"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Fileira de bancos. SIN: grada.

    2. Nun terreo inclinado, zona que se pode adicar ao cultivo grazas á construción de pequenos muros. SIN: bancal, socalco.

    3. Grupo grande de peixes que pasan xuntos. SIN: banco.

    4. Conxunto de bancos feitos de táboas traveseiras que van de babor a estribor nos botes e que serven de asento aos remeiros, ou bancos que se colocan dentro do bordo nas embarcacións menores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pano que vai colocado enriba dunha mesa ou banco para protexer a madeira e mesmo adornar.

    2. Pedra de granito alongada que vai colocada nas fachadas dalgunhas casas amodo de asento, á beira dunha estrada ou camiño, onde os veciños dun lugar sentan a descansar ou parolar, especialmente no lusco fusco do verán.

    3. Porción de terreo cultivable situado en lugares de difícil acceso como unha pendente ou montaña, en forma de banzos. SIN: bancada, socalco.

    4. Franxa de area ou pedra nun terreo labrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á banca ou aos bancos de crédito.

    2. Denominación do grupo de economistas ingleses que se opuxo ao Peel Act de 1844 e ás teses da Currency School. Hai que sinalar entre eles, en primeiro lugar, a Thomas Tooke, Johan Fullarton e James William Gilbart. Conseguiron a adhesión da maioría dos principais economistas, en particular a de John Stuart Mill, contra os homes prácticos e os funcionarios do Bank of England. As súas críticas pódense sintetizar en tres ideas principais: en primeiro lugar, o control da emisión é insuficiente para garantir a estabilidade; en segundo lugar, a convertibilidade é suficiente para asegurar a estabilidade monetaria; en terceiro lugar, o Bank of England non pode dividirse en departamento emisor e departamento bancario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Creba económica dunha empresa ou persoa que polo xeral ten a súa orixe nunha actividade fraudulenta. A palabra ten a súa orixe na Idade Media, cando os cambistas que caían na miseria rachaban o banco no que sentaban para efectuar as súas operacións nos mercados, nun xesto que significaba o cesamento das súas actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Santiago de Compostela. Á mesma caste pertencen os Bances e os Banzo. As súas armas levan, en campo de azul, un carro de man.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Paso dunha escaleira. SIN: banzo, chanzo.

    2. Largueiro da cama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Ourense. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Banceira e Bronceiras. As súas armas levan, en campo de goles, unha escada de man con banceiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo e poeta barroco. É o autor do tratado Teatro de los teatros de los pasados y presentes siglos, traballo publicado fragmentariamente no 1901, no que defende a comedia dos ataques dos xesuítas. No 1722 editáronse as súas Obras líricas, influídas por Góngora, e os seus textos dramáticos (A pedra filosofal, derivada de La vida es sueño, El esclavo en grillos de oro e o auto sacramental El gran químico del mundo) nos que procurou imitar o estilo de Calderón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, organista e teórico musical. Continuador de Orazio Vecchi na produción do madrigal dramático, foi un dos primeiros en usar o baixo numerado, indicacións de pianoforte e a barra de compás nas partituras de música vocal. Escribiu algúns tratados teóricos e tamén música vogal de igrexa e música instrumental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. A súa poesía, clásica e intimista, aparece en catro libros de poemas: Las barcas (1907), El libro de los elogios (1908), El cascabel del halcón (1909) e La urna (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Asento estreito e longo, con respaldo ou sen el, xeralmente feito en madeira no que poden sentar varias persoas á vez.

      2. Táboa que vai fixada de banda a banda en certas embarcacións menores destinada ao asento dos remeiros.

      1. Táboa sólida, de madeira ou metal, xeralmente horizontal, que posúe os dispositivos necesarios para efectuar os diversos traballos de carpinteiro, cerralleiro, axustador, alpargateiro, etc.

      2. Estrutura que soporta os diferentes mecanismos de certas máquinas e, por extensión, a propia máquina.

      3. banco de carpinteiro OFIC

        Mesa de traballo dalgúns carpinteiros, formada por un taboleiro de madeira longo e pesado que vai colocado sobre catro pés.

      1. Táboa que usaban os cambistas (banca).

      2. Institución económica que acepta fondos en préstamo (depósitos, obrigacións, etc) e que, en certos casos, lle facilita fondos a quen desexe un préstamo. Canto maior sexa a diferenza entre os dous compoñentes, máis elevados serán os beneficios resultantes, produto da diferencia entre o tipo de xuro que se cobra e o que se paga. En atención á propiedade do capital, os bancos poden ser privados, públicos ou mixtos. Polo ámbito de acción, clasifícanse en bancos locais, rexionais, nacionais e internacionais. Polas funcións que desempeñan, os bancos pódense clasificar en centrais, comerciais de depósitos, industriais e especializados. O banco central ten como funcións esenciais a emisión de billetes, a actuación como prestamista en última instancia (banqueiro dos bancos), facer de banqueiro e nalgúns casos de caixeiro do goberno, operar como xestor e depositario das reservas de ouro e de divisas, e asumir normalmente a xestión da débeda pública. O banco comercial/de depósitos...

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira creada en 1963 con sede en Abiyán (Costa de Marfil). En 1999 agrupaba a 77 estados de África, América e Europa. Os seus obxectivos son contribuír ao desenvolvemento económico e ao progreso social dos estados membros, tanto individual como colectivamente. A súa misión é, polo tanto, axudar aos países membros a romper o círculo vicioso da pobreza no que están inseridos. Neste sentido, busca estimular e mobilizar os fluxos investidores, tanto públicos como privados, e asistir tecnicamente aos países membros. O grupo do Banco Africano de Desenvolvemento xoga un papel fundamental, en tanto que institución financeira do desenvolvemento, na loita contra a pobreza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira creada en 1965 con sede en Manila (Filipinas). En 1999 agrupaba a 57 estados de Asia, América e Europa e interviña en 40 países asiáticos. Ten cinco obxectivos de desenvolvemento estratéxico: crecemento económico, redución da pobreza, apoio ao desenvolvemento humano, recoñecemento do status da muller e protección do medio ambiente; en resumo, contribuír ao desenvolvemento substancial das rexións asiáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria constituída en Barcelona en 1901 baixo o nome de Nonell, Rovira i Matas RC; en 1916 cambiou a súa denominación social pola de Nonell Germans RC e no ano 1927 pola de Banca Nonell S A. En 1946 transformouse no Banco Atlántico SA, baixo o control de Joan Claudi Güell i Churruca. En 1961 iniciouse un proceso de forte expansión xeográfica e de depósitos. O Continental Illinois Bank de Chicago, tiña unha participación minoritaria que vendeu a Rumasa (1977). O papel deste holding foi en aumento, pero coa expropiación de Rumasa (1983), todas as accións do banco foron igualmente expropiadas. En 1984 o banco foi poxado e adxudicóuselle a un consorcio árabe-español: Arab Banking Corp (70%), Banco Árabe Español (5%) e Banco Exterior de España (25%).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria domiciliada en Bilbao e creada no 1988 como resultado da fusión do Banco de Bilbao e do Banco de Vizcaya. En 1999 adquiriu Argentaria (Corporación Bancaria de España), converténdose deste xeito nun dos principais dous bancos españois, en competencia co Banco Santander Central Hispano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria con sede social en Bilbao nacida da fusión entre o Banco Bilbao Vizcaya e Argentaria (Corporación Bancaria Española), aprobada polos respectivos consellos administrativos o 19 de outubro de 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria constituída en Madrid no ano 1919 como resultado da fusión de diversas casas de banca de ámbito rexional. Durante a década dos trinta o grupo dominante era valenciano; sen embargo, a medida que ía consolidando a súa expansión polo Estado ese grupo perdeu importancia, finalmente, en 1984, o Banco de València incorporóuselle como filial. En 1950 ampliou o seu capital e a súa rede territorial cando comprou o Banco Hispano-Colonial. En 1971 adquiriu a Banca Nogueira, unha pequena entidade local que tiña a súa sede en Ribadavia. No ano 1991 absorbeu o Banco Hispano Americano e adoptou o nome de Banco Central Hispano (BCH). En 1998 culminou a súa fusión co Banco de Santander da que xurdiu o Banco Santander Central Hispano (BSCH).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Eurored Institución creada en virtude do Tratado da Unión Económica e Monetaria (Tratado de Maastricht, 1991-1992) para rexer o sistema monetario e financieiro da Unión Económica e Monetaria Europea. Ten o dereito exclusivo e autónomo de autorizar a emisión de euros (únicos billetes de curso legal a partir de, como máximo, xullo de 2002). O Banco Central Europeo, coordinador dos bancos centrais dos respectivos estados, comezou a súa actividade o 1 de xaneiro de 1999, principiando deste xeito a terceira e derradeira fase da transición cara á unión monetaria dos 11 países da “zona euro”. Os seus órganos rectores son o Comité Executivo e o Consello de Goberno (consello executivo máis gobernadores de bancos emisores dos países membros da CEE). As súas funcións son: executar a política monetaria, a representación internacional, a compensación monetaria e a xestión dos mecanismos de crédito comunitario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria creada no ano 1991 logo do proceso de concentración bancaria que levou ao Banco Central á absorción do Banco Hispano Americano. En 1998 ese mesmo proceso provocou a súa fusión co Banco de Santander, da que xurdiu o Banco Santander Central Hispano (BSCH).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria creada en 1988. Anteriormente se denominaba Casa de Banca Perfecto Castro Canosa. En 1996 pasou a denominarse AM Agrupació Mutua.

    VER O DETALLE DO TERMO