"PL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1539.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina constituída esencialmente por un tractor provisto dunha pa que, segundo a súa posición, serve para arrancar a terra, removela ou distribuíla. Segundo a forma e a posición desta pa, recibe o nome de bulldozer, niveladora ou escavadora.
-
-
Poñer plano ou nivelar un terreo eliminando as súas irregularidades.
-
Explicar ou expoñer algo pouco claro con moitos detalles.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fragmento de planta de dimensións variables, que se sementa nun medio de cultivo estéril, provisto de todas as substancias minerais, elementos nutritivos e hormonas necesarias para o desenvolvemento da planta enteira ou dalgúns órganos particulares. Emprégase esta denominación nas modernas técnicas de multiplicación e saneamento de plantas por cultivo in vitro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transferir unha mostra celular, tisular ou orgánica obtida dun ser vivo a un medio de cultivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido vivo separado do seu órgano propio e transferido a un medio artificial de crecemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á palabra e á expresión que serve para ampliar unha construción sen ser estritamente necesaria para o seu sentido, pero que é significativa noutra (Daquela por que fuches? Daquela non sei qué dicir).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode explicar.
-
-
Acción e efecto de explicar ou explicarse.
-
Cousa que fai comprensible algo.
-
Xustificación que se dá como desculpa dunha actitude ou comportamento.
-
-
Aquilo que dá lugar á comprensión de cómo ou por qué é algo. F. Bacon foi o primeiro en separar a explicación teleolóxica da explicación científica. Para I. Kant é o desenvolvemento das propiedades implícitas nunha noción ou concepto. Na filosofía da ciencia distínguense diversas concepcións. Para a corrente nemolóxico-dedutiva é o enunciado sobre un feito que se deduce do contraste con diversas ideas xerais; para os contextualistas é un proceso de comunicación polo que se fai intelixible unha cousa a outra persoa; e para os realistas é a exposición dos enunciados de tipo casual sobre os fenómenos.
-
explicación teleolóxica
Aquilo que produce comprensión ao dar a coñecer as cousas e as súas características, tendo en conta a contribución destas aos estados de ánimo, ao normal funcionamento e á consecución dos fins, das totalidades ou dos sistemas aos que pertencen.
-
-
-
-
-
Contar con detalle algunha cousa.
-
Expoñer ou expresar algo, máis ou menos difícil, de xeito claro e preciso, para que sexa comprensible.
-
Ensinar unha materia.
-
-
-
Dar a razón ou as causas que xustifican un feito.
-
Ser unha cousa a xustificación ou razón doutra.
-
-
Facerse comprender con claridade.
-
Chegar a comprender a razón ou a causa de algo.
-
Xustificarse ou dar as razóns ou causas de algo.
-
-
-
Que explica ou serve para explicar.
-
Aplícase ao elemento lingüístico que, referido a outro, expresa unha calidade que, de feito, xa é coñecida. O elemento explicativo pode ser un adxectivo, unha oración relativa, etc. En O branco leite, branco é un adxectivo explicativo (ou epíteto) porque non especifica a leite, senón que expresa unha calidade intrínseca e propia da clase á que pertence o substantivo que modifica; acostuma ir anteposto ao substantivo. En A escritura, que serve para reflectir graficamente as expresións orais, é un código de signos convencionais, a oración que serve para reflectir graficamente as expresións orais explica a escritura sen a modificar.
-
-
-
Que está expresado dun modo claro e preciso.
-
Que se expresa claramente e non deixa lugar a dúbidas.
-
-
-
Aplícase á aguia imperial ou aguia bicéfala, ás veces coroada, representada coas alas estendidas sen que estas cheguen a tocar as cabezas.
-
Aplícase á aguia monocéfala coas alas estendidas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode explorar.
-
-
Acción de explorar.
-
Localización dun campo particular de datos nun arquivo, que se efectúa mediante a comparación de cada un dos campos cunha norma predeterminada.
-
-
-
Que ou quen explora.
-
Persoa que pertence ao movemento xuvenil denominado scoutismo, organización internacional que ten como finalidade o desenvolvemento físico e moral da persoa por medio de actividades ao aire libre.
-
-
Navegador de Internet.
-
explorador de Windows
Utilidade de xestión de arquivos que incorpora o sistema operativo Windows para facilitar a súa organización e localización, a execución de aplicacións ou a conexión dun ordenador cunha rede.
-
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia riestrista aparecida en Pontecaldelas a partir de xaneiro de 1915. Subtitulouse “Revista mensual dedicada a los hijos de este distrito”. Editada e dirixida por Víctor Fraiz Villanueva, nela incluíuse información local, biografías e curiosidades. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos da viúva de Landín en Pontevedra. No mesmo ano foi substituída por El Heraldo de Puente-Caldelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Percorrer un lugar descoñecido para coñecelo mellor ou descubrir o que hai nel.
-
-
Examinar minuciosamente unha cousa ou un lugar.
-
Examinar con detalle un individuo ou unha das súas partes mediante un conxunto de métodos, como a inspección ocular, a percusión, a palpación, a auscultación e os procedementos instrumentais.
-
-
Buscar un documento nunha ou en varias unidades de almacenamento de arquivos ou na Internet.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para explorar.
-
-
-
Liberación brusca e violenta dunha certa cantidade de enerxía química, debido á transformación moi rápida do equilibrio físico-químico dunha substancia ou dun conxunto de substancias, que se manifesta na produción dunha gran cantidade de calor e gases. Este proceso, cunha duración de microsegundos, ten lugar en catro fases. Na primeira, a de iniciación, unha pequena fonte de enerxía provoca unha descomposición local. A segunda é a fase de propagación da reacción química, produto da transformación do explosivo nunha mestura de gases a presión e temperaturas moi elevadas (transformación de enerxía química en enerxía mecánica); segundo a velocidade de reacción, fálase de deflagración (velocidade da orde de m/s) ou de detonación (velocidade da orde de km/s). Na terceira fase prodúcese a propagación da onda de choque no medio inerte próximo ao explosivo. A derradeira fase da explosión é a expansión dos materiais rotos no medio exterior ata a disipación total da enerxía producida.
-
explosión nuclear
Reacción de fisión ou de fusión nuclear moi rápida, acompañada da liberación dunha gran cantidade de enerxía térmica.
-
-
Manifestación espontánea e violenta dun estado de ánimo.
-
Incremento súbito da poboación dun territorio a partir de elementos preexistentes.
-
-
Liberación, normalmente brusca, da corrente de aire nunha articulación calquera, sobre todo consonántica.
-
Terceiro e último momento (os outros dous son implosión e oclusión), que se distinguen na articulación dunha consoante oclusiva.
-
Barra característica, de desenvolvemento vertical e de moi pouca duración, que aparece nos espectrogramas como resultado dunha explosión consonántica.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á explosión ou que a implica.
-
Que produce unha grande impresión ou chama moito a atención.
-
Substancia ou mestura de substancias capaces de producir unha explosión. A reacción explosiva pode ser de oxidación-redución ou ben producida por un grupo explosóforo. Os chineses foron os primeiros en empregar un explosivo: a pólvora negra. Os primeiros documentos que o testemuñan datan do s VII. Introducida polos árabes en Europa, foi estudada e mellorada por Roger Bacon no s XIII, feito que provocou a súa extensión por Occidente ao longo do s XIV. En 1799 Edward C. Howard descubriu o fulminato de mercurio, que se empregou a partir de 1815 en cartuchos. A mediados do s XIX, C.F. Schönbein descubriu a nitrocelulosa (1845), e Ascano Sobrero a nitroglicerina (1846). Posteriormente, en 1864, Alfred Nobel comprobou que a detonación do fulminato de mercurio se transmitía á nitroglicerina, e para estabilizala, en 1866, mesturouna con terra de infusorios. Anos máis tarde foi perfeccionada e deu lugar á dinamita plástica. En 1884, Paul Vieille inventou a pólvora branca e, un ano máis tarde, J.P....
-
Aplícase ás consoantes oclusivas que non teñen intensión (ou implosión) e que só constan de distensión ou explosión. Por exemplo, o p de empezar.
-
Distancia máxima á que pode saltar unha chispa entre dous electrodos conectados a unha diferenza de potencial determinada.
-
Tensión mínima que provoca o salto dunha chispa entre dous electrodos ou condutores.
-