"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao ectoderma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa celular externa do blastoderma durante o estadio de blástula secundaria. É característico do desenvolvemento das aves e dos mamíferos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de reprodución de documentos no que o orixinal, mecanografado cunha tinta especial ou en papel carbón, se comprime sobre unha capa de xelatina que pode servir de forma para certo número de copias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Blástomero que contribúe á formación do ectoderma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de micorriza formada nas raíces de plantas leñosas, especialmente nas árbores ximnospermas coma os piñeiros, e algunhas anxiospermas coma os carballos, as aciñeiras e os eucaliptos. As hifas dos fungos micorrícicos presentes no solo vense estimuladas polas secrecións das raíces e medran formando un manto groso na superficie das raiceiras secundarias. As hifas penetran entre as células e interconéctanse no interior da raíz, dando lugar a unha estrutura típica denominada rede de Hartig, onde ten lugar o intercambio de substancias entre o fungo e a planta; o fungo libera hormonas que estimulan o crecemento e ramificación das raíces das plantas. A ectomicorriza favorece a absorción, traslación e almacenamento dos nutrientes e evitan a súa perda por lixiviación. As micorrizas cobran maior importancia para o desenvolvemento das plantas en ambientes secos ou pobres en nutrientes, polo que se creou toda unha tecnoloxía para conseguir plántulas inoculadas con estes fungos que poidan contribuír...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao biotipo humano correspondente á clasificación de Sheldon, de estrutura grácil, extremidades alongadas respecto ao tronco e peso baixo en relación coa superficie corporal. Segundo Kretschmer, equivale ao tipo asténico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parasito que vive temporal ou permanentemente sobre a superficie externa do hospedeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anomalía da situación ou posición dun órgano.
-
-
Aplícase a calquera órgano situado nunha posición que non é a súa habitual.
-
Impulso eléctrico que se orixina nunha zona do corazón non situada dentro do tecido de condución cardíaca normal.
-
embarazo extrauterino.
-
-
-
Capa externa do citoplasma da célula cunha constitución semisólida con aparencia de xel, que contén un número pequeno de gránulos e que se presenta nos ciliados e rizópodos. Ten importancia no movemento ameboide e na división celular.
-
Substancia branca vaporosa que parece producir, en determinadas circunstancias, o corpo dun médium. Sae pola boca con formas variadas como fantasmas, animais ou cousas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao ectoplasma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpúsculo proteico que acostuma darse nas células das cianobacterias.
-
-
Relativo ou pertencente aos ectoproctos.
-
Animal do filo dos ectoproctos.
-
Filo de animais acuáticos caracterizado por individuos, ou zooides, de pequeno tamaño (case todos miden menos de 0,5 mm de lonxitude), eucelomados (de ano e boca en orificios independentes) e cunha coroa de tentáculos cubertos de pequenos cilios que crean unha corrente de auga da que extraen partículas alimenticias en suspensión que dirixen á boca. Viven nun pequeno habitáculo denominado zoecio, produto das secreccións da epiderme, que pode ser de natureza xelatinosa, quitinosa ou calcaria e poden contar ademais, cun pequeno opérculo que serve para pechar completamente a cámara onde se retraen. Carecen de órganos específicos para a respiración, circulación e excrección. As máis das especies forman colonias nas que existe, entre os distintos zooides, un intercambio de fluído celomático, grazas a pequenos poros no zoecio, e poden existir individuos especializados na defensa ou na reprodución. As colonias poden ser incrustantes e superar os 100 cm de diámetro, ou erectas e ramificadas e acadar...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación do citoplasma que se dá nos primeiros estadios de segmentación do cigoto dalgúns crustáceos, como os do xénero Cyclops, e tamén nalgúns insectos. Pénsase que a súa función ten relación coa diferenciación xerminal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estratexia fisiolóxica de certos organismos que regulan a temperatura corporal mediante fontes externas de calor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo que non dispón de suficientes mecanismos fisiolóxicos produtores de calor para asegurar, de xeito constante, unha temperatura corporal idónea coa que realizar as funcións metabólicas e que depende, polo tanto, de fontes externas de calor. As plantas, os anfibios e os insectos son exemplos de organismos ectotermos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao cefalodio que se forma sobre o talo e ás micorrizas que aparecen principalmente nos espacios intercelulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Solo orixinado basicamente pola influencia dos factores climáticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Animal que vive externamente sobre outro organismo.
-
-
Relativo ou pertencente a Guinea Ecuatorial ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Guinea Ecuatorial.
-