, difundida polos franciscanos, e conmemora a visita da Virxe María á súa curmá santa Isabel. A súa festividade celébrase o 31 de maio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución relixiosa feminina fundada en Annecy en 1610 por san Francisco de Sales e J. F. Frémyot de Chantal. Tiña unha finalidade contemplativa e asistencial, visitar os pobres e enfermos para socorrelos espiritual e corporalmente, pero o arcebispo de Lyon Marguement opúxose a esta innovación e impuxo unha volta á estrita vida contemplativa, con clausura e votos solemnes. Urbano VIII aprobou a congregación, constituída oficialmente en 1618, en 1626.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de visualizar.
-
-
Que dura ata a morte.
-
Póliza dun seguro de vida.
-
Pensión que se cobra ata a morte do beneficiario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de vitrificar ou de vitrificarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de vituperar.
-
PERSOEIRO
Militar e político. En 1843 foi proclamado supremo director da República de Perú. Vencido ao ano seguinte, en 1856 encabezou unha revolta conservadora, pero foi derrotado en El Callao (1857). Foi ministro de Guerra (1865).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de vivificar.