"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editora fundada en 1921 pola Irmandade da Fala de Ferrol. Publicaba unicamente en lingua galega. O seu equipo directivo estaba integrado por Xaime Quintanilla, o director, Fiz Álvarez do Castelo, secretario, Manoel Morgado, administrador, e Ramón Villar Ponte, xerente. Publicaba principalmente obras en prosa, pois seguindo as directrices das Irmandades vía a necesidade de fomentar o cultivo literario en galego, nun eido que estaba un pouco abandonado malia o Rexurdimento literario que se producira no século anterior. A editorial comezou a súa andaina publicando Alén de Xaime Quintanilla, Mal de moitos e Trato a cegas de Charlón e Hermida, e Trebón de Armando Cotarelo Valledor, todas elas pezas dramáticas representadas anteriormente e con certo éxito. Despois delas, iniciaron a colección Céltiga no mes de marzo de 1922, co subtítulo de “Novela mensual ilustrada”, con publicacións dos colaboradores da editorial. De periodicidade mensual, custaba 30 céntimos a entrega. Chegou a acadar...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial establecida en Bos Aires no ano 1957. Rematou o seu traballo de edición en 1959. Fundada por Luís Seoane e Diego Díaz Dorado, aos que posteriormente se uniron Antonio Baltar, Perfecto López e Manuel Martínez Lamela, pretendeu difundir a cultura e a lingua de Galicia, apoiando o labor realizado por diversos escritores e artistas establecidos fóra do país. As obras incluídas no seu catálogo xeral dividíronse en catro coleccións. A denominada “Mestre Mateo”, iniciouse co libro de teatro Midas. O ángulo da pedra, de Isaac Díaz Pardo; na colección “Martín Sarmiento” editáronse diversos ensaios técnicos e económicos e na titulada “Herba de namorar” tiráronse do prelo obras de poesía. A cuarta das coleccións denominouse “Idacio”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada por un grupo de anarcosindicalistas galegos exiliados en Francia nos anos corenta do s XX, vencellados á Confederación Regional Galaica da CNT no exilio. Co seu selo publicouse o folleto do vigués Campio Carpio “Curros Enríquez: poeta épico de la España Heróica” (1949), cun prólogo de Miguel Vázquez Valiño, membro destacado do grupo editorial e da Confederación Regional Galaica no exilio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada na Coruña en novembro de 1924 e dirixida por Leandro Carré Alvarellos e Ánxel Casal. Como continuadora do labor iniciado pola Editorial Céltiga, dedicouse á publicación de narrativa, poesía e teatro. Nela participaron numerosos autores vencellados ás Irmandades da Fala, á xeración Nós e ao Seminario de Estudos Galegos. Publicaba quincenalmente co seu selo unha obra de narrativa curta e xunto coa Colección Céltiga formou parte do proxecto que pretendía crear publicacións accesibles que fomentasen a lectura en galego. Das portadas e das ilustracións responsabilizouse Camilo Díaz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que redacta artigos editoriais.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Alberta, Canadá, na marxe dereita do río North Saskatchewan (616.306 h [1996]). O descubrimento de petróleo en 1947 converteuna nun importante complexo petroquímico e de refinado. Ademais é un destacado centro comercial, industrial e de comunicacións, situado nunha rica zona agrícola e mineira. Tamén son unha base importante na economía da cidade as investigacións en biotecnoloxía, telecomunicacións e meteoroloxía, e a transformación de produtos petroquímicos e plásticos. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o Alberta Legislature Building e a Syncrude Gallery of Aboriginal Culture, incluída no Provincial Museum of Alberta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(841-870) Derradeiro rei da Anglia do Leste (855-870). Foi fillo dun rei saxón e adoptado polo Rei Offa, a quen sucedeu no trono. Morreu saetado e decapitado por uns dinamarqueses. É patrón dos estudiantes de Inglaterra. Na iconografía leva unha coroa real na cabeza e unha frecha na man como atributo persoal.
-
PERSOEIRO
Teólogo inglés. Educouse en Oxford e París e ensinou filosofía, matemáticas, xeometría, filosofía aristotélica e teoloxía na universidade británica. Nomeado tesoureiro da catedral de Salisbury (1222), conservou este cargo cando foi promovido a arcebispo de Canterbury (1234). Loitou polo recoñecemento dos dereitos e bens eclesiáticos en contra de Enrique III e enfrontouse á corrupción no seo da Igrexa, feito para o que aprobou as súas Constitucións (1236). En 1240 saíu de Canterbury para Roma por mor do conflito entre o papa e o Rei Enrique III; morreu preto de Soissy e os seus restos traladáronse á abadía de Pontigny. Foi canonizado en 1247 por Inocencio IV. É patrón dos nenos acabados de nacer e da congregación de santo Edmundo. Na iconografía viste ornamentos episcopais e leva como atributo un neno espido envolto nuns panos. A súa festividade celébrase o 16 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada en 1843 por Jean-Baptiste Muard e Pierre Boyer en Pontigny (Francia), co fin de remediar a situación de abandono e destrución que vivía a Igrexa gala tralo estoupido da Revolución Francesa e formar un grupo de misioneiros que suplise as necesidades das parroquias da diocese. Desde a expulsión das ordes relixiosas o superior comezou a residir en Hitchin, Inglaterra.
-
PERSOEIRO
Rei de Wessex (975-978), fillo e sucesor de Edgar I de Wessex. Coñecido como san Duarte ou Eduardo o Mártir, foi asasinado na súa infancia pola súa madrasta. A súa festividade celébrase o 18 de marzo e o 13 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Islip, Oxford 1003 - Westminster 5.1.1066) Rei de Wessex (1042-1066), fillo de Etelredo II. Coñecido como san Duarte ou Eduardo o Confesor, foi o derradeiro rei anglosaxón de Inglaterra. Trala invasión dos dinamarqueses, con dez anos de idade, refuxiouse en Normandie. Trinta anos despois, logo da morte de Canuto I e coa axuda do seu sogro Godwin de Wessex, accedeu ao trono (3.4.1043). Durante o seu reinado favoreceu a nobreza normanda, feito que orixinou enfrontamentos cos anglosaxóns e dinamarqueses (1050-1052). Reduciu os impostos sobre o campesiñado e permitiu a mellora na agricultura. Construíu a abadía de Westminster onde foron sepultados dende aquela os reis de Inglaterra. Sucedeuno Guillerme o Conquistador, duque de Normandie. Foi canonizado no 1161. Na iconografía leva barba longa e vestiduras reais e, como atributos, a coroa e cetro reais e un anel. A súa festividade celébrase o 13 de outubro.
-
PERSOEIRO
Rei de Northumbria (616-633), fillo do rei de Deira. No comezo do seu reinado atacou o N de Gales, onde tomou Elmet e Anglesey. Converteuse ao cristianismo (627) e morreu nun ataque dos reis Catwallon de Gales e Penda de Mercia (632). Foi venerado como santo na Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
-
Cousa producida por unha causa.
-
Resultado da acción dunha causa. Segundo a teoría analítica da causalidade, o resultado da causa está contido na propia causa e garda unha proporción con ela. Fronte a esta liña de pensamento, autores como N. Malebranche, G. W. Leibniz, D. Hume e máis tarde J. Stuart Mill, defenderon que, malia a súa conexión, non existía unha inclusión do efecto na causa.
-
efecto colateral
Efecto que acompaña a acción principal dun medicamento. Ás veces aprovéitase o efecto colateral como efecto principal.
-
efecto de entalla
Aumento localizado de tensións internas, provocado polos cambios súbitos de sección transversal dunha peza metálica.
-
efecto de escala /
Influencia da variación das dimensións dun corpo sobre os coeficientes adimensionais que se determina na aplicación da teoría de modelos.
-
efecto de expulsión
Tendencia á migración das escouras, inclusións e outras partículas insolubles da ferrita nun lingote de aceiro.
-
efecto de posición
Diferencia de efecto do conxunto de dous ou máis xenes segundo as súas posicións relativas nos cromosomas.
-
efecto de urdido/trama TÉXT
Debuxo producido na roupa polos ganduxos do urdido ou da trama.
-
efecto do solo
Influencia que ten a proximidade do solo sobre o valor da resistencia inducida dunha ala. Toda ala de envergadura finita provoca a deflexión das liñas de fluxo que se dan no caso de fluxo bidimensional (envergadura infinita). A proximidade do solo diminúe esta deflexión achegando as liñas de corrente de fluxo ás do caso bidimensional.
-
...
-
-
-
Aplícase á celula, tecido ou órgano que produce unha resposta fisiolóxica a un determinado estímulo nervioso. Esta resposta pode consistir nun traballo mecánico ou na produción dunha substancia, como o caso dos órganos eléctricos e luminosos, dos músculos, dos cromatóforos ou das glándulas.
-
-
Molécula capaz de modificar a actividade dunha entidade macromolecular.
-
efector alostérico
Molécula capaz de fixarse ao sitio alostérico dunha proteína, de xeito que lle induce un cambio conformacional que implica unha modificación na súa actividade.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á planta naturalizada que aparece nun lugar de xeito intermitente, pero que non se instala definitivamente nel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de efeminar ou de efeminarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ivan Antonovič Jefremov.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Nísibis, Mesopotamia 306 - Edessa 373) Escritor sirio e doutor da Igrexa. Dirixiu a escola de canto de Nísibis (350-363), e foi diácono do bispo de Nisibina. Cando a cidade pasou ao poder dos persas marchou a Edessa (363). Escritor prolífico, as súas obras pódense dividir en homilías ou prosa métrica relixiosa (memra) e en himnos ou madraše, cun refrán (‘onitā) repetido despois de cada estrofa. Na iconografía viste túnica cinguida e manto abotoado no peito, e como atributos leva unha pluma e un libro e, ás veces, tamén unha trompeta. A súa festividade celébrase o 9 de xuño en Occidente (antes da reforma litúrxica o 18 de xuño) e o 28 de xaneiro en Oriente.
-
PERSOEIRO
Director de escena ruso. Comezou a súa andaina no teatro infantil como responsable dunha compañía estatal de teatro para a infancia e a mocidade entre 1954 e 1963. Continuador das tendencias innovadoras de Vsevolod Meyerhold, os seus espectáculos destacan pola potenciación da dimensión física da interpretación, explorando a dimensión expresiva do xesto, do movemento ou do son, e pola revisión permanente das posibilidades de escenificación de autores clásicos e contemporáneos de relevancia. Esta escolla estética foi a causa dunha difícil relación cos responsables culturais da Unión Soviética que nos anos sesenta e setenta apostaban pola dimensión ideolóxica dos espectáculos fronte ás tentacións esteticistas. Entre as súas propostas máis innovadoras cómpre salientar As tres irmás (1967), sobre o texto homónimo de Čekhov; Romeo e Xulieta (1970), na que parte da obra de William Shakespeare; ou o Tartufo (1981) e o Misántropo (1986), segundo os textos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta romanés. Da súa produción destaca 13 Decembrie si alte poeme (1947).
VER O DETALLE DO TERMO