"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circunscrición administrativa establecida por unha lei de 1968 para facilitar a programación do territorio que se prevía que sería afectado polo crecemento de Barcelona. Esta delimitación, sen embargo, quedou sen efecto a nivel práctico. Actualmente se identifica coa área metropolitana de Barcelona o ámbito de actuación que foi definido no Plan Comarcal do 1953.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adoración Sánchez Bárcena.
-
CIDADES
Cidade romana situada en Villaricos (Cuevas de Almanzora, Almería). Factoría púnica dende o s V a C, acadou unha grande importancia económica na época romana. Perdurou ata a dominación sarracena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor de formación autodidacta. Exiliado en Inglaterra, comezou a súa andaina literaria con Valor y miedo (1938). Entre outras obras, destacan os ensaios Lorca, el poeta y su pueblo (1945) e Unamuno (1952); a novela La raíz rota (1953) e El centro de la pista, publicado postumamente en 1960. A súa triloxía La forja de un rebelde (1951), composta por La forja, La ruta e La llama, está considerada a súa obra máis importante. Escrita en primeira persoa, trata dende o Madrid da adolescencia do autor ata os anos da guerra e do exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proba utilizada para diferenciar quimicamente os monosacáridos dos disacáridos, engadindo unha mestura de ácido etanoico e acetato de cobre (II) á solución a estudiar. Baséase no carácter máis redutor dos monosacáridos, que precipitan máis rapidamente o cobre reducido en forma de óxido cuproso avermellado.
-
PERSOEIRO
Director de circo norteamericano que rexentou o famoso Circo de Barnum e Bailey. Mercou unha colección de elementos e fenómenos curiosos que chamou o Americam Museum. Escribiu Autobiografía (1854).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director francés, discípulo de Charles Dullin. Traballou no Vieux Colombier de Jacques Copeu e foi amigo de Antonin Artaud e Étienne Decroux, quen lle transmitiría a paixón pola expresión xestual. Iniciou a súa andaina na compañía L’atelier, dirixida por Dullin, para despois pasar ao teatro da Comédie Française onde amosaría os seus dotes de actor e director singular. Formou unha compañía coa súa muller, Madeleine Renaud (1946). En 1959 foi nomeado director do Teatro do Odeón, onde dirixiu espectáculos moi diversos a partir de textos de Paul Claudel, Eugène Ionesco, Camus, Anouilh, Montherlant, Gatti, Jean Genet ou Marguerite Duras, mesturando repertorios clásicos coa presentación de novos autores e autoras. Configurou, así, unha liña de traballo que destacou pola orixinal recreación dos clásicos e a decidida aposta pola dramaturxia contemporánea. Igualmente importante foi a presentación en París de directores e colectivos da transcendencia de Jerzy Grotowski, Peter Brook, Teatro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios de Bilbao e en Madrid xunto a Agustín Querol. Representa escenas e tipoloxías do pobo vasco: Los layadores ou Regata de traineras. É autor dos monumentos á raíña Mª Cristina (Donostia, 1917) e a Sarasate (Iruña, 1919), amais dunha serie de bustos de literatos que se atopan no concello de Madrid como os de Calderón de la Barca, Lope de Vega ou Quevedo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘tocar (a gaita)’.
-
PERSOEIRO
Corsario francés. Serviu na flota do almirante holandés Ruyter contra Inglaterra (1666-1667). Despois púxose ao servizo de Francia contra Holanda. No 1694 rompeu o bloqueo inglés de Dunkerque, e no 1696 derrotou a escuadra holandesa. Luís XIV concedeulle un título nobiliario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Elna (1696-1721). Publicou o Catechisme diocésain (Catecismo diocesano, 1698) para substituír o manual de instrución relixiosa do padre Xoán Eusebio Nieremberg. Fixo edificar o pazo episcopal de Perpiñán (1707).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora Galega
VER O DETALLE DO TERMO
Nada en Abades (Silleda), emigrou a Arxentina moi nova, feito que marca de xeito significativo a súa obra. Esta autora de estilo surrealista concibe a pintura como unha extensión do que foi a súa profesión, deseñadora de moda.
Alumna do prestixioso artista Angel Lemos, a súa obra mostra motivos da vida diaria que condensan valores propiamente galegos. Busca proxectar as bondades estéticas e espirituais da Galicia territorial á Galicia da diáspora. -
-
de basear.
-
-
Nas representacións heráldicas, aplícase á columna coa base dun esmalte diferente.
-
Nas representacións heráldicas, aplícase aos edificios ou obxectos postos sobre unha base ou pedestal.
-
-
-
-
-
Conxunto de todas as pezas que están debaixo da columna entre esta e o chan: escocia, pedestal ou peaña, plinto, toro e zócolo.
-
Parte inferior continua dunha construción ou dunha parte dun edificio.
-
Muro baixo que serve de soporte común a un grupo de columnas.
-
Soporte dunha arca, dunha escultura, etc.
-
-
Substrato litolóxico.
-
-
-
Apoiar algo sobre certa base. OBS: Xeralmente, utilízase en sentido non material.
-
Tomar algunha cousa como base para facer algo.
-
-
CAPITAIS
Capital do cantón de Basilea-Cidade (Basel Stadt), Suíza, (171.170 h [1998]). Esténdese polas dúas beiras do Rin preto da fronteira con Francia e Alemaña. A súa situación, ao lado da vía fluvial cara ao NO de Europa, converteuna nun importante centro de transporte e comunicacións, por onde se canalizan dende o s XIX unha gran parte das exportacións suízas. A cidade posúe un dos centros de ensino superior máis antigos do mundo, a Universidade de Basilea, fundada en 1460. Foi sede das famosas Bibelgesellschaft (1804) e Evangelische Missionsgesellschaft (1815). Entre os monumentos máis sobranceiros destacan a Catedral (edificada no s XI en estilo románico e refeita no s XIV, en gótico), o Spalentor (s XV) e a Casa da Cidade (1513). Fortificada por Valentiniano no 374, foi devastada polos hungaros (917) converténdose o señorío da cidade en episcopal. Nun principio, a burguesía mantivo unha loita permanente contra o Bispo e, máis tarde, contra os Habsburgo, ata conseguir a...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo cantón de Suíza, situado ao NO do país, na fronteira con Francia e Alemaña, nas ribeiras do Rin e do seu afluente, o Wiese. Incorporado á Confederación Helvética desde 1501, dividiuse desde 1833 en dous cantóns, Basilea-Cidade e Basilea-Campiña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe da mitoloxía grega, filla de Urano e de Titea, e irmá dos Titáns. Casou co seu irmán Hiperión do que tivo dous fillos, Selene (a Lúa) e Helios (o Sol).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convenios monetarios asinados o 24 de abril de 1972 no ámbito da CEE. Establecen a rede monetaria europea baseada no encollemento voluntario das marxes de flutuación entre moedas europeas, o que reducía a diferenza máxima entre dúas moedas europeas a 2,25%. As dificultades dalgúns países (Gran Bretaña, Irlanda, Italia, Francia) para respectar este acordo debilitaron a vida da rede, que foi substituída en marzo de 1979 polo Sistema Monetario Europeo (SME).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principado eclesiástico do Sacro Imperio, no círculo do Alto Rin, que se estendía polo Xura ata alén do Rin. Cando se introduciu a Reforma na cidade (1528-1529) o Bispo abandonou Basilea e retirouse a Porrentruy. A Paz de Viena (1815) atribuíu a maior parte do territorio ao Cantón de Berna.