"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construído por Diego Xelmírez para substituír o anterior palacio destruído polas revoltas de 1117, está situado á beira da catedral, na praza do Obradoiro. Orixinariamente tiña dous pisos pero engadíuselle un terceiro no s XVIII, polo que foi necesario reforzar os muros con contrafortes. No interior destaca o pórtico románico na planta baixa que dá a un vestíbulo polo que se accede á sala de armas, dividida en nove tramos por catro grandes piares formados por un feixe de columnas que sosteñen as nervaduras das bóvedas. No piso superior atópanse o salón de banquetes, cuberto por cúpulas nervadas construídas no s XIII polo arcebispo Xoán Arias e no que destacan os capiteis historiados das columnas con representación de banquetes e festas medievais. Foi declarado BIC en 1931.
-
-
Tipo de reprodución asexual, frecuente en protozoos e moitos invertebrados. Nos animais unicelulares consiste nunha división mitótica na que unha das partes forma unha protuberancia na superficie celular que posteriormente se desprende xunto cunha porción de citoplasma e a membrana que o recubre, e dá lugar a un individuo de menor tamaño. Nos animais pluricelulares a xema está formada por un grupo de células que, desprendidas ou non do corpo, forman un novo individuo.
-
Proceso de formación de xemas.
-
-
-
Acción e efecto de xeminar.
-
Repetición de calquera elemento lingüístico na pronuncia, na escritura ou en ambas as dúas á vez.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordos internacionais asinados en Xenebra co fin de establecer uns criterios de protección para as vítimas de guerra. A primeira convención (1864) acordou a protección en tempos de guerra dos soldados enfermos e feridos. A segunda (1906) ampliou os acordos anteriores aos combates navais. A terceira (1929) elaborou un estatuto relativo ao tratamento aos prisioneiros de guerra. A última (1949) acordou a protección xurídica á poboación civil. Estes acordos sempre estiveron vinculados á Cruz Vermella Internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de xeneralizar ou xeneralizarse.
-
-
Que indica o lugar de orixe dunha persoa.
-
Palabra que designa o lugar de orixe ou nacemento dunha persoa.
-
-
-
Relativo ou pertencente á órbita dun satélite xeoestacionario.
-
Satélite xeosincrónico de órbita circular, ecuatorial e do mesmo sentido de xiro que o da Terra, que se mantén nunha posición inmóbil sobre a zona terrestre en que foi situado. A altitude da órbita xeoestacionaria é duns 35.800 km.
-
-
-
Acción e efecto de xerar ou dar vida a algo novo.
-
Orixe dalgunha cousa.
-
Membros dunha familia co mesmo grao de parentesco respecto a unha parella.
-
-
Conxunto de persoas que viven nunha mesma época.
-
Conxunto de persoas que nacen no mesmo ano.
-
Conxunto de escritores que se agrupan por características comúns.
-
-
-
Cada unha das descendencias dun individuo ou dun entrecruzamento determinado
-
xeración espontánea
Teoría que admite a posibilidade de que determinados organismos se orixinasen a partir de materia inorgánica. Ao longo da historia da bioloxía esta teoría foi enunciada e discutida en numerosas ocasión. A finais do s XIX Pasteur demostrou que a xeración espontánea non podía producirse en condicións experimentais ordinarias e enunciou que todo ser vivo provén doutro ser vivo (omne vivum e vivo).
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo literario de poetas españois que comezaron a publicar en 1927. De formación semellante, a maioría foron universitarios, naceron entre 1891 e 1905, e o acontecemento que os uniu definitivamente foi a celebración do tricentenario da morte de Góngora. Preocupados pola forma e por separala do contido sentimental e emocional do poema, tomaron como mestre a J. R. Jiménez, a través do que se introduciron na tradición poética castelá, da que foron renovadores R. Alberti e F. García Lorca. Ademais destes poetas, tamén destacaron J. Guillén, P. Salinas, D. Alonso, G. Diego, V. Aleixandre, M. Hernández, E. Prados, M. Altolaguirre e L. Cernuda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo literario de poetas que xurdiu ao final da Guerra Civil española, tamén denominados poetas arraigados ou garcilasistas, que se caracteriza por cultivar unha poesía de gran calidade técnica, con estrofas e temas tradicionais, pero á marxe da situación política e social da posguerra, e mesmo algún dos seus integrantes manifestaron a súa afinidade polo réxime instaurado. Entre os seus integrantes destacan Leopoldo Panero, Dionisio Ridruejo, Luis Rosales, Arturo Serrano e Luis Felipe Vivanco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo literario de poetas nacidos entre 1910 e 1920, que viviron a Guerra Civil e que reflectiron nas súas obras as súas repercusións. Caracterízanse por ser os encargados de recuperar, na década de 1950, as tendencias da poesía de preguerra e transmitirlles aos novos autores a súa formación ideolóxica e literaria, que tivo lugar durante a Segunda República, e especialmente o espírito da Xeración Nós. Os membros desta xeración, que nalgúns casos xa publicaran antes de 1936, serviron de ponte de enlace entre o galeguismo anterior á guerra e as xeracións posteriores. Deste grupo destacan A. Iglesias Albariño, C. E. Ferreiro, L. Seoane, A. Cunqueiro, E. Pita, Dora Vázquez Nieto, X. Mª Díaz Castro, Lorenzo Varela, María Mariño, X. Mª Álvarez Blázquez, E. Álvarez Blázquez, X. Conde ou R. Carballo Calero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo ideolóxico-literario que xurdiu en España nos anos inmediatamente anteriores á perda das últimas colonias. A preocupación polo decaemento da España da Restauración, levan o grupo a un ideal de rexeneración, polo que intentan descubrir a esencia da historia e da paisaxe, especialmente de Castela, para poder potenciar a súa realidade auténtica cos progresos da cultura europea. Os seus principais representantes foron Azorín, Baroja, R. de Maeztu, Unamuno e Machado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xeración de pintores galegos que integrou os pintores nados ao redor de 1870 e mortos nos inicios da centuria seguinte, en pleno proceso formativo. Formárona Ovidio Murguía (1871-1900), Xoaquín Vaamonde (1871-1900), Ramón Parada Justel (1871-1902) e Xenaro Carrero Fernández (1874-1902).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo literario que reúne os autores, nacidos entre 1930 e 1940, que comezaron a publicar na década de 1950. Tamén se coñece como Xeración das Festas Minervais, debido a que case todos os seus integrantes se deron a coñecer neste certame poético, celebrado en Santiago de Compostela desde 1953, ou Xeración La Noche, porque colaboraron no xornal vespertino La Noche. Os seus membros estiveron vinculados á Editorial Galaxia, de Vigo, na que publicaron a colección Illa Nova. Aínda que non son un grupo homoxéneo, caracterizáronse por romper co galeguismo culturalista e emprender un tipo de poesía no que expresan a condición problematizada da sociedade en que viven. Viaxaron por Europa e interesáronse polo movemento da beat generation estadounidense e polo existencialismo, así como polo jazz e o rock, o teatro do absurdo e o nouveau roman francés. Algúns deles fundaron a editorial e o grupo Brais Pinto cando estudaban e residían en Madrid. Os poetas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a unha ou varias xeracións de individuos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de xerarquizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de xermanizar e xermanizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de xerminar.
-
-
embarazo.
-
Período de tempo que dura o proceso de formación ou creación dalgunha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de xesticular.