"PAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 751.

  • Libro impreso en Ourense o 15 de setembro de 1547 e titulado O Libro intitulado Palinodia de la nephanda y fiera nación de los Turcos, y de su engañoso arte y cruel modo de guerrear, y de los imperios, reynos y provincias que han sujectado, y poseen con inquieta ferocidad. O seu autor e editor foi Vasco Díaz Tanco, impresor que traballou en Santiago de Compostela, Ourense e Valladolid. Trátase dunha recompilación dunha obra orixinal de Paulo Xovio titulada De turcarum rebus Historia, e que Tanco trouxo a Ourense tras a súa fuxida de terras turcas, xunto con numerosas comedias e obras dramáticas da súa autoría. O volume, elaborado en letra gótica a unha e dúas columnas, con letras de adorno e orlas, é unha das primeiras obras con gravados editadas en Galicia. Consérvanse dous exemplares, un na Biblioteca Nacional e outro en mans particulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especializada en palinoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda o pole e as esporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á palinoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao mapa ou ao corte xeolóxico en que se reconstruíu a posición orixinal dos sedimentos desprazados por movementos tectónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos palinúridos.

    2. Crustáceo da familia dos palinúridos.

    3. Familia de crustáceos, da orde dos decápodos, que presentan o corpo de forma cilíndrica ou deprimida, cunha cuncha moi dura, o abdome forte e antenas espiñentas. O principal representante desta familia é a lagosta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparición, no home ou nun animal, dun ou máis caracteres morfolóxicos que, aínda que se cren consecuencia da herdanza, non se manifestaron nas xeracións intermedias, senón unicamente en xeracións ancestrais afastadas.

    2. Formación mediante procesos metamórficos de rochas novas por refusión de rochas ígneas preexistentes.

    3. Doutrina que afirma a rexeneración ou reaparición periódica dos mesmos acontecementos, as mesmas almas e a mesma realidade como conxunto. Equivale ao eterno retorno e foi admitida polos pitagóricos e os estoicos pero con matices diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á palinxénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manto equivalente ao imation grego, de forma rectangular, que se levaba sobre a túnica na antiga Roma. Usábano sobre todo filósofos e homes de letras.

    2. Insignia pontifical que consiste nunha banda circular branca, ornada con catro ou seis cruces, que o papa e algúns arcebispos poñen arredor dos ombros, coas puntas pendurando sobre o peito e sobre as costas.

    3. Dosel sostido por catro ou máis varas longas para acubillar nas procesións ao sacerdote que leva a custodia ou ao bispo na entrada ás igrexas ou aos lugares da súa xurisdición. Nalgúns lugares tamén entraban nas igrexas baixo palio os reis e xefes de estado. OBS: ;Tamén se denomina baldaquino.

    4. Calquera cousa semellante a un dosel que serve para cubrir.

    5. Córtex cerebral e substancia branca subxacente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia baixo a advocación de santa Eulalia, que se dividiu nas parroquias de Rodís e Cercio, no concello de Lalín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Guntimil (Xinzo de Limia). O seu cumio acada os 812 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben diversas especies do xénero Jacaranda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sabio, ceramista e vidreiro francés. Realizou as vidreiras do castelo de Écouen (1544), e na corte interesouse pola cerámica esmaltada. Fixo covas rústicas de cerámica para o castelo de Ecouen e para as Tuilleries, cerámicas ornamentadas con baixorrelevos, arabescos e decoracións que imitan a escultura. Publicou Discours admirable de l’art de terre... (1580) e os Discours admirables de la nature des eaux et fontaines...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga das palilleiras que designa o ruído que fan as palilleiras ao mover os palillos. As lendas contan que este son atraía aos barcos contra a costa pedregosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das ramnáceas, que está formado por árbores ou arbustos que presentan follas alternas, espiñas estipulares e flores amarelas. Destaca a especie P. spina-christi, un arbusto espiñoso de ata 4 m de altura, propio de rexións áridas do Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito do golfo de Bengala situado entre o SL do Deccan e Sri Lanka. Ten 100 km de ancho e moi pouca profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cana do trigo, do orxo e doutras poáceas, seca e separada do gran.

      2. Conxunto de talos de poáceas despois de mallalos.

      3. palla centea

        Palla de centeo.

      4. palla colma

        Palla de centeo ou de trigo.

      5. palla milla

        Palla de millo.

      6. palla paínza

        Palla de paínzo.

      7. palla restreba

        Palla que queda despois de segar o trigo e o centeo.

      8. palla triga

        Palla do trigo.

      9. palla triga

        Comida que se dá ás vacas que acaban de parir.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestura da palla e barro que se emprega na construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que pasou a Portugal, onde se estableceu. Trae como armas, en escudo partido: primeira partición, en campo de goles, media lúa de prata coas puntas para abaixo, e segunda partición, en campo de ouro, unha cruz floreteada, de azul; medio cortado de azul, cunha banda de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexurdimento do estilo de A. Palladio que se produciu durante os ss XVII e XVIII en Italia, Francia e Inglaterra. O palladianismo inglés iniciouno a principios do s XVII I. Jones e continuárono, entre outros, W. Chambers e sobre todo Colin Campbell, quen publicou Vitruvius Britannicus (1715-1717) e construíu o Mereworth Castle de Kent (1723) e Richard Boyle, conde de Birlington, que axudou á publicación de diversas obras. En Italia desenvolveuse no Veneto.

    VER O DETALLE DO TERMO